Pandemia de COVID-19 por territorios

artigo de listas da Wikimedia

Neste artigo documéntase os diferentes territorios afectados e as súas respostas ao coronavirus responsable da pandemia de 2019-20 detectada por primeira volta na cidade chinesa de Wuhan.

Mapa de casos confirmados por COVID-19 per capita:       > 1 caso por 1000 habitantes       1–10 casos por 10000 habitantes       1–10 casos por 100 000       1–10 casos por 1 millón       1–10 casos per 10 millóns       1-10 casos per 100 millóns       Sen casos confirmados
Total de casos confirmados de COVID-19 por territorio:       + 100,000 casos confirmados       10000-99999       1000–9999       100–999       10–99       1–9       Sen casos confirmados
Total de mortes confirmadas totais per capita de COVID-19 por territorio:      +100 mortes por millón de habitantes      10–100      1–10      0.1–1      0.01–0.1      >0–0.01      Sen casos confirmados

Pandemia por territorio

Casos confirmados

A 29 de marzo de 2020 existían un total de 664 695 casos confirmados, activos 493 692 e 30 847 mortes en 204 países e territorios, incluíndo cinco navíos dedicados ao turismo de cruceiros.

África

Na maioría dos países e territorios hai casos cofirmados, e en África faise vital a detección temperá polo precario dos sistemas de saúde do continente[1][2]. A 25 de marzo había casos en todos os estados africanos, bardante Botswana, Burundi, Comores, Lesoto, Malaui, San Tomé e Príncipe, Serra Leoa e Sudán do Sur e tampouco nos non recoñecidos pola totalidade da comunidade internacional de Somalilandia e República Árabe Saharauí Democrática. Non houbo casos no territorio de Santa Helena, Ascensión e Tristan da Cunha.

América do Norte

Os primeiros casos en América do Norte foron nos Estados Unidos en xaneiro de 2020. Tras o 25 de marzo había casos en todos os estados, logo de confirmar casos Saint Kitts e Nevis. Non había casos nos territorios de Bonaire, Saba, Saint-Pierre-et-Miquelon e Sint Eustatius.

América do Sur

O primeiro caso en América do Sur foi o 26 de febreiro ao confirmar Brasil un caso en Sao Paulo. Desde entón, os gobernos de toda a rexión tomaron medidas para intentar protexer os seus cidadáns e conter a propagación de COVID-19.[3] A 19 de marzo había casos en todos os países de América do Sur, tan só as Malvinas non tiñan casos confirmados pero si sospeitosos.

Asia

Unha serie de misteriosos casos de pneumonía detectáronse en decembro de 2019 en Wuhan e espalláronse polo resto da China[4]. Posteriormente, moitos outros países asiáticos comezaron a confirmar casos, Corea do Sur, Malaisia, e Irán foron os máis afectados. A 21 de marzo, case todos os países asiáticos informaron de casos confirmados, excepto Taxiquistán e Turkmenistán, mentres que Corea do Norte e o Iemen teñen casos sospeitosos. Non se confirmaron caos nos territorios non recoñecidos internacionalmente de Abxasia, República de Artsakh, Osetia do Sur nin nos dependentes da Illa de Nadal e Cocos.

Europa

Os primeiros casos en Europa déronse en Francia, Alemaña e outros países cun relativamente baixo número de casos. O 21 de febreiro as autoridades sanitarias informaron dunha grande epidemia en Italia, sobre todo no norte, preto de Milán. Os casos incrementáronse rapidamente como a epidemia medraba por toda Europa. Tras Montenegro informar do seu primeiro caso o 17 de marzo xa todos os estados europeos tiñan casos. Outros territorios sen carácter estatal deron a coñecer casos posteriormente, a Illa de Man informou do seu primeiro caso o 19 de marzo, o estado non recoñecido internacionalmente de Transnistria o 21 de marzo[5] e as Illas Åland o 22 de marzo. Non se informaron de casos en Svalbard, Alderney, Sark e as autoproclamdas repúblicas de Luhansk e Donetsk[6]. A OMS declarou Europa como o novo centro do virus despois de mellorar a situación na China[7]. A 24 de marzo había 200.000 casos confirmados e 10 400 mortes en Europa; fóra destes 64 000 casos e 6100 mortos foron en Italia.[8]

Oceanía

Confirmáronse casos en Australia, Illa de Pascua, Fidxi, Polinesia Francesa, Guam, Nova Caledonia, Nova Celandia e Papúa Nova Guinea. O primeiro caso confirmado foi en Melbourne o 25 de xaneiro[9]. Moitas pequenas illas do Pacífico intentaron evitar a chegada da pandemia pechando as súas fronteiras. Non se informou de casos en Kiribati, Illas Marshall, Estados Federados de Micronesia, Nauru, Palau, Samoa, Illas Salomón, Tonga, Tuvalu, e Vanuatu nin nos estados asociados de Cook e Niue. Tampouco hai casos confirmados na Rexión Autónoma de Bougainville, Norfolk, Wallis e Futuna, Tokelau, Pitcairn, Samoa Americana nin nas Marianas do Norte.

Cruceiros

A epidemia espallouse por varios navíos dedicados a cruceiros: Diamond Princess Grand Princess, World Dream, MS Westerdam e o MS Braemar.[10][11][12][13]Os operadores de cruceiros comezaron a cancelar ou mudar os seus itinerarios ao aplicar diversos países restriccións nas viaxes para evitar a propagación da enfermidade. Os portos negáronse a aceptar buques de cruceiro que viñan de portos chineses ou levaban pasaxeiros dese país.

Notas

🔥 Top keywords: