Economía do Brasil

A economía do Brasil é a 8ª do mundo[1] e a máis grande de América Latina, tendo ultrapasado México o 2004. Responde por 3/5 da produción industrial da América do Sur[3].

Economía de Brasil
MoedaReal brasileiro
Organizacións comerciais de que fai parteOMC, Mercosur, UNASUR, G20 e outras
Datos estatísticos[1]
PIB2 362 mil millóns (2012)
Posición do PIB8ª no mundo[2]
Crecemento do PIB1,3% (2012)
PIB per cápita$ 12 000 (2012)
PIB por sectoragricultura 5,4%, industria 27,4%, comercio e servizos 67,2% (2012)
Inflación5,5% (2012)
Poboación abaixo da limiar de pobrezadato non dispoñíbel
Total da forza de traballo107.100.000 (2012)
Forza de traballo por sectoragricultura 15,7%, industria 13,3%, comercio e servizos 71% (2011)
Desemprego6,2% (2012)
Industriastéxtil, calzados, produtos químicos, cemento, madeira, minerio de ferro, estaño, aceiro, avións, motores e pezas de vehículos, máquinas e equipamentos
Parcerías comerciais[1]
Exportacións242 mil millóns (2012)
Produtos de exportaciónequipamentos de transporte, minas de ferro, soia, calzados, café, automóbiles
Principais mercadosRepública Popular da China 17%, Estados Unidos 10,8%, Arxentina 7,5% (2012)
Importacións238,8 mil millóns (2012)
Principais produtos importadosmáquinas, equipamentos eléctricos e de transporte, produtos químicos, petróleo, pezas para automóbiles, electrónicos
Finanzas públicas[1]
Débeda externa405,3 mil millóns (2012)
Ingresosdato non dispoñible
Gastosdato non dispoñible

Comercio exterior

Os principais socios comerciais do Brasil son: Unión Europea, Estados Unidos, Arxentina e a República Popular da China.

Ver os principais produtos importados e exportados en 2006.

O Brasil é a 6ª economía mundial en tamaño segundo o Banco Mundial[4], máis grande que Rusia, pero en Índice de Desenvolvemento Humano (IDH) está só en 72° lugar.

O primeiro produto económico do Brasil foi o azucre durante o período colonial. Coa independencia, un novo ciclo económico xurdiu, agora co café. Ese momento foi fundamental para o desenvolvemento do estado de São Paulo, que acabou por converterse o máis rico do país.

A pesar de ter, ao longo da década dos 90, unha mellora na produción de bens agrícolas, o que converteu ao Brasil no líder mundial en diversos produtos, coa reformas introducidas polo goberno federal, as exportacións brasileiras diversificáronse, cunha enorme inclusión de bens de alto valor agregado, como xoias, avións, automóbiles e pezas de roupa.

Actualmente o país está entre os 20 principais exportadores do mundo, co US$ 96 mil millóns vendidos, entre produtos e servizos, a outros países en 2004. En poucos anos esperase que o Brasil estea entre as principais plataformas de exportación do mundo.

Moeda

As primeiras moedas cuñadas no Brasil entraron en circulación nos anos de 1645, 1646 e 1654. Os neerlandeses, que controlaban Pernambuco, fixeron as moedas para o pagamento dos seus soldados [Cómpre referencia].

A Casa da Moeda do Brasil produce unha media de 2400 millóns de billetes e 1500 millóns de moedas por ano [Cómpre referencia]. A primeira sede da institución estaba na Praza da República, no centro do Río de Xaneiro. Actualmente, a fábrica da Casa da Moeda fica no barrio de Santa Cruz, tamén no Río.

Notas


 Este artigo sobre economía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

🔥 Top keywords: