Didier Drogba

futbolista marfilés

Tébily Didier Yves Drogba (AFI: [didje dʁɔɡba]), máis coñecido como Didier Drogba, nado en Abidjan (Lagunes) o 11 de marzo de 1978, é un futbolista profesional internacional marfilés que xoga como dianteiro para o Montreal Impact da Major League Soccer.

Didier Drogba
Información persoal
NomeTébily Didier Yves Drogba
Nacemento11 de marzo de 1978 (46 anos)
Lugar de nacementoAbidjan
Altura1,88 m
PosiciónDianteiro
Información de club
Club actualMontreal Impact
Número11
Carreira xuvenil
1989–1991Abbeville
1991–1993Vannes
1993–1997Levallois
1997–1998Le Mans
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
1998–2002Le Mans64(12)
2002–2003Guingamp45(20)
2003–2004Marseille35(19)
2004–2012Chelsea226(100)
2012–2013Shanghai Shenhua11(8)
2013–2014Galatasaray37(15)
2014–2015Chelsea28(4)
2015–Montreal Impact1(0)
Selección nacional
2002–2014Costa do Marfil104(65)
Na rede
http://www.didierdrogba.com
Facebook: didier.drogba.71216141 Twitter: didierdrogba Instagram: didierdrogba Discogs: 1412032 FIFA: 212306 UEFA: 70482 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

Selección: actualizado a 25 de febreiro de 2015editar datos en Wikidata ]

Aínda que nado en Costa do Marfil, Drogba mudouse a Francia cando aínda era moi novo. Alí, comezou a súa carreira futbolística xogando en diferentes en equipos xuvenís, até que con 18 anos debuta como profesional nun partido da Ligue 2 co Le Mans. Porén, non sería até a tempada 2002-03 cando mostraría todo o seu potencial, anotando anotar 17 goles en 34 partidos co seu segundo equipo, o Guingamp da Ligue 1. Durante esa tempada, o 8 de setembro, Drogba foi chamado por vez primeira á selección de Costa do Marfil. Porén, non anotaría o seu primeiro gol internacional até febreiro do ano seguinte. Ao ano seguinte é contratado por un dos equipos máis laureados do fútbol francés: o Olympique de Marseille, nun traspaso valorado en 3,3 millóns de libras. No equipo marsellés converteuse rapidamente no principal goleador, terminando finalmente como o terceiro máximo anotador da liga con 19 goles. Tamén ese ano xogaría a Copa da UEFA, axudando ao Olympique a acadar a final da competición con seis goles.

Ao ano seguinte Drogba é traspasado ao Chelsea FC da Premier League despois de que o club londiniense pagase 24 millóns de libras, converténdose no futbolista marfilés máis caro da historia. Inmediatamente despois de chegar, converteuse no dianteiro favorito da afección, ao anotar goles decisivos na Community Shield e na final da Football League Cup e ao axudar ao Chelsea a conseguir o seu primeiro título da Premier. En 2006 Drogba consegue ser recoñecido como un dos mellores dianteiros do mundo, ao gañar o bicampeonato co Chelsea na e ao ser elixido capitán da selección do seu país. Precisamente coa súa selección xogaría ese verán no Mundial de Alemaña, onde a pesar de marcar un só gol, logo é elixido como Futbolista do Ano en África. Galardón que repetiría en 2009.

A nivel extradeportivo, Drogba foi recoñecido polo seu papel vital na batalla pola paz no seu país.[1] Despois de que Costa do Marfil se cualificase para a Copa Mundial de Fútbol de 2006, Drogba fixo unha súplica desesperada aos grupos rebeldes, pedíndolles que depuxesen as súas armas, unha súplica que foi contestada cun cesamento ao lume despois de 5 anos de guerra civil.[2] Posteriormente tamén lograría que o partido de clasificación para a Copa Africana de Nacións de 2008 entre Costa do Marfil e Madagascar se disputase en Bouaké, cidade onde se atopan algúns dos movementos rebeldes máis perigosos do país. Esta foi unha acción que reafirmou a loita pola paz nese país. Esta participación na loita pola paz no seu país fixo que fose elixido como unha das 100 persoas máis influentes de 2010 pola revista Time.[3]

Traxectoria

Infancia

Tébily Didier Yves Drogba naceu o 11 de marzo de 1978 en Abidjan, principal cidade de Costa do Marfil. Con todo, á idade de cinco anos foi enviado polos seus pais a vivir a Francia co seu tío Michael Goba, un futbolista profesional que chegara a ser internacional coa selección marfilesa. Porén, pronto sentiu unha profunda nostalxia e regresou 3 anos despois á súa cidade natal, onde xogaba ao fútbol todos os días nun pequeno aparcadoiro da cidade. A súa avoa chegouno a alcumar "Tito", xa que ela admiraba a Josip Broz Tito, expresidente de Iugoslavia.[4] O seu regreso a Costa do Marfil foi moi curto xa que os seus pais perderon o seu traballo, polo que tivo que regresar a Francia a morar de novo co seu tío.[5] En 1991, os seus pais viaxaron a Francia. Primeiro viaxaron a Vannes, mais despois estabelecéronse en Antony, nos Altos do Sena, onde se volveron reunir co seu fillo cando contaba cunha idade de 12.[6] Foi aquí onde Drogba comezou a xogar ao fútbol, uníndose ás categorías inferiores dun equipo local, o Levallois SC, un club semiprofesional onde se gañou a súa reputación como prolífico goleador, impresionando ao adestrador pola súa actitude profesional. As súas actuacións valéronlle un lugar no primeiro equipo, mais, a pesar de debutar no primeiro equipo cunha gol con tan só 18 anos de idade, non puido convencer ao adestrador Jacques Loncar.[7]

Francia

Cando terminou o colexio, Drogba cambiou de cidade para poder estudar contabilidade na universidade, polo que tamén tivo que cambiar de club, uníndose a un equipo da Ligue 2, o Le Mans. Con todo, os seus dous primeiros anos víronse afectados polos horarios escolares e as lesións.[5] O aquel entón adestrador do Le Mans, Marc Westerloppe, comentou que "tomou catro anos para que Drogba puidese adestrar, xogar e estudar todos os días á semana". Por outra banda, a vida familiar de Drogba viuse afectada, xa que xogaba e adestraba todos os días como un profesional, deixando de lado á súa familia.[8]

Aos 21 anos, Drogba tiña que estabelecerse obrigadamente no primeiro equipo ou as súas oportunidades de converterse en xogador profesional desaparecerían. Afortunadamente, Drogba logrou debutar no primeiro equipo do Le Mans, asinando un contrato profesional co equipo en 1999. A vida persoal de Drogba facíase cada vez máis difícil, xa que el e a súa esposa Diakité Lalla tiveron ao seu primeiro fillo, ao cal chamaron Isaac. Drogba tomou isto como unha nova responsabilidade, dicindo: "O nacemento de Isaac foi un punto de reflexión na miña vida, endereitoume."[5] A súa primeira tempada disputada foi un bo agoiro para o futuro, anotando 7 goles en 30 partidos. Porén, na tempada seguinte as súas expectativas baixaron. Drogba perdeu a titularidade fronte a Daniel Cousin debido a unha lesión, mais no seu regreso non puido anotar durante o resto da tempada. Con todo, Drogba volveu anotar na seguinte tempada, anotando 5 goles en 21 partidos disputados. Durante a metade da tempada 2001-02, o Guingamp consolidou o seu interese por Drogba, ofrecendo ao Le Mans 80.000 libras esterlinas, tengo lugar finalmente a operación.[5]

Durante a segunda metade da tempada 2001-02, Drogba anotou 3 goles en 11 partidos disputados co Guingamp. Aínda que a súa contribución axudou a evitar o descenso do club, o corpo técnico do club seguía sen estar convencido do seu talento. Con todo, a tempada seguinte, Drogba recompensou a paciencia dos adestradores, ao anotar 17 goles en 34 partidos, axudando a que o Guingamp terminase 7º na liga.[5] Drogba deu crédito aos seus compañeiros pola súa impresionante tempada, destacando a contribución do extremo Florent Malouda como un factor clave da súa prolificación goleadora esa tempada. A súa gran cantidade de goles anotados atraeu a atención dun dos clubs grandes en Francia, o Olympique de Marsella, quen pagou ao Guingamp 3,3 millóns de libras esterlinas, logrando a súa contratación.[8]

O adestrador do Olympique, Alain Perrin, foi quen pediu contratou a Drogba, aínda que Perrin logo foi substituído por José Anigo. A pesar diso, Drogba conservou o seu lugar no equipo, correspondendo con anotando 19 goles na tempada 2003-04 e sendo elixido o Xogador do Ano na Liga Francesa de Fútbol. Tamén anotou 5 goles na Liga de Campións da UEFA e 6 na Copa da UEFA. Ao final da tempada, Drogba foi contratado polo Chelsea Football Club de Inglaterra, equipo que pagou 24 millóns de libras esterlinas ao Olympique. Drogba segue sendo de grande estima en Marsella, onde a afección do Olympique segue cantando o seu nome no Stade Vélodrome. A camisola que usou na súa única tempada disputada co Olympique foi enmarcada na basílica de Notre-Dame de la Garde de Marsella, a cal está no templo desde a final da Copa da UEFA.[9]

Chelsea

Drogba chega finalmente ao Chelsea en xullo de 2004. O seu primeiro gol chega no terceiro partido contra do Crystal Palace. Porén, a súa tempada foi interrompida debido a unha lesión nun músculo do estómago que sufriu durante un partido contra o Liverpool FC, a cal o deixou fóra dos terreos de xogo por máis de 2 meses. Nesa tempada o Chelsea gañou a Premier League, no que supoñía o seu primeiro título de liga despois de 50 anos, e a Football League Cup, onde Drogba anotou o gol que lle deu a vitoria ao Chelsea por 3-2 sobre o Liverpool no Millennium Stadium, así como acadar as semifinais da Liga de Campións da UEFA. Nesa tempada Drogba anotou 16 goles en 40 partidos co Chelsea, dos cales 10 foron na Premier, 5 na Champions e un na final da Football League Cup.

A tempada 2005-06 comezou anotando dous goles na vitoria do Chelsea sobre o Arsenal FC na Community Shield. A súa reputación viuse embazada no medio de acusacións de fraude durante a vitoria do Chelsea por 2-0 sobre o Manchester City. As repeticións amosaron que utilizara a súa man para controlar o balón antes de anotar o segundo gol. Este incidente tivo lugar tan só dúas semanas despois dun incidente similar co Fulham FC, onde o gol fora anulado e Drogba acusado de facer trampa. Nunha entrevista realizada pola BBC ao xogador despois do partido admitiu que controlara o balón coa man. Ao final do ano oChelsea logrou reter o seu título de Liga a falta de dous partidos por disputar, converténdose no segundo equipo inglés en gañar de forma consecutiva a Premier. Drogba terminou de novo a tempada con 16 anotacións, incluíndo 12 na liga, 2 na Community Shield, un na Liga de Campións e un na FA Cup.

Despois da saída de Damien Duff ao Newcastle United, Drogba cambiou a súa camiseta co dorsal 15 polo seu identificativo 11, a cal Duff deixara vacante. A tempada 2006-07 de gran suceso persoal para Drogba, xa que logrou anotar 33 goles en todas as competicións. Isto supuxo marca un gol máis que nas dúas tempadas anteriores combinadas. Deses 33 goles, 20 foron na Premier League, o que lle valeu para conseguir o título de máximo anotador da tempada. Foi ademais o primeiro xogador do Chelsea en alcanzar 30 goles nunha tempada desde Kerry Dixon en 1985. A repartición dos seus 33 goles na tempada é: 20 na Premier League, 6 na Liga de Campións, 3 na FA Cup e 4 na Football League Cup. Ese mesmo ano, no mes de xaneiro, Drogba foi electo "Mellor Xogador de Costa do Marfil", por diante de xogadores como Abdul Kader Keïta, Aruna Dindane e Kolo Touré.[10] Alén diso, en marzo, foi nomeado o "Futbolista Africano do Ano" por vez primeira na súa carreira, superando a Samuel Eto'o e a Michael Essien.[11] As súas grandes actuacións durante a tempada incluírono no "Equipo do Ano da Premier League", ademais de quedar en segundo no Premio ao "Xogador do Ano", só por detrás de Cristiano Ronaldo.

Estatísticas

ClubTemporadaLigaCopa Nacional*Copa Internacional**Total
PartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesPartidosGoles
Le Mans
Francia
1998-9920----20
1999-0030720--327
2000-0111031--141
2001-0221532--247
Total641283--7215
Guingamp
Francia
2001-02113----113
2002-03341754--3921
Total452054--5024
Olympique
Francia
2003-0435194216115532
Total35194216115532
Chelsea
Inglaterra
2004-05261061954116
2005-06291253714116
2006-0736201271266033
2007-08198211163215
2008-09245841054214
2009-10322975534437
2010-11361130724613
2011-1224532863513
2014-151846142287
Total23810248247336369164
Shanghái Shenhua
China
2012118----118
Total118----118
Galatasaray
Turquía
2013135--41176
2013-14241042823614
Total3615421335320
Total na súa carreira436178713410351610263
Estatísticas até o 7 de marzo de 2015.[12]

Resumo estatístico

PartidosGolesMedia
Ligue 264120,188
Ligue 190390,433
Premier League2381020,429
Chinese Super League1180,727
Süper Lig36150,417
Coupe de France970,778
Coupe de la Ligue820,250
FA Cup29120,414
League Cup19100,526
Community Shield420,500
Türkiye Kupası310,333
TFF Süper Kupa111,000
Europa League16110,688
Champions League85390,459
 Costa do Marfil104650,625
Total7143280,459
Estatísticas até o 7 de marzo de 2015.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: