EuroBrun

EuroBrun
Nome completoEuroBrun Racing
BandeiraItalia, Suíza
Baseada enSenago, Milán, Italia
Tempadas en activo3 (1988-1990)
Número de pilotosItalia Stefano Modena
Oscar Larrauri
Roberto Moreno
DebutGran Premio do Brasil de 1988
Carreiras46 (21 saídas)
Campionatos de Construtores0
Campionatos de Pilotos0
Vitorias0 (mellor posición: 11, Gran Premio de Hungría de 1988)
Pole positions0 (mellor posición: 15º, Gran Premio do Canadá de 1988)
Voltas Rápidas0
Puntos totais
Derradeiro GPGran Premio de España de 1990

EuroBrun Racing foi un construtor de Fórmula 1 con base en Senago, Milán, Italia, cunha participación italo-suíza. Participaron en 46 grandes premios.

O equipo era unha combinación de dous equipos, a man de obra mecánica e habilidade do enxeñeiro Giampaolo Pavanello do equipo Euroracing, que tamén traballara no equipo Alfa Romeo de Fórmula 1 de 1982-85, e o músculo financeiro e a habilidade organizativa do magnate suízo Walter Brun, que dirixía o equipo de automóbiles deportivos Motorsport Brun.

Oscar Larrauri pilotando para EuroBrun no Gran Premio do Canadá de 1988

No ano 1988, Mario Tolentino deseñou o chasis ER188, cun motor Cosworth DFZ de 3´5 L e aspiración atmosférica. O campión de Fórmula 3000 Stefano Modena e o piloto de Brun Oscar Larrauri asinaron para pilotar. Malia un sólido aínda que non espectacular inicio de tempada, EuroBrun loitaba coa falta de finanzación. Houbo problemas internos cando Brun tratou sen éxito de substituír a Larrauri por Christian Danner, e Euroracing estaba mostrando desinterese pola Fórmula Un. Ambos pilotos non poderían cualificar en moitas carreiras (Modena quedou fora catro veces, e foi excluídos doutras dúas carreiras por infraccións técnicas e Larrauri quedou fora sete veces), o 11º lugar de Modena no Gran Premio de Hungría de 1988 sería o seu mellor resultado.

Antes da tempada de 1989, Euroracing adelgazou ata un nivel nominal de participación, en forma dun puñado de enxeñeiros e mecánicos. EuroBrun participou cun só coche, pilotado por Gregor Foitek, mentres que o ER188 modificouse lixeiramente para montar un motor Judd V8 e pneumáticos Pirelli. O equipo sería só sería capaz de pre-cualificar unha vez, e logo Foitek non se clasificou. Incluso a presentación do novo ER189, deseñado por George Ryton, no Gran Premio de Alemaña non axudou. Foitek retirouse logo do Gran Premio de Bélxica, e regresou Larrauri. O arxentino tampouco tivo éxito.

Malia non iniciar unha soa carreira en 1989, o equipo regresou en 1990 con dous coches, unha vez máis. Pavanello saíra do equipo por completo, e o equipo comezara a tempada co ER189. Roberto Moreno pilotaría para o equipo, con Claudio Langes no segundo coche. Langes non pre-cualificaría unha soa vez. Unha anormal sesión de cualificación no Gran Premio dos Estados Unidos viu a Moreno saír na posición número 16, e finalmente terminou 13º. O capaz brasileiro cualificaría de novo no Gran Premio de San Marino, e achegouse en varias ocasións, pero como Brun perdera o entusiasmo, EuroBruns perdeuse máis e máis da grella. Logo de 14 roldas, o equipo retirouse do Campionato de Fórmula Un, logo de facer só 21 saídas de 76 participacións.

Resultados Completos na Fórmula Un

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

AnoChasisMotorPneu.Piloto(s)12345678910111213141516PuntosPos.
1988EuroBrun ER188Ford DFZ V8GBRASMRMONMEXCANDETFRAGBRALEHUNBELITAPORESPXPNAUS0NC
Oscar Larrauri32RetNSCRet13RetRetRetNSC16NSCNSCPNSCPNSCPNSCNSCRet
Italia Stefano Modena33RetNCDSCDSC12Ret1412Ret11NSCNSCNSC13NSCRet
1989EuroBrun ER188B
EuroBrun ER189
Judd CV V8PBRASMRMONMEXUSACANFRAGBRALEHUNBELITAPORESPXPNAUS0NC
Suíza Gregor Foitek33NSCNSCPNSCPNSCPNSCPNSCPNSCPNSCPNSCPNSCPNSCP
Oscar LarrauriNSCPNSCPNSCPNSCPNSCP
1990EuroBrun ER189BJudd CV V8PUSABRASMRMONCANMEXFRAGBRALEHUNBELITAPORESPXPNAUS0NC
Roberto Moreno3313NSCPRetNSCNSCDSCNSCPNSCPNSCPNSCPNSCPNSCPNSCPNSCP
Italia Claudio Langes34NSCPNSCPNSCPNSCPNSCPNSCPNSCPNSCPNSCPNSCPNSCPNSCPNSCPNSCP

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas