Personificación nacional

Unha personificación nacional é a antropomorfización dunha nación, que pode aparecer tanto en caricaturas editoriais como en selos, moedas, propaganda, documentos oficiais etc. Estas personificacións son utilizadas polas súas respectivas nacións para exaltaren características, valores e virtudes propias do país.

Breogán, personificación nacional de Galicia

Algunhas personificacións temperás no mundo occidental tendían a ser manifestacións nacionais que tiñan aspecto de nai ou de guerreira, e con frecuencia tomaban o nome latino da antiga provincia romana que simbolizaban, como Hispania, Britannia, Germania ou Helvetia.

Historia

Cartel da guerra civil española coa aperta entre Marianne e Hispania, senllas personificacións nacionais de Francia e España

As alegorías como personificación nacional con forma de muller xurdiron xa na Antiga Grecia. De feito, malia non quedar mostra ningunha, sábese que houbo xa relevos e estatuas en Grecia que representaban a Hellas —a alegoría de Grecia— a pesar de estar daquela a rexión dividida en polis. Seguramente a crearon ao asumiren a súa historia e cultura comúns fronte aos persas durante as guerras médicas.[1] Roma continuou este costume, sobre todo na numismática, cuñando moedas de alegorías que representaban a Roma, Constantinopla ou as provincias romanas, como Hispania, Britania, Galia etc.[Cómpre clarificar]

Algunhas destas alegorías seguiron aparecendo na Idade Media e na Idade Moderna, aínda que o seu esplendor se produciu durante o movemento artístico do romanticismo, que se deu no século XIX. Mesmo nacións que carecían destas alegorías con base histórica acabaron por inventalas. O romanticismo propugnaba unha volta á orixe das nacións; ollaba o pasado con certa nostalxia, tanto a Idade Antiga como o medievo, e isto trouxo como consecuencia un desenvolvemento artístico en todo o relativo ao pasado das nacións, co fin de exacerbar o nacionalismo.[2]

As personificacións nacionais foron un instrumento dos gobernos para a propaganda en tempos de guerra e para acrecentar o sentimento de pertenza e orgullo nacional entre a poboación. En prazas e rúas de toda Europa erguéronse estatuas de personificacións de antigas provincias romanas ou inventadas ad hoc; algunhas protagonizaban poemas ou mesmo himnos, como Britannia na canción patriótica Rule, Britannia!.[3]

Algunhas destas figuras caeron no esquecemento ou se abandonaron polo auxe do fascismo nalgúns países e a súa posterior derrota na segunda guerra mundial, como foi o caso de Austria.

Estas personificacións nacionais adoitan ser figuras femininas. Ás veces aparecen como unha nai e outras como unha guerreira —ou como unha valquiria nas alegorías escandinavas— defendendo o seu pobo. Noutros casos as personificacións son figuras masculinas, como no caso do Tío Sam, nos EEUU, ou John Bull, en Inglaterra. Moitas nacións tamén dispoñen dunha representación animal, como é o caso de Rusia co oso ruso. Por último, existe outro tipo de personificacións que caracterizan o cidadán medio dun país, como Ze Povinho (Portugal) ou Deutscher Michel (Alemaña), que na súa maioría adoitan corresponder a figuras tamén masculinas.[4][5]

Personificacións por país ou territorio

Na lista que se engade a seguir inclúense, á parte das personificacións dunha nación de forma antropomorfa, tamén certos personaxes lendarios (non históricos) fundadores dunha nación, ademais de representacións dunha nación con forma de animal e as personificacións do cidadán medio dun país.

PaísImaxePersonificaciónAnimal alegórico
AcerbaixánKoroghlu.[6]
Albania Nai Albania (albanés: Nëna Shqipëri).[7]Aguia bicéfala.
Alemaña Germania; Deutscher Michel.[8][9][10][11]Aguia federal alemá.
Armenia Nai Armenia (armenio: Մայր Հայաստան, Mayr Hayasdan).[12]
Arxentina  Diversas alegorías ao estilo da Marianne, mais sen nome propio; Martín Fierro.[13][14]
Australia O raparigo de Manly (en inglés: Little Boy from Manly).[15]Canguro boxeador.
Austria Austria.[16]Aguia bicéfala.
BangladeshNai Bengal ou Bangamata (bengalí: বঙ্গমাতা).[17]Tigre de Bengala.[18]
Bélxica Bélxica (francés: La Belgique; latín: Belgica).[19]Leo Belgicus.[20]
BoliviaCóndor.
Brasil Efixie da República (portugués: Efígie da República).[21]
Bulgaria Nai Bulgaria.[22]
CamboxaPreah Thong; Neang Neak.[23]
Canadá Johnny Canuck; Le Vieux de '37 (no Quebec).[24][25]Castor canadiensis.
Chile El Roto; El Huaso; La Carmela; Doña Juanita.[26][27][28]Cóndor; huemul.[29]
China Emperador de Xade (chinés: 玉皇; pinyin: Yù Huáng ou 玉帝, 'Yù Dì').[30]Dragón chinés.
Colombia Juan Valdez.[31]Cóndor; oso de anteollos.
Corea do Sur Dangun (hangul: 단군); Ungnyeo (hangul: 웅녀 / 熊 女); Yangban (hangul: 양반).Tigre siberiano.
CubaDon Liborio.[32]
Dinamarca Nai Dinamarca (dinamarqués: Mor Danmark), Holger Danske.[33][11]
EcuadorCóndor.
Emiratos Árabes UnidosFalcón de Quraish.
Eslovaquia Juraj Jánošík.[34]
EsloveniaKranjski Janez; Peter Klepec.[35]
España Hispania.[36]León Hispano; Touro de Osborne.[37][38]
Estados Unidos Estatua da Liberdade, Tío Sam, Johnny Reb, Columbia.[39][40][41][42][43]Aguia de cabeza branca.
Exipto Nai do Mundo (Om El Donia).Aguia de Saladino.
Filipinas Juan dela Cruz; Ináng Bayan.[44]Aguia filipina.
Finlandia A Dama de Finlandia (finés: Suomi-neito).[45][46]
Francia Marianne; Galia; Xoana de Arco.[47]Galo.
Galicia Breogán.[48]
Grecia Hellas (grego: Ἑλλάς).[1][49]Moucho de Atenea; Fénix.
Haití Ezili Dantor; Catherine Flon.
Hungría Señora de Hungaria.
IemenAguia de Saladino.
India Nai India (hindi: Bhārat Mātā).[50]Tigre de Bengala; elefante indio.
Indonesia Nai Terra (indonesio: Ibu Pertiwi).[51]
Irán Rostam (persa: رستم‎).León e sol.
IraqAguia de Saladino.
Irlanda Ériu; Hibernia; Fódla; Kathleen Nin Houlihan (irlandés: Caitlín Ní Uallacháin).[52][53][54]
Islandia A Dama das Montañas (islandés: Fjallkonan).
IsraelSrulik (hebreo: שרוליק).[55]
Italia Italia torreada (italiano: Italia turrita).[56]
KirguizistánManas.
KenyaWanjiku.
KuwaitFalcón de Quraish.
LituaniaLituania (lituano: Lietuva).[57]
Macedonia do NorteNai Macedonia.[58]
Malaisia Hang Tuah.[59]Tigre de Malaisia.
Malta Melita.[60]
Marrocos León do Atlas.
México Diversas alegorías ao estilo da Marianne, mais sen nome propio.A aguia e a serpe.
Montenegro Nai Montenegro (montenegrino: Majko naša Crna Goro).
Nicaragua Güegüense.
Noruega Nai Noruega (noruegués; Mor Norge); Ola Nordmann; Nór.[61]
Nova Zelandia Zealandia.[62]Kiwi.
O Salvador Divino Salvador do Mundo.
Países Baixos Doncela neerlandesa (neerlandés: Nederlandse Maagd); Hans Brinker.[63]Leo Belgicus.
PalestinaHandala (árabe: حنظلة).[64]Aguia de Saladino.
PaquistánPāk Wātān.
PerúNai Patria (castelán: Madre Patria); Chalán.[65]Vicuña.
Polonia Polonia; Lech.[66]Aguia branca.
Portugal Zé Povinho; Efixie da República; Galo de barcelos; Anxo de Portugal; Lusitania.[67]
Reino Unido Britania (Reino Unido); John Bull (Inglaterra); Nai Gales (Gales; en galés: Mam Cymru).[68][69]León e unicornio (Iglaterra e Escocia); dragón (Gales).
República Checa Čechie; Czech Vaišek; O bo soldado Švejk.León con dúas colas.
República Dominicana Conchoprimo.
Romanía România.[70]
Rusia Nai Rusia (ruso: Матушка Россия, Matushka Rossiya).[71]Oso ruso; aguia bicéfala.
Serbia Nai Serbia (serbio: Мајка Србија); Doncela de Kósovo (serbio: Косовка девојка, Kosovka devojka).Aguia bicéfala.
Singapur Merlion.
SiriaFalcón de Quraish.
Sri LankaNai Sri lanka (cingalés: ශ්‍රී ලංකා මාතා, Śrī Laṁkā Mātā)
Suecia Nai Svea (sueco: Moder Svea).[72]
Suíza Helvetia.[73]
Suriname Nai Surinam (sranan tongo: Mama Sranan).[74]
Tailandia Phra Siam Devadhiraj (tailandés: พระสยามเทวาธิราช); Tailandia.[75][76]Elefante branco.
Ucraína Berehynia (ucraíno: Береги́ня); Cosaco Mamai (ucraíno: Козак Мамай).
Unión Europea Europa; Europa Regina.
Uruguai Diversas alegorías ao estilo da Marianne, mais sen nome propio.
Venezuela Juan Bimba; María Lionza.[77]
VietnamO Catro Inmortais (vietnamita: Tứ bất tử).
Xapón Guerreiro divino Jinmu; Samurai.
Xeorxia San Xurxo de Capadocia; Nai Xeorxia (xeorxiano: ქართლის დედა, Kartlis Deda).

Nacións ou entidades nacionais extintas

PaísImaxePersonificaciónAnimal alegórico
Antiga Cartago Dido.
Antiga Roma Deusa Roma (latín: Dea Roma); Rómulo e RemoAguia romana; Luperca.
Cidade Libre de Frankfurt Francofurtia.
Cidade Libre de Hamburgo Hammonia.
Ducado de Braunschweig Brunonia.
Ducado de Franconia Franconia.
Estados Confederados de América Johnny Reb.
Imperio BizantinoAguia bicéfala.
Imperio EtíopeLeón de Xudá.
Reino de Prusia Borussia.Aguia negra.
Reino de Baviera Bavaria.
Reino de Francia Galia.Galo.
Reino de XudáLeón de Xudá.
Reino de Saxonia Saxonia.
Reino de Wurtemberg Wurttembergia.
República de CaliforniaOso pardo.
República de VeneciaLeón de San Marcos.
Sacro Imperio Romano Xermánico Germania.Aguia bicéfala.
Unión Soviética Nai Rusia.Oso.

Cidades alemás con alegoría

Alemaña debido a que se unificou co movemento do romanticismo xa en pleno pulo, creou, á parte de Germania algunhas personificacións relacionadas con antigos reinos, ducados ou cidades libres independentes antes da súa unificación (recóllense na táboa anterior). Un claro exemplo é Baviera, coa súa alegoría Bavaria, que aínda que segue existindo como Estado federado alemán xa non é independente. Mesmo algunhas cidades que nunca foron cidades libres chegaron a crear a súa propia personificación, como é o caso de Berlín e a súa Berolina.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

🔥 Top keywords: