Jair Bolsonaro

político brasileiro, 38.° presidente da República Federativa do Brasil

Jair Messias Bolsonaro, nado en Glicério (São Paulo) o 21 de marzo de 1955, é un militar de reserva e político brasileiro.[1] Deputado federal entre 1991 e 2019, as súas posicións políticas identifícanse coa extrema dereita e o populismo. É o presidente do Brasil, cargo que asumiu o 1 de xaneiro de 2019 e cuxo mandato rematará o 31 de decembro de 2022.

Infotaula de personaA Súa Excelencia Editar o valor em Wikidata
Jair Bolsonaro

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(pt-br) Jair Messias Bolsonaro Editar o valor em Wikidata
21 de marzo de 1955 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
Glicério (Período Populista) Editar o valor em Wikidata
53º Presidencia temporal rotativa do Mercosur
17 de xullo de 2019 – 5 de decembro de 2019
38º Presidente do Brasil
1 de xaneiro de 2019 – 31 de decembro de 2022
← Michel TemerLuiz Inácio Lula da Silva →
Presidente eleito da República Federativa do Brasil (pt) Traducir
28 de outubro de 2018 – 31 de decembro de 2018
← Dilma RousseffLuiz Inácio Lula da Silva →
Deputado federal pelo Rio de Janeiro (pt) Traducir
1 de febreiro de 1991 – 31 de decembro de 2018
Concelleiro de Río de Xaneiro
1 de xaneiro de 1989 – 1 de febreiro de 1991 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaOrlando
Angra dos Reis
Río de Xaneiro Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeBrasil Editar o valor em Wikidata
RelixiónCristianismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónAcademia Militar das Agulhas Negras (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altura1,85 m Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Brasilia
Río de Xaneiro Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico (1989–), oficial (1979–1988) Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1971 Editar o valor em Wikidata -
Partido políticoPartido Liberal (2021–)
Aliança pelo Brasil (pt) Traducir (2019–2021)
Partido Social Liberal (pt) Traducir (2018–2019)
Partido Social Cristão (pt) Traducir (2016–2018)
Progressistas (pt) Traducir (2005–2016)
Partido da Frente Liberal (pt) Traducir (2005–2005)
Partido Trabalhista Brasileiro (pt) Traducir (2003–2005)
Progressistas (pt) Traducir (1995–2003)
Partido Progressista Renovador (pt) Traducir (1993–1995)
Partido Progressista (pt) Traducir (1993–1993)
Partido Democrata Cristão (pt) Traducir (1989–1993) Editar o valor em Wikidata
LinguaPortugués do Brasil Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rama militarExército Brasileiro (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Rango militarcapitán Editar o valor em Wikidata
Participou en
6 de setembro de 2019Pacto de Leticia pela Amazônia (pt) Traducir
22 de xaneiro de 2019Encontro Anual do Forum Económico Mundial de 2019 Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeMichelle Bolsonaro (2007–)
Ana Cristina Valle (1997–2007)
Rogéria Nantes Nunes Braga (1992–1996)
FillosFlávio Bolsonaro (pt) Traducir
 () Rogéria Nantes Nunes Braga (pt) Traducir
Renan Bolsonaro
 () Ana Cristina Valle (pt) Traducir
Eduardo Bolsonaro (pt) Traducir
 () Rogéria Nantes Nunes Braga (pt) Traducir
Carlos Bolsonaro (pt) Traducir
 () Rogéria Nantes Nunes Braga (pt) Traducir
Laura Bolsonaro
 () Michelle Bolsonaro Editar o valor em Wikidata
PaiPercy Geraldo Bolsonaro (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
2 de outubro de 2022eleição presidencial no Brasil em 2022 (pt) Traducir
1 de xaneiro de 2019posse do presidente do Brasil (pt) Traducir
7 de outubro de 2018eleccións presidenciais do Brasil de 2018
6 de setembro de 2018tentativa de asasinato Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm6617987 Facebook: jairmessias.bolsonaro Twitter: jairbolsonaro Instagram: jairmessiasbolsonaro Telegram: jairbolsonarobrasil LinkedIn: jairmessiasbolsonaro Youtube: UC8hGUtfEgvvnp6IaHSAg1OQ TikTok: bolsonaromessiasjair Flickr: fotosbolsonaro Musicbrainz: 64727381-a2ac-4abd-8ad4-325fb75e6f42 Discogs: 6251264 WikiTree: Bolsonaro-1 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Carreira militar

Naceu en Glicério mais foi rexistrado en Campinas por vontade da familia. Fillo de Percy Geraldo Bolsonaro, que exercía de dentista sen ter o título, e Olinda Bonturi, ambos brasileiros de ascendencia italiana.[2][3]

Interesado na carreira militar dende a adolescencia, ingresou na Escola Preparatoria de Cadetes do Exército do Brasil en Campinas con 17 anos e finalizou a súa formación na prestixiosa Academia Militar das Agulhas Negras (Resende). Xa como profesional, foi paracaidista das Forzas Armadas. Ascendido a capitán, foi considerado ambicioso e impulsivo polos seus superiores e era pouco considerado polos seus compañeiros.[4]

Crítico co regreso á democracia, en 1986, Bolsonaro escribiu un artigo na revista Veja na que co título "O salario está baixo" no que se queixaba dos recortes salariarias no Exército por decisión do Ministerio de Defensa. Por esta acción, foi condenado a 15 días de prisión aínda que diversos militares, en activo e no retiro, amosaron a súa solidariedade co capitán Bolsonaro.[5] En 1987, a prensa fixo público que existía un plan entre militares para colocar bombas en cuarteis de Río de Xaneiro, era a chamada Operación "Beco sen saída". Jair Bolsonaro foi acusado ante o Supremo Tribunal Militar que o acabaría absolvendo por falta de probas en 1988.[2]

Carreira política

Logo de pasar á reserva, Jair Bolsonaro comezou a súa carreira política presentándose ás eleccións municipais e foi escollido concelleiro de Río de Xaneiro polo Partido Demócrata Cristián (PDC) en 1988. Tras exercer este mandato entre 1989 e 1991, dimitiu para concorrer ás eleccións lexislativas federais por Río de Xaneiro.[6] Así, en 1991 foi escollido, por primeira vez, deputado na Cámara de Deputados do Brasil, cargo que mantivo ata 2019.[7]

Ao longo da súa estadía na Cámara de Deputados, Bolsonaro militou en diferentes partidos políticos: no PDC (1991-1993), Partido Progresista Reformador (1993-1995), no Partido Progresista (1995-2003 e, de novo, entre 2005 e 2016), no Partido Laborista Brasileiro (2003-2005), no Partido da Fronte Liberal (2005), no Partido Social Cristián (2016-2017) e no Partido Social Liberal (2018-2019).

Aínda que como deputado presentou máis de 170 proxectos de lei, só logrou a aprobación de dous proxectos de lei e unha proposta de emenda constitucional.[8] As iniciativas aprobadas foron a de que as urnas electrónicas emitan un recibo, a exención fiscal para bens informáticos e, unha outra autorizando o uso da fosfoetanolamina na medicina.[9][10] O fraco balance da súa tarefa parlamentaria foi presentada por Bolsonaro como unha discriminación do resto da cámara polas súas ideas dereitistas.[11]

Como deputado Jair Bolsonaro foi moi polémico por declaracións que foron catalogadas como machistas, incitadoras ao odio, racistas ou homofóbicas.[12][13][14] Ademais, tamén foi condescendente coa ditadura militar brasileira vixente entre 1964 e 1985, ben xustificando o golpe de Estado ou, incluso, ridiculizando a tortura practicada contra os disidentes.[15][16][17] En 2015 votou a favor do xuízo político á presidenta Dilma Rousseff dedicando o seu voto a Carlos Alberto Brilhante Ustra, recoñecido torturador durante o réxime militar.[18]

Malia a isto, foi gañando sona e nas eleccións xerais de 2014 foi o deputado federal máis votado no estado do Río de Xaneiro, cun apoio do 6% do electorado do estado (464 000 votos).[19] Tamén, en 2017, foi considerado polo instituto FSB como o parlamentario máis influente nas redes sociais.[20]

Presidente do Brasil

Eleccións de 2018

En xaneiro de 2018 anunciou a súa afiliación ao Partido Social Liberal (PSL), formación que o propuxo como candidato á presidencia do Brasil.[21][22] O PSL de Bolsonaro fixo unha coalición co Partido Renovador Laborista Brasileiro chamada "Brasil acima de tudo, Deus acima de todos". Xa durante os meses previos á campaña electoral, Bolsonaro fora gañando apoios segundo as enquisas nun contexto político moi complexo: a esquerda, aínda non recuperada da destitución de Rousseff, sufrira coa entrada en prisión de Lula da Silva, o seu candidato favorito, o centro viuse desacreditado polos cuestionamentos ao goberno de Michel Temer; mentres que a dereita foi seducida ou eclipsada por Jair Bolsonaro.

As propostas do candidato Jair Bolsonaro foron consideradas como nacionalistas, fortemente conservadoras e intransixentes, ademais de que as súas declaracións e formas de comunicación parecían lembrar ás de Donald Trump.[23] A campaña electoral foi moi crispada e as noticias falsas foron comúns. O 6 de setembro de 2018, Jair Bolsonaro foi acoitelado no abdome nun acto público en Juiz de Fora (Minas Gerais), intervido de urxencia a súa vida quedou pronto fóra de perigo.[24]

Nas eleccións do 7 de outubro de 2018 pasou á segunda rolda das eleccións presidenciais logo de quedar en primeira posición e obter o 46,03% co 100% dos votos contados.[25] O seu rival foi o candidato do Partido dos Traballadores, Fernando Haddad (29,28%). A segunda volta das eleccións tivo lugar o día 28 do mesmo mes e Bolsonaro foi elixido presidente (cun 55,13% dos votos)[25] para os seguintes catro anos.[26]

Mandato (2019-2023)

A súa presidencia comezou o 1 de xaneiro de 2019 e presentou un programa político fortemente nacionalista e conservador, antiestatista no económico e tradicionalista na política social, aínda que retoricamente defendía o federalismo e a democracia.

No seu gabinete destacou o ministro de Economía, Paulo Guedes, economista asociado ás correntes da Escola de Chicago, e que se buscaba o control da inflación, a privatización de empresas públicas e a redución da débeda pública.[27][28]

As políticas ambientais do presidente Bolsonaro foron cuestionadas internacionalmente pola sospeita de que favoreceron a destrución da selva amazónica.[29][30] Deste xeito, unha vaga de incendios forestais no Amazonas en 2019 levou a cuestionar ao seu goberno: mentres que Jair Bolsonaro difundiu teorías conspirativas sobre os feitos, algúns líderes internacionais, como Emmanuel Macron e Angela Merkel expresaron a súa preocupación.[31][32] Calcúlase que, entre 2019 e 2021, Brasil perdeu uns 42 517 quilómetros cadrados de bosque, datos negados polo seu goberno.[33] Tamén é escéptico sobre o cambio climático e así como das políticas a seguir para evitalo.[34][35]

A xestión da pandemia de covid-19 tamén foi controvertida: persoalmente fixo manifestacións apoiando tratamentos carentes de evidencia científica, cuestionou a eficacia das vacinas, dubidou das medidas de protección como o uso de máscaras e enfrontouse cos técnicos sanitarios que asesoron ao executivo.[36][37][38]

A preocupación polo incremento da criminalidade durante os anos previos ao seu mandato foi explotada por Jair Bolsonaro quen, unha vez no goberno flexibilizou a posesión de armas, alegando á defensa propia.[39][40]

Eleccións de 2022

Jair Bolsonaro presentouse á reelección nos comicios de 2022. A súa lista, apoiada polo Partido Liberal, Progresistas e Republicanos, levaba como candidato a vicepresidente ao xeneral Walter Braga Netto, anteriormente ministro no seu goberno. Na primeira volta, o 2 de outubro, sumou 51 072 345 votos, o 43,2% fronte o 48,43% do candidato Lula da Silva, pasando ambos os dous á segunda volta.[41] Finalmente, o 30 de outubro de 2022 foi derrotado por Luiz Inácio Lula da Silva.[42][43] O resultado electoral foi estreito, pois Bolsonaro obtivo o 49,1% e Lula o 50,9%.[44] Deste xeito, Jair Bolsonaro foi o primeiro presidente en non ser reelecto no Brasil e o seu mandato rematará o 31 de decembro de 2022.[45]

Tras a confirmación dos resultados, Jair Bolsonaro non fixo declaracións públicas ata o 1 de novembro, máis de 45 horas despois das eleccións.[46] Durante o seu silencio, houbo manifestacións de transportistas defensores de Bolsonaro que cortaron algunhas autoestradas en protesta polos resultados.[47] Ademais, malia a súa falta de reacción, algúns estreitos colaboradores, como o propio vicepresidente Hamilton Mourão, que recoñeceron a derrota e ofreceron colaboración ao presidente electo.[48] Na tarde do día 1 de novembro, Bolsonaro fixo unha breve declaración na que desautorizou os cortes do tráfico nas autoestradas aínda que non recoñeceu a súa derrota ou a vitoria de Lula da Silva.[49] Con todo, deu orde ao ministro competente para iniciar a transición de goberno.[50]

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas


 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

🔥 Top keywords: