Troy Ruttman

piloto de carreiras estadounidense

Troy Ruttman, nado o 11 de marzo de 1930 en Mooreland (Oklahoma) e finado o 19 de maio de 1997 de cancro de pulmón en Lake Havasu City (Arizona), foi un piloto americano de carreiras. Era o irmán máis vello do piloto da NASCAR Joe Ruttmann.

Infotaula de personaTroy Ruttman

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento11 de marzo de 1930 Editar o valor em Wikidata
Mooreland, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte19 de maio de 1997 Editar o valor em Wikidata (67 anos)
Lake Havasu City, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da mortecancro de pulmón Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónCompton High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de Fórmula Un , piloto de automobilismo Editar o valor em Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor em Wikidata
Premios

Find a Grave: 19743 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Ruttman gañou as 500 Millas de Indianápolis de 1952, á idade de 22 anos e 80 días.

De 1950 a 1960, as 500 Millas de Indianápolis tamén contaban para o Campionato do Mundo de Pilotos (agora sinónimo de Fórmula 1), aínda que a maioría dos corredores non competían nas outras carreiras do Campionato. Ruttmann foi o primeiro gañador de Indianápolis 500 en participar nunha carreira da Fórmula Un máis aló da Indy[1] e a súa vitoria de 1952 na Indy 500 valeulle a distinción de ser o piloto máis novo en gañar unha proba do Campionato do Mundo, un honor que ocupou ata que Fernando Alonso gañou o Gran Premio de Hungría de 2003.

Ruttmann participou co coche da familia nunha carreira de roadster en San Bernardino (California) en 1945 aos 15 anos, e gañou a carreira.[2] gañou 19 das 21 carreiras desa tempada.[2] En 1947 foi o campión da Asociación Roadster California (CRA). Tamén gañou as cinco primeiras carreiras da tempada midget. En 1948 repetiu como campión roadster da CRA, e gañou 23 carreiras de autos midget.

Andaina na Sprint Car

En maio de 1949 Troy deixou California para participar no campionato da AAA de Sprint Cars nos circuítos do Medio Oeste. Gañou tres campionatos da AAA de Sprint Car durante as seguintes tres tempadas e media, competiu en 51 carreiras de midget, gañando 16 e colocándose no top tres 28 veces.[2]

Resultou ferido nun accidente de sprint car en agosto de 1952, o que retirou a Ruttmann por tempada e media. Ruttmann regresou en 1954 cun calendario moi reducido.

Andaina no Campionato de Monoprazas dos Estados Unidos

Pilotou no AAA e nas series do Campionato de Monoprazas USAC, participou nas carreiras das tempadas 1949-1952, 1954, 1956-1957 e 1960-1964 con 58 saídas, incluíndo as carreiras das 500 Millas de Indianápolis en 1949-1952, 1954, 1956-1957, e 1960-1964. Finalizou no top dez 26 veces, con 5 vitorias e foi finalista con Chuck Stevenson no Campionato Nacional de 1952.

Andaina nos Stock car

Ruttman gañou en 1956 o título da USAC Short Track Stock Car. Ruttmann tamén competiu en 7 carreiras nas series Grand National NASCAR (agora Sprint Cup) desde 1962 ata 1964, terminando no top dez 5 veces. O seu mellor resultado foi terceiro na carreira de 1963 no Circuíto Riverside International detrás de Dan Gurney e A. J. Foyt.[3]

Andaina no Campionato do Mundo

As 500 Millas de Indianápolis formaron parte do Campionato do Mundo da FIA de 1950 a 1960, e os pilotos que competiron na Indy durante eses anos lograron puntos no Campionato Mundial. Troy Ruttman participou en nove carreiras do Mundial, sete veces na Indy máis os grandes premios de Francia e Alemaña de 1958. A súa vitoria nas 500 Millas de Indianápolis de 1952 foi a súa única vitoria e o seu único podio. Acumulou un total de 9 puntos e medio no campionato.

Resultados nas 500 Millas de Indianápolis

AnoCocheSaídaCual.Clas.FinalB

Voltas

LideradoRetirada
19496418125.94532121510Fóra de tempo
19505524131.9129151300Fóra de tempo
1951986132.3142523780Rodamiento
1952987135.36418120044
19543411137.7363142000
19565311142.4841731220Trompo
1957523142.772731134Temperatura
1960286145.36682013411Engrenaxe traseiro
19615222144.799232010510Embrague
19622630146.76519181400Pistón
19631733148.37424122000
19641418151.2922418990Trompo
Totais147269
Saídas12
Poles0
Primeira fila1
Gañadas1
Top 52
Top 102
Retirada7

Resultados Completos na Fórmula Un

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

AnoEquipoChasisMotor1234567891011PosPuntos
1950Bowes Racing Inc.LesovskyOffenhauser 4 en liñaGBR
MON
500
15
SUI
BEL
FRA
ITA
NC0
1951Christopher J.C. AgajanianKurtis Kraft 2000Offenhauser 4 en liñaSUI
500
Ret
BEL
FRA
GBR
ALE
ITA
ESP
NC0
1952Christopher J.C. AgajanianKuzmaOffenhauser 4 en liñaSUI
500
1
BEL
FRA
GBR
ALE
NED
ITA
8
1954Eugene A CasarollKurtis Kraft 500AOffenhauser 4 en liñaARX
500
4
BEL
FRA
GBR
ALE
SUI
ITA
ESP
23º1´5
1956John ZinkKurtis Kraft 500COffenhauser 4 en liñaARX
MON
500
Ret
BEL
FRA
GBR
ALE
ITA
NC0
1957John ZinkWatsonOffenhauser 4 en liñaARX
MON
500
Ret
FRA
GBR
ALE
PES
ITA
NC0
1958Scuderia Centro SudMaserati 250FMaserati 6 en liñaARX
MON
NED
500
BEL
FRA
10
GBR
ALE
NTS
POR
ITA
MOR
NC0
1960John ZinkWatsonOffenhauser 4 en liñaARX
MON
500
Ret
NED
BEL
FRA
GBR
POR
ITA
USA
NC0
  • † = Vehículo compartido

Notas