Esclerose lateral amiotrófica

enfermidade específica que causa a morte das neuronas que controlan músculos voluntarios

A esclerose lateral amiotrófica (ELA), tamén coñecida como a enfermidade de Lou Gehrig, é unha enfermidade específica que causa a morte das neuronas que controlan músculos voluntarios.[1][2][3] A definición "enfermidade das neuronas motoras" emprégase para un grupo de condicións da que a ELA é a máis común.[4] A ELA caracterízase pola espasticidade muscular, contraccións musculares involuntarias e unha debilidade que empeora de maneira gradual por mor dunha atrofia muscular.[4] Isto dá como resultado dificultades na fala, ao tragar e eventualmente na respiración.[2][4]

Esclerose lateral amiotrófica
Clasificación e recursos externos
Un home con ELA comunicándose coa súa muller por medio dun dispositivo láser.
ICD-10G12.2
ICD-9335.20
OMIM105400
DiseasesDB29148
MedlinePlus000688
eMedicineneuro/14 emerg/24 pmr/10
MeSHD000690
GeneReviewsAmyotrophic lateral sclerosis
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

A causa desta enfermidade descoñécese no 90%-95% dos casos.[1] Entre un 5 e un 10% dos casos son hereditarios.[5] Ó redor da metade dos casos xenéticos débense a un de dous xenes específicos. A diagnose baséase nos sinais e síntomas que presenta a persoa, realizándose probas para desbotar outras causas potenciais.[1]

Non se coñece unha cura para a ELA.[1] A medicación chamada riluzol pode estender a vida do enfermo por uns dous ou tres meses.[6] A ventilación non-invasiva pode mellorar a calidade de vida e estendela.[7] A enfermidade adoita aparecer ó redor dos 60 anos de idade, 50 nos casos herdados.[5] A esperanza de vida media dende o seu comezo é de entre dous a catro anos,[8] aínda que un 10% dos enfermos consegue sobrevivir máis de 10 anos,[1] e a principal causa de finamento é un fallo respiratorio. Descoñécese a incidencia desta enfermidade en gran parte do mundo.[5] En Europa e nos Estados Unidos esta enfermidade afecta a unhas dúas persoas de cada 100 000 cada ano.[5][9]

O 21 de xuño celébrase o Día Mundial contra a Esclerose Lateral Amiotrófica, co obxectivo de visibiliar esta enfermedade e que o 21 de xuño, solsticio de verán, sexa un punto de inflexión na busca da causa e o tratamento da enfermidade [10].


Notas


 Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

🔥 Top keywords: