David Fernàndez

David Fernàndez Ramos, nado en Barcelona o 24 de setembro de 1974,[1] é un xornalista e político catalán, de ideoloxía independentista, así como activista social.[2] O 25 de novembro de 2012 converteuse en deputado electo da Candidatura d'Unitat Popular (CUP) grazas á obtención de 3 escanos para a súa formación nas eleccións ao Parlamento de Cataluña celebradas ese mesmo día.[3]

Infotaula de personailustre Editar o valor em Wikidata
David Fernàndez

(2017) Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ca) David Fernàndez i Ramos Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento24 de setembro de 1974 Editar o valor em Wikidata (49 anos)
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Deputado do Parlamento de Cataluña

17 de decembro de 2012 – 4 de agosto de 2015

Circunscrición electoral: Barcelona

Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Autónoma de Barcelona
La Sedeta (en) Traducir
Institut Vila de Gràcia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Barcelona Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónxornalista , activista social , político Editar o valor em Wikidata
Partido políticoCandidatura d'Unitat Popular Editar o valor em Wikidata
Membro de
Influencias
LinguaLingua catalá e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Participou en
13 de xullo de 2016Por un referendo oficial e vinculante sobre a independencia en 2017 Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables

IMDB: nm5377361 Facebook: higiniaroig Twitter: HiginiaRoig Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Nacido en 1974 en Barcelona, estudou ciencias políticas na Universidade Autónoma de Barcelona (UAB).[1] Foi membro fundador do Ateneu popular de Gràcia "La Torna". É membro do Grupo de Periodistas Ramon Barnils[4] e traballa como redactor e editor no semanario La Directa.[5] Tamén colaborou de periodista con Berria e Vilaweb.[6] En 2006 publicou, en catalán e en castelán, unha crítica das actuacións do Estado, Cròniques del 6, con prólogo de Arcadi Oliveres.[7] O 13 de novembro de 2012 publicou, canda Julià de Jòdar, un traballo divulgativo sobre as orixes e o proxecto da CUP, a súa formación política, a partir da recollida de opinións do contorno político da esquerda independentista catalá, titulado "Cop de CUP".[8]

A nivel político, non militou en ningún partido valéndose sempre da condición de independente. Concorrerá por primeira vez ás eleccións nas municipais de Barcelona de 2011 no posto 14 da lista da CUP - Alternativa per Barcelona (CUP-AB),[9][10] sen obter representación no consistorio.[11] O 13 de outubro de 2012 foi escollido como cabeza de lista da CUP-Alternativa d'Esquerres por Barcelona para as eleccións ao Parlamento de Cataluña de 2012.[12][13][14] Nestes comicios, a CUP obtén tres escanos, todos da circunscrición de Barcelona, converténdose así en deputado electo.[3]

Obras

Colaboracións

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas