Saltar ao contido

Gran Premio do oeste dos Estados Unidos de 1983

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gran Premio de Estados Unidos de 1983
Detalles da carreira
Carreira 2 de 15 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1983.
Trazado do circuíto de Long Beach.
Trazado do circuíto de Long Beach.
Data27 de marzo 1983
Nome oficialGran Premio do oeste dos Estados Unidos
LocalizaciónLong Beach (California)
PercorridoCircuíto urbano
3´275 km
Distancia75 voltas, 245´625 km
ClimaAsollado, cálido
Pole position
PilotoFrancia Patrick TambayFerrari
Tempo1:26.117
Volta rápida
PilotoAustria Niki LaudaMcLaren-Ford
Tempo1:28.330 na volta 42
Podio
Primeiro John WatsonMcLaren-Ford
SegundoAustria Niki LaudaMcLaren-Ford
TerceiroFrancia René ArnouxFerrari

O Gran Premio do oeste dos Estados Unidos de 1983 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula 1, celebrada o 27 de marzo de 1983 no circuíto de Long Beach en California. Foi a segunda carreira da tempada de 1983. A carreira foi o oitavo Gran Premio do oeste dos Estados Unidos e a novena carreira que se celebrou nas rúas da cidade de Long Beach (California).

Resumoeditar a fonte

Logo de loitar duramente para poder cualificar, o equipo McLaren, como xa fixera en 1982, atoparon o camiño no día da carreira, John Watson e Niki Lauda escalaron desde as posicións 22 e 23 da grella para terminar primeiro e segundo na meta do Gran Premio do oeste dos Estados Unidos en Long Beach.

Unha vez máis, o circuíto foi lixeiramente modificado, principalmente para liberar Ocean Boulevard, unha das principais avenidas da cidade. Elixiron unha ruta alternativa pola liña costeira incluído un túnel baixo o centro de convencións de Long Beach, os pits foron trasladados á longa sección de Shoreline Drive, onde se uniron as liñas de saída e meta, por primeira vez desde 1977.

As prácticas comezaron o venres, dúas fochancas no trazado do circuíto ao final da curva da costa causaban problemas. Algúns equipos estaban preocupados porque a suspensión nos seus coches non ía durar máis dun par de voltas en condicións de carreira. René Arnoux ( Ferrari) foi o primeiro en pasar a través das fochancas a toda velocidade e co seu 1:26.935 liderou sobre Alain Prost ( Renault), Patrick Tambay (Ferrari) e Riccardo Patrese ( Brabham) no gráfico de tempos do día, mentres que Nelson Piquet (Brabham), Lauda e Watson atoparon que os seus pneumáticos Michelin de cualificación eran practicamente inútiles e estableceron tempos pobres.

Os traballos de reparación durante a noite alisaron as problemáticas fochancas. Tambay logrou a súa primeira pole cun tempo de 1:26.117, para vencer ao seu compañeiro de equipo Arnoux. Keke Rosberg ( Williams) foi terceiro con 1:27.145, por diante do seu compañeiro de equipo Jacques Laffite. O americano Danny Sullivan ( Tyrrell), na súa única tempada na Fórmula Un, logrou o noveno posto, mentres que o outro americano na F1, Eddie Cheever (pilotando o vello Renault RE30C) foi décimo quinto, 7 postos por detrás do seu compañeiro de equipo Prost no modelo RE40 máis moderno. Os McLaren de Watson e Lauda nunca foron capaces de chegar a unha configuración equilibrada, e comezarían nos postos 22º e 23º.

A carreira tivo lugar en condicións cálidas e asolladas. Tambay mantivo o liderado na primeira curva. Rosberg, inmediatamente detrás del, tratou de pasar entre os dous Ferrari. Tocouse con Arnoux pero ambos continuaron, con Rosberg segundo, seguido por Laffite e Arnoux. Rosberg trompeou máis tarde ao intentar adiantar, pero continuou sen sufrir danos.

Logo dunha volta, Sullivan era sexto, por detrás de Arnoux, e Cheever noveno, inmediatamente detrás de Prost. Sullivan foi pasado por Patrese na segunda volta, e logo por Prost e Cheever na terceira volta. Pero en pouco tempo, Prost empezou caer de novo cun fallo no encendido que lle estivo afectando toda a fin de semana, e finalmente tivo que entrar en boxes na volta 16. Cheever foi capaz de alcanzar a Arnoux e Patrese cando Arnoux empezou a perder agarre cos seus Goodyears, e estaba no quinto lugar. Cando Cheever entrou nos boxes de Renault para cambiar pneumáticos, atopouse con que os mecánicos seguían traballando no coche de Prost e viuse obrigado a continuar. O problema de Prost foi finalmente resolto e continuou, aínda que tres voltas atrás.

Mentres tanto, Rosberg recuperara o segundo lugar detrás de Tambay e, na volta 20, de novo foi a por el. Os seis primeiros coches estaban todos correndo moi xuntos, e Rosberg pronto se atopou baixo unha crecente presión de Laffite, quen á súa vez estaba sendo perseguido por Jean-Pierre Jarier co Ligier e Patrese co Brabham.

Na volta 26, Rosberg intentou tomar a iniciativa de novo, pero chocou con Tambay, que fixo un trompo e se detivo. Rosberg continuou de novo, pilotando o ranqueante coche. Ao entrar na chicane antes da liña de meta, atopou ao seu compañeiro de equipo Laffite e con Jarier case tocando a súa caixa de cambios atrás. Os dous monoprazas de Williams tocáronse brevemente, e Jarier chocou coa parte posterior de Rosberg, que golpeou a parede, rebotou e golpeouna de novo antes quedar parado. Jarier continuou, pero só brevemente, co alerón dianteiro danado era imposible manexalo, e retirouse a boxes.

Laffite estaba agora á cabeza, con Patrese segundo. Na volta 28, os McLaren eran terceiro e cuarto, pasaran a Marc Surer, Sullivan e Johnny Cecotto. Cando Watson conseguiu pasar a Lauda ao final de Shoreline Drive, estaba 20 segundos por detrás dos dous líderes. Watson pechaba a brecha na parte dianteira e os pneumáticos de Laffite apagábanse rapidamente, Patrese desafiaba a Laffite polo liderado. Derrapou, e tanto Watson como Lauda pasárono antes de que se reincorporara á pista. Pouco despois, os McLaren pasaron a Laffite, así, e, partindo dos postos 22º e 23º da grella, eran agora primeiro e segundo.

Laffite seguía loitando cos seus pneumáticos, Patrese foi capaz de atrapalo de novo e púxose terceiro na volta 52. Arnoux remontaba a través da pista logo dunha segunda parada para cambiar pneumáticos, e estaba librando batalla con Cheever polo quinto lugar, cando se atoparon con Laffite na volta 67, de novo ao final de Shoreline Drive. Na forquita, o Williams e Ferrari intercambian lugares. Na seguinte volta, Cheever perdeu o quinto lugar cando rompéuselle a caixa de cambios. A só tres voltas para o final, Patrese retirouse da terceira posición co distribuidor roto.

Lauda, que sufría unha cambra na perna dereita, non puido desafiar a Watson nas voltas posteriores, e o norteirlandés chegou a meta con case medio minuto de vantaxe na súa quinta vitoria. Arnoux chegou terceiro, e Laffite no cuarto lugar, por diante de Surer e Cecotto, que logrou un punto na súa segunda carreira na F1. Era a primeira vez que puntuaba un piloto de Venezuela, e o último, ata que Pastor Maldonado terminou décimo no Gran Premio de Bélxica de 2011.

Persistiron rumores toda a fin de semana de que o organizador da carreira Chris Pook, a figura principal no intento de crear un "Monte Carlo dos Estados Unidos" en Long Beach, decidira que a Fórmula Un era demasiado custosa e arriscada, e, de feito, logo da carreira, anunciou que planeaba disputar unha carreira de Champ Car en Long Beach en 1984 en lugar da F1. A pesar do enorme éxito desde o inicio da carreira en 1976, e o impacto observable da exposición global que trouxo á cidade, os organizadores consideraron que o campionato CART menos custoso e máis popular (nos Estados Unidos polo menos), dominado por pilotos estadounidenses, sería un investimento máis prometedor.

Clasificacióneditar a fonte

Cualificacióneditar a fonte

PosPilotoConstrutorQ1Q2Diferenza
127Francia Patrick TambayFerrari1:28.5981:26.117
228Francia René ArnouxFerrari1:26.9351:27.628+0.818
31Finlandia Keke RosbergWilliams-Ford1:29.5771:27.145+1.028
42Francia Jacques LaffiteWilliams-Ford1:30.5291:27.818+1.701
511Italia Elio de AngelisLotus-Renault1:31.6241:27.982+1.865
635 Derek WarwickToleman-Hart1:28.130+2.013
73Italia Michele AlboretoTyrrell-Ford1:29.0661:28.425+2.308
815Francia Alain ProstRenault1:28.5581:29.765+2.441
94 Danny SullivanTyrrell-Ford1:31.2711:28.833+2.716
1025Francia Jean-Pierre JarierLigier-Ford1:29.6001:28.913+2.796
116Italia Riccardo PatreseBrabham-BMW1:28.9581:29.467+2.841
1230Australia Alan JonesArrows-Ford1:30.4511:29.112+2.995
1312 Nigel MansellLotus-Ford1:31.7281:29.167+3.050
1436Italia Bruno GiacomelliToleman-Hart1:29.266+3.149
1516 Eddie CheeverRenault1:30.5971:29.422+3.305
1629Suíza Marc SurerArrows-Ford1:30.0671:29.521+3.404
1734 Johnny CecottoTheodore-Ford1:29.5591:30.258+3.442
1833 Roberto GuerreroTheodore-Ford1:29.5851:28.528†+3.468
1922Italia Andrea de CesarisAlfa Romeo1:33.3361:29.603+3.486
205 Nelson PiquetBrabham-BMW1:30.1731:30.034+3.917
2123Italia Mauro BaldiAlfa Romeo1:31.9241:30.070+3.953
227 John WatsonMcLaren-Ford1:32.4391:30.100+3.983
238Austria Niki LaudaMcLaren-Ford1:30.2621:30.188+4.071
249Alemaña Manfred WinkelhockATS-BMW1:31.5991:30.220+4.103
2517Chile Eliseo SalazarRAM-Ford1:32.5971:31.126+5.009
2626 Raul BoeselLigier-Ford1:31.7591:31.765+6.642
2731Italia Corrado FabiOsella-Ford1:33.8961:31.901+6.784
2832Italia Piercarlo GhinzaniOsella-Ford1:32.182+7.065
Fonte:[1]
  • † — tempo anulado

Carreiraeditar a fonte

PosPilotoConstrutorVoltasTempo/RetiradaGrellaPuntos
17 John WatsonMcLaren-Ford751:53:34.889229
28Austria Niki LaudaMcLaren-Ford75+ 27.993236
328Francia René ArnouxFerrari75+ 1:13.63824
42Francia Jacques LaffiteWilliams-Ford74+ 1 volta43
529Suíza Marc SurerArrows-Ford74+ 1 volta162
634 Johnny CecottoTheodore-Ford74+ 1 volta171
726 Raul BoeselLigier-Ford73+ 2 voltas26
84 Danny SullivanTyrrell-Ford73+ 2 voltas9
93Italia Michele AlboretoTyrrell-Ford73+ 2 voltas7
106Italia Riccardo PatreseBrabham-BMW72Distribuidor11
1115Francia Alain ProstRenault72+ 3 voltas8
1212 Nigel MansellLotus-Ford72+ 3 voltas13
1316 Eddie CheeverRenault67Caixa de cambios15
Ret30Australia Alan JonesArrows-Ford58Piloto indisposto12
Ret5 Nelson PiquetBrabham-BMW51Acelerador20
Ret22Italia Andrea de CesarisAlfa Romeo48Caixa de cambios19
Ret11Italia Elio de AngelisLotus-Renault29Dirección5
Ret33 Roberto GuerreroTheodore-Ford27Caixa de cambios18
Ret25Francia Jean-Pierre JarierLigier-Ford26Colisión10
Ret36Italia Bruno GiacomelliToleman-Hart26Batería14
Ret23Italia Mauro BaldiAlfa Romeo26Trompo21
Ret27Francia Patrick TambayFerrari25Colisión1
Ret1Finlandia Keke RosbergWilliams-Ford25Colisión3
Ret17Chile Eliseo SalazarRAM-Ford25Caixa de cambios25
Ret35 Derek WarwickToleman-Hart11Trompo6
Ret9Alemaña Manfred WinkelhockATS-BMW3Trompo24
NSC31Italia Corrado FabiOsella-Ford
NSC32Italia Piercarlo GhinzaniOsella-Ford

Posicións logo da carreiraeditar a fonte

Clasificación do campionato de construtores
PosConstrutorPutos
1 McLaren-Ford19
2 Brabham-BMW9
3Italia Ferrari6
4 Williams-Ford6
5 Arrows-Ford3
  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.


Carreira anterior:
Gran Premio do Brasil de 1983
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1983
Carreira seguinte:
Gran Premio de Francia de 1983
Carreira anterior:
Gran Premio do oeste dos Estados Unidos de 1982
Gran Premio do oeste dos Estados UnidosCarreira seguinte:
Non houbo

Referenciaseditar a fonte

  • Rob Walker (xullo de 1983). "8th United States Grand Prix West: Whiz Kids". Road & Track, 144-149.
  • Mike S. Lang (1992). Grand Prix!: Race-by-race account of Formula 1 World Championship motor racing. Volume 4: 1981 to 1984. Haynes Publishing Group. ISBN 0-85429-733-2

Ligazóns externaseditar a fonte

🔥 Top keywords: PortadaLuísa VillaltaPaulino PereiroEspecial:ProcurarDía das Letras GalegasEspecial:Cambios recentesCarles PuigdemontEva Iglesias MiguénsFrancisco Porto MellaRosario Porto OrtegaMaría do Socorro Ortega RomeroEslovaquiaJean SimmonsHindemburg Melão Jr.NeptunoLucas PérezWikipedia:Entradas de Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXIAWStatsSegunda guerra mundialAlfonso Basterra CamporroNova CaledoniaChevrolet CamaroLista de xentilicios de concellos galegosFerhan e Ferzan ÖnderPartido GalegoTonhito de PoiWikipedia:Artigos de calidadeRaquel AtanesAdalia bipunctataCaso Asunta BasterraWikipedia:Acerca deEmydocephalus annulatusRosalía de CastroNomes da folla do piñeiro en GaliciaGaliciaMíriam FerradánsPosicións sexuaisWikipedia:Portal da comunidadeRosalía Fernández Rial