Lingua balinesa

O balinés[2] é unha lingua malaio-polinesia falada por preto de 3,3 millóns de persoas (segundo datos de 2000) na illa indonesia de Balí, así como no norte de Nusa Penida, oeste de Lombok e leste de Xava.[3] A maioría dos falantes de balinés tamén coñecen o indonesio.

Lingua balinesa
ᬪᬵᬱᬩᬮᬶ, ᬩᬲᬩᬮᬶ
Bhāṣa Bali, Basa Bali
Falado en:Indonesia
Rexións: Balí, Nusa Penida, Lombok e Xava
Total de falantes:3,3 millóns (2000)
Familia:Linguas austronesias
 Linguas malaio-polinesias
  Linguas malaio-sumbawanas
   Linguas balinés-sasak
    Lingua balinesa
Escrita: Latino e balinés
Códigos de lingua
ISO 639-1:--
ISO 639-2:ban
ISO 639-3: ban
Mapa
Status

O balinés está clasificado como "en estado seguro" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]
Falante de lingua balinesa.

No ano 2011, a Axencia Cultural de Balí estimou que o número de persoas que aínda empregan a lingua balinesa no seu día a día na illa de Balí non supera o millón, xa que nas áreas urbanas os pais ensínanlles ós fillos a lingua indonesia ou o inglés, mentres que nas institucións e nos medios de comunicación masivos desapareceu completamente. A forma escrita do balinés estase facendo cada vez menos familiar e a maioría dos balineses usan a súa lingua só como un medio de comunicación oral, a miúdo mesturado co indonesio. Nas zonas migratorias fóra da illa de Balí, o balinés emprégase de forma extensiva e xoga un papel importante na supervivencia da lingua.[4]

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: