Colombo

Colombo (en cingalés: කොළඹ; en támil: கொழும்பு) é a principal cidade de Sri Lanka con 642.163 habitantes (2001) e máis de 2 millóns na área metropolitana. Está situada na costa suroccidental do país e, durante seiscentos anos, foi unha das capitais do país. En 1977 a capitalidade foi transferida para a próxima Sri Jayawardenapura-Kotte, mais Colombo segue a ser o centro económico do estado.

Modelo:Xeografía políticaColombo
කොළඹ (si) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
Mapa
 6°55′N 79°50′L / 6.92, 79.8379°50′L / 6.92, 79.83
EstadoSri Lanka
Províncias (pt) TraducirProvíncia Ocidental (pt) Traducir
District of Sri Lanka (en) TraducirColombo District (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación752.993 (2011) Editar o valor em Wikidata (20.175,73 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie37.321.728 m² Editar o valor em Wikidata
Bañado porKelani River (en) Traducir e Océano Índico Editar o valor em Wikidata
Altitude1 m Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Evento clave
Organización política
Membro de
Identificador descritivo
Código postal00000–09999 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico011 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webcmc.lk Editar o valor em Wikidata

Xeografía

Vista de Colombo e o lago Beira.

O espazo da cidade é unha mestura de terra e auga, pois posúe numerosos canais e, no mesmo corazón do casco urbano, conta co lago Beira de 65 ha de superfice, que constitúe un dos lugares emblemáticos da localidade. O norte e nordeste da cidade están bordeados polo río Kelani, que desauga no mar no barrio denominado Modera (Mōdara en cingalés), que significa "delta de río".

O clima de Colombo é de temperaturas relativamente moderadas: 31 °C entre marzo e abril e 22 °C nos meses invernais. A maior alteración ocorre durante as estacións do monzón, entre maio e agosto, e entre outubro e xaneiro, nos que se poden esperar fortes chuvias. A media anual de precipitacións é de 2.400 mm.

Nome

O nome Colombo foi introducido polos portugueses en 1505. Semella derivado do termo cingalés clásico kolon thota, que significa "porto sobre o río Kelani". Outra teoría supón que deriva da expresión cingalesa kola-amba-thota, que significa "porto con árbores frondosas de mango".

Economía

Colombo é un dos portos máis activos do océano Índico, a través do cal transitan boa parte dos produtos de exportación da illa: , caucho, aceite de coco, copra e pedras preciosas.

Posúe industrias de trasformación (manufacturas de tabaco, fabricas téxtiles etc) e un complexo siderúrxico.

Historia

Colombo foi xa coñecida polos mercadores romanos, chineses e árabes hai centos de anos. Foi durante séculos un porto frecuentado polos navegantes árabes, pois acabaron por ocupala desde o século VIII, e controlaban desde a cidade o tráfico para o interior da illa. No XVI os portugueses botaron da cidade os musulmáns, levantando unha fortaleza para protexer o tráfico de especias.

Os holandeses conquistárona en 1656, logo dun épico asedio, ao termo do cal os portugueses sobreviventes recibiron un salvoconduto. Colombo foi entón a capital dos territorios marítimos da Compañía Holandesa das Indias Orientais até 1796.

Os británicos fixéronse con ela e convertérona na capital da nova colonia de Ceilán. Sri Lanka obtivo a independencia pacificamente en 1948, e Colombo tornouse a capital do novo estado.

As distintas ocupacións estranxeiras tiveron un enorme impacto na cultura local, ben visíbeis na arquitectura da cidade.

Galería de imaxes

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: