Pierre Levegh

Pierre Eugène Alfred Bouillin, nado en París o 22 de decembro de 1905 e finado no Circuíto de Le Mans o 11 de xuño de 1955, foi un deportista francés e piloto de carreiras. Tomou o nome de carreiras Pierre Levegh (pronunciado Le-Vec) en memoria do seu tío, un piloto pioneiro que morreu en 1904. Levegh é recordado principalmente pola Traxedia de Le Mans de 1955, desastre que o matou e 83 espectadores durante a carreira automobilística de das 24 Horas de Le Mans de 1955.

Infotaula de personaPierre Levegh
Biografía
Nacemento(fr) Pierre Eugène Alfred Bouillin Editar o valor em Wikidata
22 de decembro de 1905 Editar o valor em Wikidata
9.º arrondissement de Paris, Francia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte11 de xuño de 1955 Editar o valor em Wikidata (49 anos)
Le Mans, Francia Editar o valor em Wikidata
Causa da mortemorte accidental Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio do Père-Lachaise, 93 48°51′42″N 2°23′55″L / 48.861606, 2.398643
Grave of Velghe-Strom-Bouillin (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de motociclismo , xogador de hóckey sobre xeo , piloto de automobilismo , piloto de Fórmula Un Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Deportehóckey sobre xeo
automobilismo Editar o valor em Wikidata
Participou en
24 Horas de Le Mans Editar o valor em Wikidata

Find a Grave: 12541184 Editar o valor em Wikidata

Carreira

Foi tamén xogador de hóckey sobre xeo e tenista. No automobilismo competiu na Fórmula Un para o equipo de Talbot-Lago en 1950 e 1951, comezando seis carreiras, retirándose en tres e sen acadar puntos.

En Le Mans pilotou para Talbot en catro carreiras, terminando cuarto en 1951. En 1952, pilotando só, o seu coche sufriu un fallo no motor na última hora da carreira cunha vantaxe de catro voltas. O fallo debeuse a un parafuso no coxinete central do veo de manivelas que se soltou moitas horas antes na carreira, aínda que moitos fanáticos atribuíron a culpa á fatiga do piloto. Levegh negouse a deixar o seu co-piloto tomar o relevo porque sentía que el podería levar á meta o automóbil.[1] En 1953 chegou oitavo, e en 1954 estivo involucrado nun accidente na sétima hora de carreira.

En 1955 foi tentado lonxe de Talbot e uniuse ao estadounidense John Fitch para competir cun Mercedes-Benz 300 SLR. Durante as 24 Horas de Le Mans, na terceira hora de competición, na recta de tribunas o coche de Mike Hawthorn cortou a trazada para entrar en boxes, freando diante do Austin-Healey 100S de Lance Macklin. Macklin viuse obrigado a facer un movemento evasivo de Hawthorn, atravesando a pista ata meterse na trazada máis rápida do Mercedes de Levegh, que marchaba xusto diante do seu compañeiro de equipo en Mercedes Juan Manuel Fangio. Correndo pegado ao coche de Macklin, a roda dianteira dereita do coche de Levegh montou por encima da parte posterior esquerda de Macklin, o que provocou que o 300 SLR saíse polo aire, bateou contra un muro de contención, desintegrándose e dispersando os restos sobre a multitude.[2] Levegh morreu cando saíu lanzado do coche e o seu cranio resultou esmagado polo impacto. O corpo de magnesio inflamable dos Mercedes rapidamente prenderon polo accidente; a combinación do incendio e as pezas do automóbil voador mataron a 83 espectadores con máis de 100 feridos. A carreira continuouse para evitar que os espectadores saíran, o que bloquearía todas as estradas de acceso ás ambulancias.

Aínda que Levegh non puido salvarse, puido salvar a vida do quíntuplo campión mundial de Fórmula 1 Fangio, que veu un sinal de Levegh para desacelerar, un momento antes de alcanzar o coche de Macklin, esta advertencia deliberada salvou a vida de Fangio. [3]

Mentres que Mercedes se retirou da carreira como sinal de respecto ás vítimas (e máis tarde das carreiras automobilísticas en xeral durante os seguintes 30 anos), Mike Hawthorn e Ivor Bueb continuaron no seu Jaguar para gañar a carreira. O accidente foi un dos principais contribuíntes para cambiar actitudes sobre a aceptación do perigo nas carreiras de motor e un aumento no desexo de facer circuítos máis seguros tanto para os espectadores como para os pilotos. A pequena firma británica de Bristol Cars, cuxos pilotos conseguiron un 1-2-3 na clase de 2 litros en Le Mans ese ano, decidiron abandonar as carreiras completamente como resultado da traxedia, desguazando todo menos un dos seus coches de carreiras. Fitch converteuse nun defensor da seguridade e comezou a investigar sobrea seguridade automotriz, algunhas das cales prosperaronavanzaron no automobilismo.

Levegh está enterrado no Père Lachaise Cemetery en París.[4]


Resultados Completos na Fórmula Un

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

AnoEquipoChasisMotor12345678Pos.Pts
1950Pierre LeveghTalbot-Lago T26CTalbot 6 en liñaGBRMON
NCG
500SUIBEL
7
FRA
Ret
ITA
Ret
NC0
1951Pierre LeveghTalbot-Lago T26CTalbot 6 en liñaSUI500BEL
8
FRAGBRALE
9
ITA
Ret
ESPNC0

Resultados completos nas 24 Horas de Le Mans

AnoEquipoCo-PilotosCocheClaseVoltasPos.Clase
Pos.
1955 Daimler-Benz A.G. John FitchMercedes-Benz 307 SRLS3.034Ret
Accidente
mortal
1954 Pierre Levegh Lino FayenTalbot-Lago T26 Gran SportS5.033Ret
1953 Pierre Levegh Charles PozziTalbot-Lago T26 GSS5.0276
1952 Pierre LeveghTalbot-Lago T26 GS SpiderS5.00Ret
1951 Pierre Levegh René MarchandTalbot-Lago T26 GS SpiderS5.0256
1939 Luigi Chinetti René Le BègueTalbot-Lago SS5102Ret
1938 Jean Trévoux Jean TrévouxTalbot T150c5159Ret

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas