Air India

aeroliña nacional da India

Air India é a aeroliña nacional da India.[1] Pertence a Air India Limited, unha empresa estatal, e opera unha frota de avións Airbus e Boeing que serve 90 destinos domésticos e internacionais. A compañía ten o seu centro de conexións no Aeroporto Internacional Indira Gandhi, en Nova Deli, xunto con varias cidades focais ao longo de todo o país. Air India é o maior operador internacional da India, cunha cota de mercado do 18,6%.[2] A compañía serve uns 60 destinos internacionais a catro continentes. Ademais, Air India é a terceira aeroliña doméstica do país en número de pasaxeiros transportados (tras IndiGo e Jet Airways), cunha cota de mercado do 13.5% en xullo de 2017. A aeroliña converteuse en membro da alianza Star Alliance o 11 de xullo de 2014.

Air India
IATA
AI
OACI
AIC
Indicativo
AIRINDIA
Fundación15 de outubro de 1932 (como Tata Airlines)
Inicio das operacións29 de xullo de 1946
Plan de voo frecuenteFlying Returns
AlianzaStar Alliance
Frota116
Destinos89
HoldingAir India Limited
Eslogan da compañíaAir India... Truly Indian
Sede
Páxina web: http://airindia.in/

A aeroliña fundouna J. R. D. Tata como Tata Airlines en 1932; o propio Tata pilotou o seu primeiro monomotor de Havilland Puss Moth transportando correo dende Karachi a Bombai e posteriormente ata Madras. Tras a segunda guerra mundial converteuse nunha compañía pública limitada e foi renomeada como Air India. O 21 de febreiro de 1960 recibiu o seu primeiro Boeing 707, bautizado como Gauri Shankar, converténdose na primeira aeroliña asiática en ter un reactor na súa frota.[3] En 2000–01 fixéronse intentos por privatizar a compañía, e dende 2006 en diante sufriu perdas tras a súa fusión con Indian Airlines.

Frota

Actual

En decembro de 2020 a frota principal de Air India estaba formada polos seguintes avións:[4][5]

Frota de Air India
AviónEn servizoPedidosPasaxeirosNotas
FJYTotalRefs
Airbus A319-100228114122[6]
144144[7]
Airbus A320-20010168168[8]Van ser retirados.
12138150
Airbus A320neo2712150162[9]Substitúen aos A320-200.
VT-EXO pintado coa librea Star Alliance.
Airbus A321-2002012170182[10]
Boeing 747-40031226385423[11]Van ser retirado en 2021 e substituídos por Boeing 777-300ER.
1Usado como Air India One
Boeing 777-200LR3835195238[12]
Boeing 777-300ER13435303342[13]VT-ALJ pintado coa librea Star Alliance
Os máis novos substituirán aos 747-400.
2Usados como Air India One
Boeing 787-82718238256[14]VT-ANU pintado coa librea Star Alliance
Total125


Notas


🔥 Top keywords: