Gran Premio do Reino Unido de 1989

O Gran Premio do Reino Unido de 1989 (oficialmente o XLII Shell Oils British Grand Prix) foi unha carreira de automobilismo de Fórmula Un, celebrada o 16 de xullo de 1989 no circuíto de Circuíto de Silverstone en Silverstone, Reino Unido. Foi a oitava carreira do Campionato do Mundo da tempada de 1989. A carreira disputouse sobre 64 voltas ao circuíto de cinco quilómetros en distancia de carreira de 305 quilómetros, foi gañada polo piloto de McLaren Alain Prost despois de que comezara na segunda posición. Nigel Mansell terminou en segundo lugar co Ferrari e o Benetton do piloto Alessandro Nannini terminou terceiro.

Gran Premio de Reino Unido de 1989
Detalles da carreira
Carreira 8 de 16 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1989.
Trazado do circuíto de silverstone
Trazado do circuíto de silverstone
Data16 de xullo de 1989
Nome oficialXLII Shell Oils British Grand Prix
LocalizaciónCircuíto de Silverstone, Silverstone, Reino Unido
PercorridoPercorrido permanente de carreira
4´778 km
Distancia64 voltas, 305´792 km
ClimaSeco, cálido, asollado
Pole position
Piloto Ayrton SennaMcLaren-Honda
Tempo1:09.099
Volta rápida
Piloto Nigel MansellFerrari
Tempo1:12.017 na volta 57
Podio
PrimeiroFrancia Alain ProstMcLaren-Honda
Segundo Nigel MansellFerrari
TerceiroItalia Alessandro NanniniBenetton-Ford

Informe

McLaren presentouse na carreira cun novo sistema de aceite e caixa de cambios transversal que se temía que non fora fiable. Con todo, o equipo de Woking tomou o control da cualificación con Senna por diante de Prost. Prost anunciou antes da carreira que deixaría McLaren ao final da tempada. O March de Gugelmin tivo un problema relacionado coa auga momentos antes da carreira e polo tanto tivo que comezar a carreira desde o pitlane. Derek Warwick comezou a carreira cun asento especial malia un accidente de karting que causoulle un forte dor de costas. Nelson Piquet cualificouse ben e foi o sétimo máis rápido no Warm up.Prost logrou facer a mellor saída na luz verde, pero Senna freou máis tarde e volveu tomar a dianteira na curva Copse. As primeiras voltas estiveron moi apertadas entre Senna, Prost, Mansell e Berger. Pero pront Berger entrou aos boxes ao final da 4ª volta con problemas eléctricos. O austríaco reincorporouse á carreira unhas voltas despois. Na volta 5 a orde da carreira era Senna, Prost, Mansell, Boutsen, Patrese e Nannini. O trío líder desfíxose do resto con Mansell alentando á multitude británica facendo a volta rápida na volta 6, 1,6 detrás do líder e tamén nas voltas 7 e 10. Ayrton Senna saíuse da pista na volta 12 entrando en Becketts debido a problemas de selección de marchas, permitindo ao seu compañeiro de equipo Alain Prost tomar o liderado diante do Ferrari de Nigel Mansell. Patrese era perseguido por Nannini e Piquet pero na volta 19 Patrese sufriu un grande accidente na Club Corner. Prost comezou a ampliar a súa vantaxe, axudado pola potencia do motor Honda. Na volta 22, a orde de carreira era Prost 2,5 segundos por diante de Mansell, Boutsen 32 segundos máis atrás, un segundo antes de Piquet (Nannini había entrado en boxes para poñer pneumáticos novos), que estaba 25 segundos por diante de Alliot, que estaba a 1 segundo de Jean Alesi no seu segundo Gran Premio. Na volta 29 Prost lideraba sobre Mansell por 3.2 segundos, Piquet estaba 42 segundos detrás do líder, Nannini 62 segundos detrás Prost, Gugelmin que comezou na parte traseira 64 segundos detrás e na sexta posición estaba Alliot unha volta por abaixo.Alesi retirouse logo de trompear á saída da Club Corner. Prost construíra un coxín de entre 7-9 segundos, na volta 42, o Ferrari de Mansell sufriu unha picada no pneumático dianteiro dereito, facendo que o coche para arrastrara na superficie creando fume e faíscas. Mansell arrastrouse de regreso aos boxes desde a recta do Hangar e fixo un pitstop que lle levou 11 segundos, quedou a 54 segundos detrás de Prost e aínda en segunda posición. Prost fixo entón o que parecía un pitstop de precaución para cambiar os pneumáticos, pero un problema coa instalación da parte traseira dereita significou que trdase 25 segundos antes de poder soltarse dos gatos. A súa vantaxe sobre Mansell reduciuse a 12 segundos. Na volta 56 Nannini pasou a Piquet para reclamar a posición final do podio.

Clasificación

Precualificación

PosPilotoConstrutorTempoDiferenza
137 Bertrand GachotOnyx-Ford1:11.506
217 Nicola LariniOsella-Ford1:11.766+0.260
38 Stefano ModenaBrabham-Judd1:11.809+0.303
47 Martin BrundleBrabham-Judd1:12.021+0.515
536 Stefan JohanssonOnyx-Ford1:12.248+0.742
621 Alex CaffiDallara-Ford1.12.501+0.995
733 Gregor FoitekEuroBrun-Judd1:13.128+1.622
818 Piercarlo GhinzaniOsella-Ford1:13.429+1.923
941 Yannick DalmasAGS-Ford1:13.720+2.214
1034 Bernd SchneiderZakspeed-Yamaha1:14.124+2.618
1132 Pierre-Henri RaphanelColoni-Ford1:14.206+2.700
1235 Aguri SuzukiZakspeed-Yamaha1:14.266+2.760
1339 Volker WeidlerRial-Ford1:15.096+3.590

Cualificación

PosPilotoConstrutorQ1Q2Diferenza
11 Ayrton SennaMcLaren-Honda1:09.1241:09.099
22 Alain ProstMcLaren-Honda1:10.1561:09.266+0.167
327 Nigel MansellFerrari1:09.4881:10.279+0.389
428 Gerhard BergerFerrari1:09.8551:10.130+0.756
56 Riccardo PatreseWilliams-Renault1:09.8651:09.963+0.766
615 Maurício GugelminMarch-Judd1:10.3361:12.665+1.237
75 Thierry BoutsenWilliams-Renault1:10.3761:10.771+1.277
816 Ivan CapelliMarch-Judd1:10.6501:11.544+1.551
919 Alessandro NanniniBenetton-Ford1:11.0341:10.798+1.699
1011 Nelson PiquetLotus-Judd1:11.5891:10.925+1.826
1123 Pierluigi MartiniMinardi-Ford1:11.3681:11.582+2.269
1230 Philippe AlliotLola-Lamborghini1:11.5411:12.408+2.442
1329 Éric BernardLola-Lamborghini1:12.1931:11.687+2.588
148 Stefano ModenaBrabham-Judd1:12.2621:11.755+2.656
1524 Luis Pérez-SalaMinardi-Ford1:11.9551:11.826+2.727
1612 Satoru NakajimaLotus-Judd1:12.3261:11.960+2.861
1717 Nicola LariniOsella-Ford1:12.0611:12.395+2.962
183 Jonathan PalmerTyrrell-Ford1:12.0701:12.157+2.971
199 Derek WarwickArrows-Ford1:12.2951:12.208+3.109
207 Martin BrundleBrabham-Judd1:12.6161:12.327+3.228
2137 Bertrand GachotOnyx-Ford1:12.3291:12.928+3.230
224 Jean AlesiTyrrell-Ford1:12.9941:12.341+3.242
2331 Roberto MorenoColoni-Ford1:12.6801:12.412+3.313
2426 Olivier GrouillardLigier-Ford1:12.8531:12.605+3.506
2522 Andrea de CesarisDallara-Ford1:13.3351:12.904+3.805
2620 Emanuele PirroBenetton-Ford1:13.2331:13.148+4.049
2725 René ArnouxLigier-Ford1:13.2401:13.550+4.141
2810 Eddie CheeverArrows-Ford1:13.6551:13.386+4.287
2940 Gabriele TarquiniAGS-Ford1:13.4961:13.997+4.397
3038 Christian DannerRial-Ford1:15.3871:15.394+6.288

Carreira

PosPilotoConstrutorVoltasTempo/RetiradaGrellaPuntos
12 Alain ProstMcLaren-Honda641:19:22.13129
227 Nigel MansellFerrari64+ 19.36936
319 Alessandro NanniniBenetton-Ford64+ 48.01994
411 Nelson PiquetLotus-Judd64+ 1:06.735103
523 Pierluigi MartiniMinardi-Ford63+ 1 volta112
624 Luis Pérez-SalaMinardi-Ford63+ 1 volta151
726 Olivier GrouillardLigier-Ford63+ 1 volta24
812 Satoru NakajimaLotus-Judd63+ 1 volta16
99 Derek WarwickArrows-Ford62+ 2 voltas19
105 Thierry BoutsenWilliams-Renault62+ 2 voltas7
1120 Emanuele PirroBenetton-Ford62+ 2 voltas26
1237 Bertrand GachotOnyx-Ford62+ 2 voltas21
Ret15 Maurício GugelminMarch-Judd54Caixa de cambios6
Ret7 Martin BrundleBrabham-Judd49Motor20
Ret28 Gerhard BergerFerrari49Lume4
Ret29 Éric BernardLola-Lamborghini46Motor13
Ret30 Philippe AlliotLola-Lamborghini39Motor12 
Ret3 Jonathan PalmerTyrrell-Ford32Accidente18
Ret8 Stefano ModenaBrabham-Judd31Motor14
Ret4 Jean AlesiTyrrell-Ford28Trompo22
Ret17 Nicola LariniOsella-Ford23Dirección17
Ret6 Riccardo PatreseWilliams-Renault19Radiador/Accidente5
Ret16 Ivan CapelliMarch-Judd15Transmisión8
Ret22 Andrea de CesarisDallara-Ford14Motor25
Ret1 Ayrton SennaMcLaren-Honda11Trompo/Caixa de cambios1
Ret31 Roberto MorenoColoni-Ford2Caixa de cambios23 
NSC25 René ArnouxLigier-Ford    
NSC10 Eddie CheeverArrows-Ford    
NSC40 Gabriele TarquiniAGS-Ford    
NSC38 Christian DannerRial-Ford    
NSCP36 Stefan JohanssonOnyx-Ford    
NSCP21 Alex CaffiDallara-Ford    
NSCP33 Gregor FoitekEuroBrun-Judd    
NSCP18 Piercarlo GhinzaniOsella-Ford    
NSCP41 Yannick DalmasAGS-Ford    
NSCP34 Bernd SchneiderZakspeed-Yamaha    
NSCP32 Pierre-Henri RaphanelColoni-Ford    
NSCP35 Aguri SuzukiZakspeed-Yamaha    
NSCP39 Volker WeidlerRial-Ford    
Fonte:[1]

Posicións logo da carreira

Clasificación do campionato de construtores
PosConstrutorPuntos
1 McLaren-Honda74
2 Williams-Renault35
3 Ferrari21
4 Benetton-Ford17
5 Tyrrell-Ford10
  • Nota:Só están incluídos os cinco primeiros postos na clasificación.


Carreira anterior:
Gran Premio de Francia de 1989
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1989
Carreira seguinte:
Gran Premio de Alemaña de 1989
Carreira anterior:
Gran Premio do Reino Unido de 1988
Gran Premio do Reino UnidoCarreira seguinte:
Gran Premio do Reino Unido de 1990

Notas

Véxase tamén