Ron Flockhart

Ron Flockhart nado en Edimburgo o 16 de xuño de 1923 e finado en Dandenong Ranges, Victoria, Australia o 12 de abril de 1962 foi un piloto de carreiras británico. Participou en 14 Grandes Premios do campionato do mundo de Fórmula 1, conseguindo un podio final e gañou a carreiras das 24 Horas de Le Mans na serie sportscar dúas veces.

Infotaula de personaRon Flockhart
Biografía
Nacemento16 de xuño de 1923 Editar o valor em Wikidata
Edimburgo, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Morte12 de abril de 1962 Editar o valor em Wikidata (38 anos)
Dandenong Ranges, Australia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da mortemorte accidental, accidente ou incidente de aviación Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de Fórmula Un (1954–1960), aviador , piloto de automobilismo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
 EquipoVehículo empregado
-British Racing Motors
-Cooper Car Company
-Connaught Engineering
-Team Lotus
-Écurie Ecosse Editar o valor em Wikidata
Participou en
24 Horas de Le Mans Editar o valor em Wikidata

Andaina nas carreiras

Flockhart comezou a competir en 1951 nun coche Joe Potts de Fórmula 3. Comprou o famoso ERA R4D de Raymond Mays e en 1953 tivo unha tempada moi exitosa, batendo a un dos BRM oficiais en Goodwood. Alcanzou os podios en Goodwood, Charterhall, Snetterton e Crystal Palace, así como varios éxitos en subidas a montaña.

En 1956, pilotando para o equipo escocés Ecurie Ecosse, gañou as 24 Horas de Le Mans de 1956, compartindo un ex Jaguar D-type oficial con Ninian Sanderson. O ano seguinte gañou outra vez co mesmo equipo, esta vez compartindo con Ivor Bueb, establecendo un récord de distancia de 4.398´0 km.[1]

Intentos de marcas de voo e morte

A principios dos anos 60 o United Dominions Trust fixo plans para romper a marca de tempo que se tardaba en voar de Sydney a Londres para lograr publicidade para o seu equipo UDT Laystall.[2] Compraron en Australia un Mustang da segunda guerra mundial construído por Commonwealth Aircraft Corporation e contrataron a Flockhart para facer o intento.[2] Partiu de Sydney no Mustang, rexistrado como G-ARKD, o 28 de febreiro de 1961 e logo de varios atrasos debido ao mal tempo finalmente terminou o intento en Atenas debido a problemas do motor.[2] Flockhart entrou posteriormente no London-Cardiff Air Race, que se celebraría en xuño dese ano, pero retirouse porque o G-ARKD aínda estaba en Atenas.[2] O G-ARKD foi abandonado e comprouse en Australia outro CAC Mustang, rexistrado como VH-UWB, para que Flockhart fixera un segundo intento Sydney-Londres.[2] O 12 de abril de 1962, mentres realizaba un voo de proba na preparación para o intento de marca, Flockhart estrelou o VH-UWB debido ao mal tempo preto de Kallista, Vitoria e morreu.[2]

Rexistro de carreiras

Resultados completos na Fórmula Un

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

AnoEquipoChasisMotor1234567891011Pos.Pts
1954Prince BiraMaserati 250FMaserati 250F1 2.5 L6ARX500BELFRAGBR
Ret*
ALESUIITAESPNC0
1956Owen Racing OrganisationBRM P25BRM P25 2.5 L4ARXMON500BELFRAGBR
Ret
ALE14º4
Connaught EngineeringConnaught BAlta GP 2.5 L4ITA
3
1957Owen Racing OrganisationBRM P25BRM P25 2.5 L4ARXMON
Ret
500FRA
Ret
GBRALEPESITANC0
1958R.R.C. Walker Racing TeamCooper T43Climax FPF 2.0 L4ARXMON
NSC
NED500BELFRAGBRALEPORITANC0
Owen Racing OrganisationBRM P25BRM P25 2.5 L4MAR
Ret
1959Owen Racing OrganisationBRM P25BRM P25 2.5 L4MON
Ret
500NEDFRA
6
GBR
Ret
ALEPOR
7
ITA
13
USANC0
1960Team LotusLotus 18Climax FPF 2.5 L4ARXMON500NEDBELFRA
6
GBRPORITA25º1
Cooper Car CompanyCooper T51USA
Ret

*Compartíu pilotaxe con Prince Bira

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas