Paul Pietsch

Paul Pietsch nado en Friburgo o 20 de xuño de 1911[1] e finado en Titisee-Neustadt o 31 de maio de 2012 foi un piloto, xornalista e editor alemán, fundador da revista Das Auto.[2]

Infotaula de personaPaul Pietsch

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento20 de xuño de 1911 Editar o valor em Wikidata
Friburgo, Alemaña Editar o valor em Wikidata
Morte31 de maio de 2012 Editar o valor em Wikidata (100 anos)
Titisee-Neustadt, Alemaña Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Stuttgart Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpiloto de Fórmula Un , redactor xefe , editor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
 EquipoVehículo empregado
-Alfa Romeo F1 Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosPeter-Paul Pietsch (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm8913455 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Comezou a súa carreira de piloto en 1932 cun Bugatti e un Alfa Romeo privados. Competindo cun Alfa Romeo, gañou a carreira sobre xeo III Svenska Isloppet GP de 1933 en Hemfjärden, e a carreira I Vallentunaloppet sobre xeo en Vellentunasjön de 1934, ambas en Suecia.

No Gran Premio de Alemaña de 1935 correu para Auto Union, e rematou en terceiro lugar no Gran Premio de Italia de 1935 antes de deixar o equipo cos seus motores traseiros de difícil manexo. De 1937 en diante participou cun Maserati privado. Os seus mellores momentos foron no Gran Premio de Alemaña de 1939 que liderou desde a segunda volta ata que fallou a ignición, facéndoo caer ao terceiro posto, que aínda así foi un excelente resultado para un privado contra a forza dominante das frechas de prata.

Despois da guerra, participou en tres Grandes Premios do Campionato Mundial, debutando o 3 de setembro de 1950. Pilotou un Alfa Romeo oficial no Gran Premio de Alemaña de 1951 que terminou cun accidente. Non logrou puntos de campionato.

Nese momento, Pietsch foi xa era un editor de éxito de revistas de motos e automóbiles. A súa empresa, Motor Presse Stuttgart, é a máis grande do mercado europeo de revistas de tecnoloxía e temas especializados.

Desde a morte do seu compatriota Karl Kling en 2003 ata a súa propia morte, Pietsch foi o máis antigo piloto de Fórmula Un vivo.[2] Cunha idade de 100 anos[3] foi o último piloto supervivente da era pre-guerra dos grandes premios. O seu fillo Peter-Paul Pietsch corre moitas veces en carreiras en Nürburgring con compañeiros xornalistas.

O 31 de maio de 2012, Pietsch morreu de pneumonía[4] a idade de 100 anos, 11 meses e 11 días[1] Pietsch foi tamén o primeiro piloto que participou nun Gran Premio que chegou aos 100 anos.[1]

Rexistro de carreiras

Resultados completos no campionato de Europa

(clave) (Carreiras en letra grosa indican pole position) (Carreiras en italica indican volta rápida)

AnoEquipoChasisMotor1234567Pos.Pts
1932Pilesi Racing TeamBugatti T35BBugatti 2.3 L8ITAFRAALE
Ret
22º23
1935Auto Union AGAuto Union BAuto Union 5.0 V16MONFRABELALE
9
SUI
11[5]
ITA
3
ESP
NTS
15º47
1937P. PietschMaserati 6C-34Maserati 3.7 L6BELALE
Ret
MON
NTS
SUI
10
ITA17º35
1938P. PietschMaserati 6CMMaserati 1.5 L6FRAALE
6
SUIITA14º28
1939Officine A. MaseratiMaserati 8CTFMaserati 3.0 L8BELFRAALE
3
14º26
P. PietschMaserati 4CLMaserati 1.5 L4SUI
Ret
Fonte:[6]

Resultados completos na Fórmula Un

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

AnoEquipoChasisMotor12345678Pos.Pts
1950Paul PietschMaserati 4CLT/48Maserati 4CLT 1.5 L4sGBRMON500SUIBELFRAITA
Ret
NC0
1951Alfa Romeo SpAAlfa Romeo 159Alfa Romeo 158 1.5 L8sSUI500BELFRAGBRALE
Ret
ITAESPNC0
1952Motor Presse VerlagVeritas MeteorVeritas 2.0 L6SUI500BELFRAGBRALE
Ret
NEDITANC0

Notas

Véxase tamén