Lingua casaca

lingua turca

A lingua casaca ou casaco é unha lingua turca da familia altaica, con grafía ben árabe na China, Irán ou Afganistán; ben cirílica. Durante a década de 1930 experimentouse coa latina en Turquía. É idioma oficial xunto coa lingua rusa de Casaquistán; fálase nos territorios do que foi o amplo imperio mongol: a provincia chinesa de Xinjiang, Mongolia, Quirguistán, Uzbekistán, Turkmenistán, Ucraína e Rusia. No 2000 era lingua materna de 11 000 000 de falantes aproximadamente, aínda que segundo outras fontes hai aproximadamente 8,5 millóns de falantes. Dende a segunda metade do século XX, Alemaña ten unha comunidade de falantes de casaco. Esta comunidade está constituída principalmente polos descendentes de alemáns do Volga que foron deportados a campos de concentración e Gulags en Casaquistán desde 1941 por decreto de Stalin e que, podendo sobrevivir, mesturáronse coa poboación local ou adoptaron a súa cultura, e máis tarde volveron a Alemaña.

Casaco
'Қазақ тілі/Qazaq tili'
Falado en:Casaquistán, China, Mongolia, Afganistán, Taxiquistán, Turquía, Turkmenistán, Ucraína, Uzbekistán, Rusia e Irán
Rexións: Asia central
Total de falantes:8 millóns
Posición: 93
Familia:Altaica
 Turco
  Kipchak
   Kipchako-nogay
    Casaco
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Casaquistán
Regulado por: Non regulado
Códigos de lingua
ISO 639-1:kk
ISO 639-2:kaz
SIL: KAZ
Mapa
Status

O casaco está clasificado como "en estado seguro" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

Qazak significa vagabundo; o pobo casaco que fala este idioma foi historicamente nómade.

Alfabeto

O alfabeto cirílico casaco baséase no alfabeto ruso ao que se lle engadiron nove letras: Ә, Ғ, Қ, Ң, Ө, Ұ, Ү, Һ, İ.

CirílicoQaydar Latín
transliteración
Janga Latín
transcrición
А аA aA a
Ә әÄ äÄ ä
Б бB bB b
В вV vV v
Г гG gG g
Ғ ғĞ ğGh gh
Д дD dD d
Е еE eE e inicialmente o tras unha vocal
Ё ёYo yoYo yo
Ж жJ jJ j
З зZ zZ z
И иIy iyI i
Й йY yY y
К кK kK k
Қ қQ qQ q
Л лL lL l
М мM mM m
Н нN nN n
Ң ңÑ ñNg ng
О оO oO o
Ө өÖ öÖ ö
П пP pP p
Р рR rR r
С сS sS s
Т тT tT t
У уW wU u
Ұ ұU uÛ û
Ү үÜ üÜ ü
Ф фF fF f
Х хX xKh kh
Һ һH hH h
Ц цC cTs ts
Ч чÇ çCh ch
Ш шŞ şSh sh
Щ щ?Shy shy
Ъ ъ?
Ы ыI ıÂ â
İ іİ iÎ î
Ь ь?
Э эE eÊ ê
Ю юYu yuYu yu
Я яYa yaYa ya

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: