Pernambuco
Pernambuco[1] é un estado brasileiro localizado no centro-leste da rexión Nordeste. Ten como límites os Estados de Paraíba e Ceará ao noroeste, o océano Atlántico ao leste, Alagoas e Baía ao sur e Piauí ao oeste. Ocupa unha área de 98 281 km2 (un pouco máis grande que Hungría).
Himno | Hino de Pernambuco (pt) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Brasil | ||||
Capital | Recife | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 9.473.266 (2017) (95,75 hab./km²) | ||||
Lingua usada | Língua yatê (pt) Língua aticum (pt) Língua xucurú (pt) Língua pankararú (pt) Língua kambiwá (pt) Kapinawá (en) Língua tuxá (pt) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 98.937,8 km² | ||||
Altitude | 504 m | ||||
Punto máis alto | Pico do Papagaio (Pernambuco) (pt) (1.260 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1889 | ||||
Sucedido por | Fernando de Noronha Territory (en) | ||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | secretariado do governo de Pernambuco (pt) | ||||
• Governador (pt) | Paulo Câmara (pt) (2015–) | ||||
Órgano lexislativo | Assembleia Legislativa de Pernambuco (pt) Circunscrición: 0, (Escano: 49) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 50000-000 to 56990-000 | ||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | BR-PE | ||||
Páxina web | pe.gov.br |
A súa capital e cidade máis poboada é Recife. Outras importantes cidades pernambucanas son Jaboatão dos Guararapes, Olinda, Caruaru, Paulista, Petrolina, Cabo Vitória de Santo Antão e Santa Cruz do Capibaribe. A illa de Fernando de Noronha forma parte administrativa do estado de Pernambuco.
Historia
En 1534 a capitanía de Pernambuco foi doada a Duarte Coelho, quen fundou Recife e Olinda, e iniciou a cultura da cana de azucre, que tivo importante papel na historia económica do país.
Entre 1630 e 1654, quedou baixo dominio neerlandés, pasando por importantes transformacións culturais, económicas e sociais no goberno do conde Maurício de Nassau. Ó final, os holandeses foron expulsados. O sentimento nativista e autonomista, derivado da expulsión dos holandeses, acabou provocando a Guerra dos Mascates, entre as cidades de Olinda e Recife, nos anos 1710 e 1711.
A partir dese momento e coa decadencia da produción azucreira, a rexión entrou en declive. No século XIX, Pernambuco foi escenario dunha serie de revoltas separatistas, verificadas en 1811 (Conspiración dos Suasunas), 1817 (Revolución Pernambucana), 1825 (Confederación do Ecuador) e 1848 (Revolución Praieira). Despois da independencia do Brasil en 1822 tornouse provincia do Imperio. Coa república en 1889, tornouse estado.
Xeografía
Relevo e hidrografía
O relevo do estado é moderado: 76% do territorio están abaixo dos 600m. Os ríos principais son o São Francisco, Capibaribe, Ipojuca, Una, Pajeú e o Jaboatão.
Clima
O clima é basicamente tropical, presentando tamén variantes nalgunhas áreas: as cidades de Triunfo e Gravatá, por exemplo, presentan un clima máis ameno influenciado pola altitude. A pluviosidade tamén é variada. Na Zona da Mata (rexión plana xunta a costa, ao leste do estado) e no Agreste (zona de transición situada no interior), o clima é predominantemente tropical - quente e húmido, con fortes choivas de inverno. Na maior parte do sertão (centro e oeste do estado), o clima é semiárido - quente e bastante seco, debido ás poucas choivas. Nalgunhas rexións, as precipitacións anuais son inferiores a 300 mm. As secas máis intensas poden durar máis dun ano.
As excepcións na zona do sertão son algunhas cidades con clima de altitude, con temperaturas que poden caer a 8 °C durante o inverno, como Triunfo, e nas beiras do río São Francisco, área máis húmida que as veciñas por conta do río.
División administrativa
Municipios
Municipio | Área[2] | Mesorrexión | Microrrexión | |
---|---|---|---|---|
Abreu e Lima | Metropolitana | Recife | ||
Afogados da Ingazeira | Sertão | Vale do Pajeú | ||
Afrânio | São Francisco | Petrolina | ||
Agrestina | Agreste | Brejo | ||
Água Preta | Zona da Mata | Mata Meridional | ||
Águas Belas | Agreste | Vale do Ipanema | ||
Alagoinha | Agreste | Vale do Ipojuca | ||
Aliança | Zona da Mata | Mata Setentrional | ||
Altinho | Agreste | Brejo | ||
Amaraji | Zona da Mata | Mata Meridional | ||
Angelim | Agreste | Garanhuns | ||
Araçoiaba | Metropolitana | Itamaracá | ||
Araripina | Sertão | Araripina | ||
Arcoverde | Sertão | Moxotó | ||
Barra de Guabiraba | Agreste | Brejo | ||
Barreiros | Zona da Mata | Mata Meridional | ||
Belém de Maria | Zona da Mata | Mata Meridional | ||
Belém de São Francisco | São Francisco | Itaparica | ||
Belo Jardim | Agreste | Vale do Ipojuca | ||
Betânia | Sertão | Moxotó | ||
Bezerros | Agreste | Vale do Ipojuca | ||
Bodocó | Sertão | Araripina | ||
Bom Conselho | Agreste | Garanhuns | ||
Bom Jardim | Agreste | Médio Capibaribe | ||
Bonito | Agreste | Brejo | ||
Brejão | Agreste | Garanhuns | ||
Brejinho | Sertão | Vale do Pajeú | ||
Brejo da Madre de Deus | Agreste | Vale do Ipojuca | ||
Buenos Aires | Zona da Mata | Mata Setentrional | ||
Buíque | Agreste | Vale do Ipanema | ||
Cabo de Santo Agostinho | Metropolitana | Suape | ||
Cabrobó | São Francisco | Petrolina | ||
Cachoeirinha | Agreste | Vale do Ipojuca | ||
Caetés | Agreste | Garanhuns | ||
Calçado | Agreste | Garanhuns | ||
Calumbi | Sertão | Vale do Pajeú | ||
Camaragibe | Metropolitana | Recife | ||
Camocim de São Félix | Agreste | Brejo | ||
Camutanga | Zona da Mata | Mata Setentrional | ||
Canhotinho | Agreste | Garanhuns | ||
Capoeiras | Agreste | Vale do Ipojuca | ||
Carnaíba | Sertão | Vale do Pajeú | ||
Carnaubeira da Penha | São Francisco | Itaparica | ||
Carpina | Zona da Mata | Mata Setentrional | ||
Caruaru | Agreste | Vale do Ipojuca | ||
Casinhas | Agreste | Alto Capibaribe | ||
Catende | Zona da Mata | Mata Meridional | ||
Cedro | Sertão | Salgueiro | ||
Chã de Alegria | Zona da Mata | Vitória | ||
Chã Grande | Zona da Mata | Vitória | ||
Condado | Zona da Mata | Mata Setentrional | ||
Correntes | Agreste | Garanhuns | ||
Cortês | Zona da Mata | Mata Meridional | ||
Cumaru | Agreste | Médio Capibaribe | ||
Cupira | Agreste | Brejo | ||
Custódia | Sertão | Moxotó | ||
Dormentes | São Francisco | Petrolina | ||
Escada | Zona da Mata | Mata Meridional | ||
Exu | Sertão | Araripina | ||
Feira Nova | Agreste | Médio Capibaribe | ||
Fernando de Noronha | Metropolitana | Fernando de Noronha | ||
Ferreiros | Zona da Mata | Mata Setentrional | ||
Flores | Sertão | Vale do Pajeú | ||
Floresta | São Francisco | Itaparica | ||
Frei Miguelinho | Agreste | Alto Capibaribe | ||
Gameleira | Zona da Mata | Mata Meridional | ||
Garanhuns | Agreste | Garanhuns | ||
Glória do Goitá | Zona da Mata | Vitória | ||
Goiana | Metropolitana | Itamaracá | ||
Granito | Sertão | Araripina | ||
Gravatá | Agreste | Vale do Ipojuca | ||
Iati | Agreste | Garanhuns | ||
Ibimirim | Sertão | Moxotó | ||
Ibirajuba | Agreste | Brejo | ||
Igarassu | Metropolitana | Itamaracá | ||
Iguaraci | Sertão | Vale do Pajeú | ||
Ilha de Itamaracá | Metropolitana | Itamaracá | ||
Inajá | Sertão | Moxotó | ||
Ingazeira | Sertão | Vale do Pajeú | ||
Ipojuca | Metropolitana | Suape | ||
Ipubi | Sertão | Araripina | ||
Itacuruba | São Francisco | Itaparica | ||
Itaíba | Agreste | Vale do Ipanema | ||
Itambé | Zona da Mata | Mata Setentrional | ||
Itapetim | Sertão | Vale do Pajeú | ||
Itapissuma | Metropolitana | Itamaracá | ||
Itaquitinga | Zona da Mata | Mata Setentrional | ||
Jaboatão dos Guararapes | Metropolitana | Recife | ||
Jaqueira | Zona da Mata | Mata Meridional | ||
Jataúba | Agreste | Vale do Ipojuca | ||
Jatobá | São Francisco | Itaparica | ||
João Alfredo | Agreste | Médio Capibaribe | ||
Joaquim Nabuco | Zona da Mata | Mata Meridional | ||
Jucati | Agreste | Garanhuns | ||
Jupi | Agreste | Garanhuns | ||
Jurema | Agreste | Garanhuns | ||
Lagoa de Itaenga | Zona da Mata | Mata Setentrional | ||
Lagoa do Carro | Zona da Mata | Mata Setentrional | ||
Lagoa do Ouro | Agreste | Garanhuns | ||
Lagoa dos Gatos | Agreste | Brejo | ||
Lagoa Grande | São Francisco | Petrolina | ||
Lajedo | Agreste | Garanhuns | ||
Limoeiro | Agreste | Médio Capibaribe | ||
Macaparana | Zona da Mata | Mata Setentrional | ||
Machados | Agreste | Médio Capibaribe | ||
Manari | Sertão | Moxotó | ||
Maraial | Zona da Mata | Mata Meridional | ||
Mirandiba | Sertão | Salgueiro | ||
Moreilândia | Sertão | Araripina | ||
Moreno | Metropolitana | Recife | ||
Nazaré da Mata | Zona da Mata | Mata Setentrional | ||
Olinda | Metropolitana | Recife | ||
Orobó | Agreste | Médio Capibaribe | ||
Orocó | São Francisco | Petrolina | ||
Ouricuri | Sertão | Araripina | ||
Palmares | Zona da Mata | Mata Meridional | ||
Palmeirina | Agreste | Garanhuns | ||
Panelas | Agreste | Brejo | ||
Paranatama | Agreste | Garanhuns | ||
Parnamirim | Sertão | Salgueiro | ||
Passira | Agreste | Médio Capibaribe | ||
Paudalho | Zona da Mata | Mata Setentrional | ||
Paulista | Metropolitana | Recife | ||
Pedra | Agreste | Vale do Ipanema | ||
Pesqueira | Agreste | Vale do Ipojuca | ||
Petrolândia | São Francisco | Itaparica | ||
Petrolina | São Francisco | Petrolina | ||
Poção | Agreste | Vale do Ipojuca | ||
Pombos | Zona da Mata | Vitória | ||
Primavera | Zona da Mata | Mata Meridional | ||
Quipapá | Zona da Mata | Mata Meridional | ||
Quixaba | Sertão | Vale do Pajeú | ||
Recife | Metropolitana | Recife | ||
Riacho das Almas | Agreste | Vale do Ipojuca | ||
Ribeirão | Zona da Mata | Mata Meridional | ||
Río Formoso | Zona da Mata | Mata Meridional | ||
Sairé | Agreste | Brejo | ||
Salgadinho | Agreste | Médio Capibaribe | ||
Salgueiro | Sertão | Salgueiro | ||
Saloá | Agreste | Garanhuns | ||
Sanharó | Agreste | Vale do Ipojuca | ||
Santa Cruz | Sertão | Araripina | ||
Santa Cruz da Baixa Verde | Sertão | Vale do Pajeú | ||
Santa Cruz do Capibaribe | Agreste | Alto Capibaribe | ||
Santa Filomena | Sertão | Araripina | ||
Santa Maria da Boa Vista | São Francisco | Petrolina | ||
Santa Maria do Cambucá | Agreste | Alto Capibaribe | ||
Santa Terezinha | Sertão | Vale do Pajeú | ||
São Benedito do Sul | Zona da Mata | Mata Meridional | ||
São Bento do Una | Agreste | Vale do Ipojuca | ||
São Caetano | Agreste | Vale do Ipojuca | ||
São João | Agreste | Garanhuns | ||
São Joaquim do Monte | Agreste | Brejo | ||
São José da Coroa Grande | Zona da Mata | Mata Meridional | ||
São José do Belmonte | Sertão | Salgueiro | ||
São José do Egito | Sertão | Vale do Pajeú | ||
São Lourenço da Mata | Metropolitana | Recife | ||
São Vicente Férrer | Agreste | Médio Capibaribe | ||
Serra Talhada | Sertão | Vale do Pajeú | ||
Serrita | Sertão | Salgueiro | ||
Sertânia | Sertão | Moxotó | ||
Sirinhaém | Zona da Mata | Mata Meridional | ||
Solidão | Sertão | Vale do Pajeú | ||
Surubim | Agreste | Alto Capibaribe | ||
Tabira | Sertão | Vale do Pajeú | ||
Tacaimbó | Agreste | Vale do Ipojuca | ||
Tacaratu | São Francisco | Itaparica | ||
Tamandaré | Zona da Mata | Mata Meridional | ||
Taquaritinga do Norte | Agreste | Alto Capibaribe | ||
Terezinha | Agreste | Garanhuns | ||
Terra Nova | São Francisco | Petrolina | ||
Timbaúba | Zona da Mata | Mata Setentrional | ||
Toritama | Agreste | Alto Capibaribe | ||
Tracunhaém | Zona da Mata | Mata Setentrional | ||
Trindade | Sertão | Araripina | ||
Triunfo | Sertão | Vale do Pajeú | ||
Tupanatinga | Agreste | Vale do Ipanema | ||
Tuparetama | Sertão | Vale do Pajeú | ||
Venturosa | Agreste | Vale do Ipanema | ||
Verdejante | Sertão | Salgueiro | ||
Vertente do Lério | Agreste | Alto Capibaribe | ||
Vertentes | Agreste | Alto Capibaribe | ||
Vicência | Zona da Mata | Mata Setentrional | ||
Vitória de Santo Antão | Zona da Mata | Vitória | ||
Xexéu | Zona da Mata | Mata Meridional |
Economía
Agropecuaria | 7,7% |
Industria | 33,3% |
Comercio e Servizos | 59% |
A economía baséase na agricultura (cana de azucre, mandioca), gandería, na industria (alimenticia, química, metalúrxica, electrónica, téxtil) e turismo. O pau brasil, que despertou a cobiza dos europeos posibelmente ata antes da descuberta do Brasil, hoxe non ten máis importancia económica. Nos últimos anos, o turismo tamén se destaca economicamente.
Agricultura
Dende o inicio da colonización portuguesa, o estado foi basicamente agrícola, destacando na produción nacional de cana de azucre debido ó clima e ao chan fértil. Nas últimas décadas, con todo, esa case monocultura feita para a produción de azucre e alcohol, vén terminando. Están a ser exploradas tamén a extracción doutros produtos vexetais, ademais da floricultura. Tamén ten grande importancia internacional a produción irrigada de froitas - case que totalmente dirixida á exportación - ao longo do río São Francisco e concentrada na cidade de Petrolina, en parte debido ó seu aeroporto internacional, con gran capacidade para avións de carga. O municipio de Gravatá é o segundo máis grande produtor de flores do país, detrás soamente de San Paulo.
Industria
Industrias modernas concéntranse próximo ó porto de Suape, instalado en 1979. As principais industrias son de alimentos, química, de materiais eléctricos, comunicacións, metalurxia e minerios non-metálicos.
Turismo
Nos últimos anos, unha das grandes fontes de renda do estado é o turismo, grazas ós atractivos naturais, históricos e culturais do estado. Este crecemento atraeu grandes redes internacionais de hoteis e levou á modernización e ampliación do aeroporto de Recife.
Os atractivos poden ser agrupados en:
- cidades de praia: Recife, Olinda, Jaboatão dos Guararapes, Itamaracá, Ipojuca (onde queda o famoso distrito de Porto de Galinhas), Serrambi
- ecoturismo e praias: na illa de Fernando de Noronha.
- monumentos históricos: o Recife Antigo, o centro histórico de Olinda, o Forte Orange (fortaleza construída polos holandeses na illa de Itamaracá) e outros.
- as festas tradicionais: o Carnaval de Olinda e Recife cos seus bloques de frevo, e as Festas Juninas (celebración dos santos populares católicos no mes de xuño) na cidade de Caruaru son os principais.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
- Sitio web oficial Arquivado 17 de xuño de 2021 en Wayback Machine.