Gran Premio de Mónaco de 1992

O Gran Premio de Mónaco de 1992 foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 31 de maio de 1992 no Circuíto de Mónaco en Monte Carlo, Mónaco. Foi a sexta carreira do Campionato do Mundo de pilotos de 1992.A carreira, disputada sobre 78 voltas foi gañada polo Ayrton Senna logo dunha disputada batalla polo liderado nas tres últimas voltas con Nigel Mansell. Mansell saíu desde a pole e esivo en primeiro lugar desde o inicio ata a volta 71 cando tivo que parar para cambiar pneumáticos despois de que el sospeitara que tiña unha punción no seu pneumático traseiro esquerdo. A pesar da vitoria de Senna, Mansell demostrou ser máis rápido durante a carreira, e parecía estar en camiño a unha cómoda vitoria antes da súa parada en boxes na volta 71. Ricardo Patrese logrou o terceriro posto no podio xusto diante do Benetton de Michael Schumacher, que terminou cuarto logo dunha colisión co Ferrari de Jean Alesi, que danou o pontón lateral e a electrónica causando a retirada do Ferrari. Martin Brundle no segundo Benetton terminou en quinto lugar a pesar de ter que entrar en boxes para cambiar o morro e os pneumáticos logo dun accidente na chicane Nouvelle. Bertrand Gachot terminou sexto na posición final dos puntos, logo de ter que pre-cualificar na mañá do xoves e anotou o primeiro e único punto de Larrousse na tempada 1992.

Gran Premio de Mónaco de 1992
Detalles da carreira
Carreira 6 de 16 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1992.
Trazado do circuíto de Mónaco.
Trazado do circuíto de Mónaco.
Data31 de maio de 1992
Nome oficialL Gran Premio de Mónaco
LocalizaciónCircuíto de Mónaco
Monte Carlo, Principado de Mónaco
PercorridoCircuíto urbano
3´328 km
Distancia78 voltas, 259´584 km
ClimaSeco
Pole position
Piloto Nigel MansellWilliams-Renault
Tempo1:19.495
Volta rápida
Piloto Nigel MansellWilliams-Renault
Tempo1:21.598 na volta 74
Podio
Primeiro Ayrton SennaMcLaren-Honda
Segundo Nigel MansellWilliams-Renault
TerceiroItalia Riccardo PatreseWilliams-Renault

Informe

Antecedentes

As cinco primeiras carreiras do campionato terminaron co piloto de Williams Nigel Mansell liderando o Campionato de Pilotos con 26 puntos de ventaxe, logo de lograr cinco vitorias seguidas. O seu compañeiro de equipo Riccardo Patrese ocupaba o segundo lugar con 24. O equipo Williams lideraba o Campionato de Construtores con 74 puntos, en segundo lugar Benetton tiña 20, co seu piloto Michael Schumacher no terceiro lugar no campionato de pilotos. O vixente Campión do Mundo Ayrton Senna de McLaren era cuarto, logo de acumular oito puntos. Con todo, nos últimos oito anos o Gran Premio de Mónaco só fora gañado, por Ayrton Senna e Alain Prost, pero Nigel Mansell buscaba lograr a súa primeira vitoria en Mónaco logo de gañar as últimas cinco carreiras. Non houbo cambios na aliñación de pilotos repecto da carreira anterior, con todo antes da carreira o presidente de Ferrari Luca di Montezemolo, tivo que anunciar publicamente a posición de confianza de Ivan Capelli no equipo Ferrari, en resposta ás críticas da revista italiana Autosprint sobre as recentes actuacións de Ivan Capelli.[1] Autosport tamén informou o xoves antes da carreira que Capelli estaba "a piques de ser substituído", segundo "rumores italianos", destacando o feito de Gianni Morbidelli levara a cabo a maior parte das probas de Ferrari no circuíto de Imola antes da carreira de Mónaco.[2] Ferrari publicara un comunicado en resposta as probas de Morbidelli co Ferrari F92A dicindo que Ivan Capelli tivera un "día libre", pero Capelli negou esta circunstancia. O Team Lotus tamén trouxo un segundo novo chasis 107 para Mika Häkkinen en Mónaco, xa que só un chasis 107 estivera dispoñible para Herbert en San Marino.[3] O coche fora "instalado" en Hethel, Norfolk por Olivier Beretta antes de ser levado á Mónaco .[4]

Pre-cualificación

A sesión de Pre-cualificación do xoves pola mañá durou unha hora e comezou ás 8:00 hora local, con tempo cálido e asollado.[5] Michele Alboreto foi o máis rápido na sesión. Bertrand Gachot tamén pre-cualificado terminou segundo, cun mellor tempo de 1:25.980. Roberto Moreno terminou terceiro co equipo Andrea Moda clasificándose por primeira vez. Andrea Chiesa foi o último pre-cualificado en cuarto lugar cun tempo de 1:27.756. Ukyo Katayama, foi freado por unha lixeira fuga de aceite e só logrou un 1 : 28.310 antes de estrelarse en Tabac nos últimos minutos da sesión, terminando co quinto mellor tempo e converténdose no único piloto que non pre-cualificou no ano 1992.[6] Perry McCarthy no seu Andrea Moda S921 en realidade só fixo dúas voltas no comezo da sesión e, posteriormente, non rexistrou un tempo.[7][8] O equipo quería o seu coche Andrea Moda S921 para telo preparado como reposto para o seu compañeiro de equipo Moreno, no caso de que o necesitaran.

A práctica e a cualificación

Dúas sesións de adestramentos leváronse a cabo antes da carreira, a primeira celebrouse o venres pola mañá, a segunda o sábado pola mañá. Ambas as sesións duraron 1 hora e 45 minutos. A primeira sesión de adestramentos levouse a cabo baixo condicións de clima cálido e brumoso..[7]

O Fondmetal de Andrea Chiesa trompeou diante do March de Karl Wendlinger durante a sesión de prácticas do xoves. Chiesa non se clasificou ao terminar 29, 0´715 segundos máis lento que Moreno no seu Andrea Moda.[9]
Riccardo Patrese terminou a cualificación do sábado como segundo máis rápido a pesar de estar bloqueado por Bertrand Gachot nos últimos minutos da cualificación do sábado, o que rematou nunha confrontación entre eles no paddock [10]
Michael Schumacher terminou cualificación do sábado sexto máis rápido.

Nigel Mansell foi o máis rápido na primeira sesión de adestramentos, 0´883 segundos por diante de Ayrton Senna, en segundo lugar, con Gerhard Berger terceiro e Michael Schumacher cuarto. Michele Alboreto foi o sexto máis rápido, co Tyrrell de Andrea de Cesaris sétimo e o March de Karl Wendlinger oitavo. Ferrari probou un dispositivo de control de tracción e diferencial electrónico novo no F92A de Jean Alesi e terminou noveno.[7] Alesi dixo que o motor aínda "necesita máis potencia e mellor resposta".[6] Stefano Modena que se clasificou na primeira fila da grella no Gran Premio de Mónaco de 1991 logrou o décimo mellor tempo e mostrou unha melloría co Jordan 192 que previamente non puido clasificarse en dúas carreiras de 1992.[5] A sesión de cualificación dividiuse en dúas sesións dunha hora, a primeira celebrouse o xoves pola tarde, a segunda lugar o sábado pola tarde. O mellor tempo de calquera das sesións, contaba para a posición final na grella. A sesión de clasificación da tarde do xoves levouse a cabo en condicións de calor, pero nubrado. Nigel Mansell foi o máis rápido na cualificación do xoves con 1:20.714. Ayrton Senna foi o segundo máis rápido por diante de Ricardo Patrese en terceiro lugar. Gerhard Berger foi o cuarto máis rápido cun tempo de 1:22.359, pero a metade da sesión a suspensión frontal do seu McLaren rompeu en Massenet o que lle causou chocar fortemente contra as barreiras. Berger comentou:

Eu estaba empuxando duro pero o coche non xirou na curva. Creo que algo rompeu. Sorpréndeme que non resultara ferido.

Jean Alesi fixo un trompo na sesión e viuse obrigado a utilizar o Ferrari F92A de reposto con pneumáticos usados, con todo aínda así terminou co quinto mellor tempo. Michael Schumacher completou os primeiros seis con Andrea de Cesaris no sétimo lugar no Tyrrell 020B. As condicións climáticas do sábado foron asolladas e secas, pero gradualmente nubrouse pola tarde.[5] Dentro da primeira sesión de adestramentos na mañá do sábado Pierluigi Martini estrelouse no túnel, causando danos á barreira que levou 40 minutos para repararse e atrasou o inicio da cualificación do sábado 30 minutos.[11][12]

Nigel Mansell foi aínda máis rápido o sábado con 1:19.495 e acadou a súa sexta pole da tempada. Mansell describiu máis tarde o seu tempo como "unha volta totalmente limpa".[13] Riccardo Patrese mellorou para cualificar segundo, con todo tivo problemas con Bertrand Gachot nunha das súas voltas de cualificación, e reaccionou de dirixíndose ao pit de Larrousse e tratou de golpear ao belga.[5][11] Ayrton Senna terminou terceiro na grella a pesar de bater a parte traseira do seu coche contra a barreira de pneumáticos na curva de Mirabeau, danando a suspensión traseira e o alerón que finalmente rompeu no túnel.[13]

Carreira

Ayrton Senna asumiu o liderado da carreira na volta 70, pero tivo que conter a unha moito máis rápido Nigel Mansell logo de pasalo nas tres últimas voltas

O clima durante a carreira foi nubrado, pero cálido e seco. Os pilotos saíron á pista na mañá do domingo para unha sesión de arrequecemento de 30 minutos e o piloto de Williams Ricardo Patrese foi o máis rápido con Mansell quinto.[5]

A volta de formación comezou ás 15:30 hora local. 26 coches cualificaronse para a carreira, pero só había 25 na grella de saída, Gianni Morbidelli non puido arrincar o seu coche para a volta de arrequecemento e, posteriormente, tivo que comezar desde o pit lane. Ao principio, Senna pasou a Patrese na curva de Santa Devota. Schumacher tamén pasou a Berger na primeira curva. Pierluigi Martini experimentou o seu segundo choque da fin de semana na primeira volta batendo contra a barreira na saída de Mirabeau. A orde ao final da primeira volta era Mansell en primeiro lugar, seguido por Senna, Patrese, Alesi, Schumacher e Berger. Morbidelli uniuse a eles, pero só fixo unha volta antes de que a caixa de cambios lle fallase e o obrigase a retirarse para sempre. Roberto Moreno remontou dende o 19º lugar grazas ás seis retiradas anteriores, pero viuse obrigado a retirarse na volta 11 aos boxes debido a problemas no motor. Patrese comezou a atacar a Senna, pero comezou a caer de novo con problemas de caixa de cambios. Na volta 12, Schumacher tratou de pasar Alesi na pinza de Loews colisionando ambos, e danando a caixa electrónica do coche de Alesi. Alesi continuou no quinto lugar outras 16 voltas, antes de que o dano obrigaralle a retirarse na volta 28, isto levou a Berger á quinta posición. Brundle estaba perseguindo a Berger, pero cometeu un erro na Nouvelle Chicane e ademais de sufrir unha picada, tamén danou o alerón dianteiro do Benetton e tivo que entrar en boxes para reparalo, dando o sexto lugar a Capelli. Na volta 32 Berger tivo que retirarse cando a súa caixa de cambios fallou.[6]Na volta 60 Michele Alboreto cometeu un erro e fixo un trompo diante do McLaren - Honda de Senna, case provocando un choque entre eles. Ao evitar a Footwork de Alboreto, Senna perdeu case 10 segundos.[11]

Ayrton Senna co Príncipe Rainiero e a Princesa Estefanía.

Ivan Capelli marchaba en 5º lugar a pesar de ser dobrado por Nigel Mansell, con todo na volta 61 fixo un trompo na praza do Casino, danando o brazo da dirección. Cando chegou ao complexo de piscinas o dano fíxolle derrapar quedando o Ferrari sobre a barreira antes da Rascasse nun ángulo de 45 graos. Nigel Mansell liderou a carreira no seu Williams FW14 B Renault ata a volta 70, pero unha porca da roda solta obrigoulle a entrar en boxes, saíndo detrás do McLaren - Honda de Ayrton Senna. Mansell, con pneumáticos novos, estableceu unha marca de volta de case dous segundos máis rápido que Senna e pasou de 5´2 a 1´9 segundos en tan só dúas voltas. A parella bateuse en duelo ao redor de Mónaco nas tres últimas voltas, pero Mansell non puido atopar a forma de pasalo, terminando a só dúas décimas de segundo detrás do brasileiro.[11][14] Foi a quinta vitoria de Senna en Mónaco, igualando a marca de Graham Hill. Ricardo Patrese logrou a terceira posición e o Benetton de Michael Schumacher, terminou cuarto.

Clasificación

Precualificación

PosPilotoConstrutorTempoDiferenza
19 Michele AlboretoFootwork-Mugen-Honda1:25.413-
229 Bertrand GachotLarrousse-Lamborghini1:25.980+0.567
334 Roberto MorenoModa-Judd1:27.186+1.773
414 Andrea ChiesaFondmetal-Ford1:27.756+2.343
NSCP30 Ukyo KatayamaLarrousse-Lamborghini1:28.310+2.897
NSCP35 Perry McCarthyModa-JuddSen tempo

Cualificación

PosPilotoConstrutorQ1Q2Diferenza
15 Nigel MansellWilliams-Renault1:20.7141:19.495
26 Riccardo PatreseWilliams-Renault1:22.3091:20.368+0.873
31 Ayrton SennaMcLaren-Honda1:21:4671:20.608+1.113
427 Jean AlesiFerrari1:22.9421:20.895+1.400
52 Gerhard BergerMcLaren-Honda1:22.3591:21.224+1.729
619 Michael SchumacherBenetton-Ford1:23.1501:21.831+2.336
720 Martin BrundleBenetton-Ford1:23.8721:22.068+2.573
828 Ivan CapelliFerrari1:23.8131:22.119+2.624
912 Johnny HerbertLotus-Ford1:25.9791:22.579+3.084
104 Andrea de CesarisTyrrell-Ilmor1:23.5521:22.647+3.152
119 Michele AlboretoFootwork-Mugen-Honda1:23.7741:22.671+3.176
1224 Gianni MorbidelliMinardi-Lamborghini1:24.5671:22.733+3.238
1333 Maurício GugelminJordan-Yamaha1:24.2351:22.863+3.368
1411 Mika HäkkinenLotus-Ford1:25.809 1:22.886+3.391
1529 Bertrand GachotLarrousse-Lamborghini1:23.6061:23.122+3.627
1616 Karl WendlingerMarch-Ilmor1:23.9781:23.264+3.769
1723 Christian FittipaldiMinardi-Lamborghini1:25.5611:23.487+3.992
1822 Pierluigi MartiniDallara-Ferrari1:25.6651:23.508+4.013
1910 Aguri SuzukiFootwork-Mugen-Honda1:24.3401:23.641+4.146
2021 Jyrki JärvilehtoDallara-Ferrari1:25.0501:23.862+4.367
2132 Stefano ModenaJordan-Yamaha1:23.8901:23.909+4.395
2225 Thierry BoutsenLigier-Renault1:25.2221:23.909+4.414
2326 Érik ComasLigier-Renault1:24.8161:23.974+4.479
243 Olivier GrouillardTyrrell-Ilmor1:24.5331:23.990+4.495
2515 Gabriele TarquiniFondmetal-Ford1:25.6141:24.479+4.984
2634 Roberto MorenoModa-Judd1:25.1851:24.945+5.450
NSC7 Eric van de PoeleBrabham-Judd1:25.7021:24.981+5.486
NSC8 Damon HillBrabham-Judd1:26.8891:25.394+5.899
NSC14 Andrea ChiesaFondmetal-Ford1:27.1401:25.660+6.165
NSC17 Paul BelmondoMarch-Ilmor1:26.5011:25.750+6.255

Carreira

PosPilotoConstrutorVoltasTempo/RetiradaGrellaPuntos
11 Ayrton SennaMcLaren-Honda781:50:59.372310
25 Nigel MansellWilliams-Renault78+ 0.21516
36 Riccardo PatreseWilliams-Renault78+ 31.84324
419 Michael SchumacherBenetton-Ford78+ 39.29463
520 Martin BrundleBenetton-Ford78+ 1:21.34772
629 Bertrand GachotLarrousse-Lamborghini77+ 1 volta151
79 Michele AlboretoFootwork-Mugen-Honda77+ 1 volta11
823 Christian FittipaldiMinardi-Lamborghini77+ 1 volta17
921 Jyrki JärvilehtoDallara-Ferrari76+ 2 voltas20
1026 Érik ComasLigier-Renault76+ 2 voltas23
1110 Aguri SuzukiFootwork-Mugen-Honda76+ 2 voltas19
1225 Thierry BoutsenLigier-Renault75+ 3 voltas22
Ret28 Ivan CapelliFerrari60Trompo8
Ret2 Gerhard BergerMcLaren-Honda32Caixa cambios5
Ret11 Mika HäkkinenLotus-Ford30Caixa cambios14
Ret27 Jean AlesiFerrari28Caixa cambios4
Ret33 Maurício GugelminJordan-Yamaha18Caixa cambios13
Ret12 Johnny HerbertLotus-Ford17Trompo9
Ret34 Roberto MorenoModa-Judd11Motor26
Ret4 Andrea de CesarisTyrrell-Ilmor9Caixa cambios10
Ret15 Gabriele TarquiniFondmetal-Ford9Motor25
Ret32 Stefano ModenaJordan-Yamaha6Trompo21
Ret3 Olivier GrouillardTyrrell-Ilmor4Transmisión24
Ret16 Karl WendlingerMarch-Ilmor1Caixa cambios16
Ret24 Gianni MorbidelliMinardi-Lamborghini1Caixa cambios12
Ret22 Pierluigi MartiniDallara-Ferrari0Trompo18
NSC7 Eric van de PoeleBrabham-Judd
NSC8 Damon HillBrabham-Judd
NSC14 Andrea ChiesaFondmetal-Ford
NSC17 Paul BelmondoMarch-Ilmor
NSCP30 Ukyo KatayamaLarrousse-Lamborghini
NSCP35 Perry McCarthyModa-Judd

Posicións logo da carreira

Clasificación do campionato de construtores
PosConstrutorPuntos
1 Williams-Renault84
2 McLaren-Honda26
3 Benetton-Ford25
4 Ferrari9
5 Footwork-Mugen-Honda5
  • Notas: Só están incluídos os cinco primeiros postos da clasificación.

Notas


Carreira anterior:
Gran Premio de San Marino de 1992
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1992
Carreira seguinte:
Gran Premio do Canadá de 1992
Carreira anterior:
Gran Premio de Mónaco de 1991
Gran Premio de MónacoCarreira seguinte:
Gran Premio de Mónaco de 1993