Tempada 2019/20 do Deportivo da Coruña

tempada deportiva

Durante a tempada 2019/20 o Deportivo da Coruña competiu na Segunda División (afrontando a súa 41.ª campaña na categoría de prata). Rematou no 19º lugar, descendendo á Segunda División B 40 anos despois. Tamén competiu na Copa do Rei, onde caeu eliminado na segunda rolda fronte o Unionistas de Salamanca.

Deportivo da Coruña
Tempada 2019–20
PresidentePaco Zas
(ata o 27 de decembro de 2019)
Juan Antonio Armenteros
(dende o 27 de decembro de 2019 ata o 14 de xaneiro de 2020)
Fernando Vidal
(dende o 14 de xaneiro de 2020)
AdestradorJuan Antonio Anquela
(ata o 7 de outubro)
Luis César Sampedro
(desde o 7 de outubro ao 27 de decembro)
Fernando Vázquez
(desde o 29 de decembro)
EstadioRiazor
Segunda División19º
Copa do ReiSegunda rolda
GoleadorEspaña Ager Aketxe (7 goles)
Maior asistencia27.151 (xornada 26 fronte á UD Las Palmas)
Na casa
Fóra
Alternativa

Resumo da tempada

Xuño

O 27 de xuño o defensa central grego Vassilis Lampropoulos, procedente do AEK Atenas, converteuse na primeira fichaxe da pretempada. Chegou libre e firmou por dúas campañas.[1]

Xullo

O 12 de xullo déronse a coñecer as dúas finais do Trofeo Teresa Herrera 2019, que se disputarían en Riazor o sábado 10 de agosto. A final masculina enfrontaría o primeiro equipo co Real Betis e a final feminina enfrontaría o Deportivo Abanca co UDG Tenerife.[2]

O 13 de xullo anunciouse o traspaso do centrocampista catalán Edu Expósito ao SD Eibar.[3] A operación cifrouse nuns 4.000.000 de euros e firmou polo club armeiro por catro temporadas, tras catro anos entre o Deportivo Fabril e o primeiro equipo.[4]

Horas máis tarde o club anunciou a contratación do centrocampista biscaíño Ager Aketxe, firmando por unha temporada con opción a outra, tras finalizar o seu contrato co Cádiz CF.[5] Foi presentado en Abegondo uns días máis tarde.[6]

O 14 de xullo o club anunciou a partida do dianteiro valisoletano Quique González cara ao SD Eibar, tras facerse efectiva unha das cláusulas de saída do seu contrato.[7] Firmou polo club armeiro por cinco tempadas.[8] A cantidade do traspaso estimouse en 3,5 millóns de euros.[9]

Horas máis tarde anunciouse a contratación do mediocampista xaponés Gaku Shibasaki, procedente do Getafe CF e firmando por catro temporadas. Tratouse do primeiro xogador nipón en vestir a camisola do Deportivo.[10] O traspaso foi a custo cero, no que o club só abonaría unha parte en caso de ascenso.[11] Foi presentado en Riazor uns días máis tarde.[12]

O 16 de xullo o club anunciou a contratación do gardameta andaluz Koke Vegas, cedido polo Levante UD por unha tempada.[13] Foi presentado en Abegondo dous días máis tarde.[14]

O 19 de xullo anunciouse a fichaxe do dianteiro marfilés Mamadou Koné, cedido polo CD Leganés por unha campaña con opción de compra.[15] Foi presentado en Abegondo uns días máis tarde.[16]

O 29 de xullo o defensa madrileño Juanfran Moreno acordou co club a rescisión do seu contrato.[17] Horas máis tarde anunciouse a súa fichaxe polo Alanyaspor turco, por dúas tempadas con opción a outra máis.[18]

Agosto

O 2 de agosto o anunciouse a rescisión do contrato do centrocampista coruñés Pedro Mosquera.[19] Un día máis tarde confirmouse a súa fichaxe polo SD Huesca, de Segunda División, por dúas temporadas.[20]

O 5 de agosto o club anunciou a fichaxe do defensa andaluz Luis Ruiz, procedente do CD Lugo tras rematar contrato, firmando por unha campaña e outra opcional.[21] Foi presentado en Abegondo un día máis tarde.[22]

O 9 de agosto anunciouse a fichaxe do mediocampista guipuscoano Peru Nolaskoain, cedido polo Athletic Club por unha campaña.[23]

O 10 de agosto o Deportivo conquistou a 74.ª edición do Trofeo Teresa Herrera, fronte o Real Betis en Riazor (1−0).[24] Horas antes, o Deportivo Abanca perdeu a 7.ª final feminina, fronte o UDG Tenerife (1−5).[25]

O 12 de agosto anunciouse a saída, en calidade de cedido, do defensa catalán Gerard Valentín para o CD Lugo (onde xa militara a segunda metade da campaña anterior).[26]

O 16 de agosto oficializouse a fichaxe do dianteiro italiano Samuele Longo, cedido polo FC Internazionale até o final da temporada.[27]

O 17 de agosto o club anunciou a saída do centrocampista arxentino Fede Cartabia, cedido ao Shabab Al-Ahli, dos Emiratos Árabes Unidos, durante unha temporada con opción de compra.[28]

Outubro

O 7 de outubro o club destituíu a Juan Antonio Anquela,[29] debido aos malos resultados (1 vitoria, 5 empates e 4 derrotas), e ocupando o equipo o antepenúltimo lugar da clasificación.[30] Minutos máis tarde anunciábase que o seu substituto sería o vilagarcián Luis César Sampedro, firmando até o final da temporada.[31]

Novembro

O 13 de novembro o club anunciou a convocatoria a xunta xeral de accionistas para o 16 ou 17 de decembro (en primeira e segunda convocatoria).[32]

O 17 de novembro celebrouse o sorteo para a primeira rolda do novo formato da Copa do Rei, e o Deportivo quedou emparellado co CF Illueca aragonés, de Terceira División.[33] O partido foi programado para o martes 17 de decembro ás 19 horas no Estadio Papa Luna (Illueca, Zaragoza), coincidindo coa xunta xeral de accionistas en segunda convocatoria (no suposto de non haber quórum o día anterior).[34]

O 30 de novembro o club anunciou o seu rexeitamento á petición formal do uso do Estadio de Riazor por parte do Bergantiños FC para a disputa do encontro de primeira rolda da Copa do Rei fronte o Sevilla FC, ante a negativa da RFEF de facelo nas Eiroas (Carballo), mais ofrecendo as instalacións da Cidade Deportiva de Abegondo.[35] Días máis tarde, logo da expectación xerada e da intercesión da Federación co club coruñés, o Deportivo mudou de opinión (aínda que sen comunicado oficial) e finalmente o Bergantiños xogou o seu partido en Riazor o 18 de decembro.[36]

Decembro

O 9 de decembro o consello de administración do club anunciou a súa renuncia e a convocatoria a xunta xeral extraordinaria de accionistas para o 13 de xaneiro, co fin de elixir unha nova directiva.[37] A renuncia produciuse apenas seis meses e medio despois de tomar posesión do cargo e cunha agravada crise de resultados deportivos, onde o Deportivo ocupaba o último posto da clasificación e se atopaba a 8 puntos da salvación (1 vitoria, 9 empates e 9 derrotas).[38]

O 27 de decembro o equipo formado por Paco Zas renunciou á presidencia (que de xeito interino ocupaban até o 14 de xaneiro), en favor dunha xunta xestora formada por membros da candidatura á presidencia encabezada por Fernando Vidal, presentada na anterior xunta de accionistas. Así até a xunta extraordinaria de accionistas presidiu, de xeito interino, Juan Antonio Armenteros o club.[39] A primeira medida da nova xestora foi a destitución de Luis César Sampedro e a súa substitución por Fernando Vázquez, que foi presentado o día 30, iniciando así a súa segunda etapa no club. Na presentación de Vázquez anunciouse tamén a volta ao club de Emre Çolak.[40]

Xaneiro

O 2 de xaneiro foi presentado en Abegondo Emre Çolak, que chegou libre tras un breve paso polo fútbol de Arabia Saudita.[41] O 5 de xaneiro Fernando Vázquez debutou con vitoria fronte ao Numancia no Nuevo Estadio Los Pajaritos (0-1),[42] mais no seguinte partido o equipo quedou eliminado da Copa, ao perder contra o Unionistas de Salamanca na quenda de penaltis (9-8) tras empatar 1-1.[43] O 14 de xaneiro Fernando Vidal converteuse oficialmente no novo presidente co club, tras celebrarse no PALEXCO unha xunta xeral extraordinaria que contou só coa súa candidatura.[44][45] Ese mesmo día fíxose oficial a fichaxe do dianteiro vasco Sabin Merino, procedente do Leganés.[46] Asinou polo resto da tempada e dúas máis. Debutou o día 16 marcando un gol contra o Racing e foi presentado ao día seguinte en Abegondo.[47] O 18 de xaneiro fíxose oficial a fichaxe do guadalupeño Claudio Beauvue, despois de que este rescindira o seu contrato co Celta de Vigo.[48] Foi presentado en Abegondo o día 22.[49] O día 21 anunciouse ao nixeriano Uche Agbo como novo xogador do Deportivo, cedido até final de tempada polo Standard de Liège.[50] Foi presentado o 23 de xaneiro, mais aínda sen ficha libre, á espera de que saíse algún xogador.[51] O 25 de xaneiro o club rescindiu o contrato do serbio Saša Jovanović, deixando así un oco para Uche Agbo.[52] Ese mesmo día anunciouse a chegada do extremo andaluz Hugo Vallejo, cedido polo Real Madrid até final de tempada. Pola súa idade conta con ficha do Fabril.[53] Foi presentado o 27 de xaneiro.[54] O 26 de xaneiro tras lograr a quinta vitoria consecutiva en liga fronte ao Albacete, o equipo conseguiu saír dos postos de descenso nos que levaba catro meses.[55]

O 31 de xaneiro, último día do mercado invernal, o club deu saída a catro xogadores e incorporou a outros dous. Rescindiuse o contrato de Samuele Longo, cedido polo Inter, que marchou con destino ao Venezia FC,[56] e cedeuse a Lambropoulos ao Bochum alemán[57] e a Borja Galán ao Racing de Santander.[58] Ademais o Levante decidiu recuperar a Koke Vegas, que tiña cedido ao Deportivo dende o verán.[59] Debido a esa última saída, o club coruñés incorporou ao porteiro serbio Aleksandar Jovanović, que chegou cedido polo Huesca.[60] E por último pechouse a contratación do extremo do Málaga Keko Gontán a custo cero.[61]

Febreiro

O 9 de febreiro o equipo logrou a súa sétima vitoria consecutiva en liga, tras vencer ao Alcorcón (0-1).[62] A xeira de resultados morreu a semana seguinte ao empatar co Girona (2-2).[63]

Marzo

O 11 de marzo o club fixo oficial a chegada do central Abdoulaye Ba, cedido polo Rayo Vallecano ata final de tempada para suplir a Michele Somma, lesionado de gravidade no partido contra o Girona.[64] Ao día seguinte anunciouse a suspensión das dúas seguintes xornadas de liga, por mor da pandemia por coronavirus.[65] O 23 de marzo a liga suspendeuse de xeito indefinido.[66] O Deportivo ocupaba de novo postos de descenso nese momento, despois de non gañar ningún dos catro últimos partidos.[67]

Maio

O 25 de maio o club lamentou o pasamento do defensa asturiano Marcelo Campanal, coñecido como Campanal II, xogador deportivista entre 1966 e 1968.[68]

O 26 de maio o presidente Vidal, nun duro comunicado contra o conselleiro Miguel Otero, anunciou que nos próximos días anunciaríase a data da xunta xeral de accionistas suspendida en marzo, contabilizando ao mesmo tempo a débeda do club en 90,6 millóns de euros máis intereses (14,3 millóns) e facendo un chamamento a socios e accionistas para acudir á ampliación de capital.[69]

Xuño

Despois de tres meses sen xogar, o campionato retomouse na segunda semana de xuño, xogándose os partidos a porta pechada. O primeiro partido do Deportivo despois da parada foi contra o Sporting de Gijón en Riazor, con resultado de empate.[70] O 30 de xuño Fernando Vázquez anunciou que Mamadou Koné decidira non ampliar a súa cesión por parte do Leganés e non continuar no club a partir dese mesmo día 30, no que remataba o seu contrato.[71]

Xullo

O 17 de xullo o Deportivo anunciou o traspaso de Francis Uzoho ao APOEL FC, de Nicosia.[72]

Tras estar fóra dos postos de descenso durante varias xornadas, os malos resultados nos últimos partidos fixeron que na penúltima xornada o equipo caese de novo a ditos postos de descenso, ocupando o 19º lugar a falta dun só partido, o que debía enfrontar ao club coruñés co Fuenlabrada o 20 de xullo en Riazor. O Deportivo precisaba gañar ese partido e que non gañasen Lugo ou Albacete os seus respectivos partidos.[73]

Ese día, pouco antes do encontro, anunciouse que había varios xogadores do Fuenlabrada contaxiados da COVID-19 e comezou a falarse sobre unha posible suspensión da xornada, que ía disputarse toda ao mesmo tempo, ás 21:00 horas, excepto o Las Palmas-Extremadura, que xa se xogara unhas horas antes.[74] A liga reuniuse entón co Consello Superior de Deportes e a Federación Española de Fútbol para tomar unha decisión e pouco despois anunciouse que só se suspendía o Deportivo-Fuenlabrada, mentres que o resto de encontros se xogarían á hora previamente programada.[75] A pesar da oposición dalgúns equipos, como o Rayo Vallecano que emitiu un comunicado antes do seu partido criticando a decisión, todos os equipos excepto Deportivo e Fuenlabrada disputaron a xornada, baixo ameaza de perda de puntos se non o facían.[76] Tanto o Lugo como o Albacete lograron gañar, polo que o Deportivo, aínda sen xogar, quedou matematicamente sen posibilidades de permanencia, consumando o descenso á Segunda División B 40 anos despois.[77][78]

Tras o descenso, o presidente do club, Fernando Vidal, criticou en rolda de prensa a decisión de non suspender toda a xornada, e declarou que o Deportivo non se consideraba un equipo descendido. Anunciou ademais que denunciarían o caso ante todas as instancias, ao considerar que a competición fora "adulterada".[79] O Numancia, o Elche e o Rayo Vallecano anunciaron tamén que tomarían medidas legais, considerándose prexudicados pola decisión da liga.[80] Ao día seguinte o Deportivo pediu a anulación da xornada ou que na próxima tempada se xogase unha Segunda División con 24 equipos, incluídos o Deportivo e o Numancia, o outro equipo descendido canda aos herculinos.[81] O Comité de Competición declarouse incompetente para pronunciarse sobre a petición do Deportivo de anular toda a xornada, pasando o caso a un xuíz instrutor.[82]

O 26 de xullo a liga informou da suspensión definitiva do Deportivo-Fuenlabrada, a través dun comunicado no que agradeceu ao club madrileño "a súa disposición a acollerse ao principio pro-competitione e acatar a decisión elixida por LaLiga entre as dúas solucións propostas polo Club: esperar para disputar o encontro á recuperación dos xogadores ou suspender o partido definitivamente". Ademais comunicou que o Elche sería o club que xogase a promoción de ascenso, eloxiando a suposta renuncia do Fuenlabrada a xogar dita promoción.[83][84] Esa mesma tarde o Fuenlabrada publicou outro comunicado contradicindo á liga e declarando que non renunciara a xogar o partido contra o Deportivo, e engadindo que a liga non era o único órgano competente para tomar a decisión, correspondendo esta tamén ao Comité de Competición da RFEF e ao CSD.[85][83] Tamén os xogadores do Fuenlabrada sacaron o seu propio comunicado expresando a súa "indignación" pola decisión da suspensión do partido e manifestando a súa intención de xogar tanto ese partido como a promoción de ascenso.[86] O Deportivo pola súa banda publicou tamén un comunicado, expresando a súa "sorpresa, malestar e estupefacción" polos comunicados desa tarde e cualificou a decisión da liga como un "atropelo".[87]

O 27 de xullo o Deportivo publicou un comunicado resumindo os procedementos abertos polo club ante a RFEF. Neste escrito o club declarou tamén que solicitara tres medidas cautelares: a anulación de todos os resultados da xornada 42; a suspensión da tempada 2019/20 e a suspensión dos ascensos e descensos ata que non se finalicen os expedientes abertos, e a ampliación do número de equipos en segunda división para a tempada 2020/21 para evitar prexuízos aos equipos afectados.[88]

O 28 de xullo celebrouse no PALEXCO unha xunta extraordinaria de accionistas, onde se votaron tres ampliacións de capital, as dúas primeiras para converter en accións a favor de Abanca 35 millóns de euros que se lle debían a dito banco, e unha terceira aberta aos socios e outros afeccionados por valor doutros 35 millóns de euros. No acto estaban representadas 73.327 das 171.255 accións do club, un 42,81%, porcentaxe superior á mínima requirida para a validez da votación, que era dun 25%. A proposta precisaba do voto favorable de dous terzos do capital social representado, e obtivo finalmente o 96%. Deste xeito Abanca pasou a ser o accionista maioritario do Deportivo, cun 78% das accións, á espera da ampliación de capital aberta aos socios, con prazo do 1 de agosto ao 4 de outubro, e que dependendo do número de accións adquiridas, podería baixar a porcentaxe de Abanca ata un mínimo dun 43%.[89][90] Aprobouse tamén na xunta, cun 82,2% dos votos, a proposta do presidente Fernando Vidal de cesar ao conselleiro Miguel Otero, oposto ao acordo con Abanca.[91]

O 31 de xullo a Real Federación Española de Fútbol remitiu unha carta á Liga, ao Consello Superior de Deportes, ao Deportivo, ao Fuenlabrada e ao Numancia, coa súa proposta dunha Segunda División con 24 equipos para a tempada 2020/21, sen facer efectivos os descensos de Deportivo e Numancia.[92] Ese mesmo día pola tarde os afeccionados do Deportivo protagonizaron unha manifestación con centos de vehículos encabezados por Fernando Vázquez, para pedir xustiza para o equipo. Saíron dende o estadio de Riazor e percorreron varios lugares representativos da Coruña para rematar na sede da Real Federación Galega de Fútbol, cuxo presidente Rafael Louzán, mostrara tamén o seu apoio á causa do Deportivo.[93] Alí a Federación de Peñas do Deportivo leu un comunicado reclamando xustiza.[94]

Agosto

O 2 de agosto a Liga solicitoulle ao Deportivo que os xogadores se sometesen a probas PCR pola posibilidade de xogar contra o Fuenlabrada o 5 de agosto, pero o Deportivo negouse, entendendo que a situación non se adecúa nin aos protocolos da Liga respecto ao COVID-19 nin á situación da competición en Segunda.[95][96] Ao día seguinte un inspector da Liga acudiu á Cidade Deportiva de Abegondo para realizar as probas pero os xogadores non se presentaron.[97] O mesmo día Competición anunciou que fixaba o partido para o mércores 5 ás 20:00 horas en Riazor.[98] Finalmente o partido foi aprazado de novo para o venres 7.[99] O presidente Vidal anunciou que o equipo acudiría ao encontro.[100] O día 7 o Deportivo e o Numancia remitiron un escrito ao CSD pedindo a inhabilitación de Javier Tebas, presidente da liga, por abuso de autoridade, responsabilidade no desprazamento do Fuenlabrada á Coruña, incumprimento da normativa referente aos conflitos de interese (por ser o seu fillo secretario do Consello de Administración do Fuenlabrada) e incumprimento do protocolo COVID-19, entre outros motivos.[101]

Finalmente o Fuenlabrada acudiu a Riazor para xogar o partido aprazado fronte ao Deportivo con só 13 xogadores, dos cales só 7 eran profesionais. Gañou o Deportivo por 2-1 tras remontar o gol inicial do Fuenlabrada con dous goles de Claudio Beauvue, o último deles de penalti no minuto 95.[102] Con esta vitoria rematou a tempada no posto 19º con 51 puntos, sendo o único equipo na historia en descender a Segunda B con tal cantidade de puntos.[103]

O 17 de agosto o club inscribiuse tanto en Segunda División como en Segunda B, á espera da resolución dos procedementos abertos.[104] O 26 de agosto o Tribunal Administrativo do Deporte (TAD) rexeitou a petición do xuíz instrutor da RFEF que propoñía o descenso do Fuenlabrada e declarou que as competencias do caso eran da liga e non da Federación.[105] Ao día seguinte o CSD organizou unha reunión coa liga e a Federación para desbloquear a situación e chegar a un acordo entre as partes. Nesta reunión a idea dunha liga de 24 equipos foi rexeitada definitivamente, confirmando o descenso do Deportivo á Segunda B.[106]

Material deportivo

O equipamento do Deportivo é proporcionado por Macron e os patrocinadores son Estrella Galicia, Abanca e Luckia.

Persoal

Corpo técnico

CargoNome
AdestradorJuan Antonio Anquela (ata o 7 de outubro)
Luis César Sampedro (do 7 de outubro ao 27 de decembro)
Fernando Vázquez (dende o 29 de decembro)
2º adestradorJuanjo Carretero (ata outubro)
Alejandro Esteve (dende outubro)
Ad. de porteirosYván Castillo
Prep. físicoMoisés de Hoyo (ata novembro)
Marcos Marcén Monclús (ata decembro)
José Ángel Franganillo (ata decembro)
Manuel Pombo (dende decembro)
AnalistaDavid Sánchez (ata novembro)
Juan Iglesias (dende novembro)

Consello de administración

CargoNome
PresidentePaco Zas (ata o 27 de decembro)
Juan Antonio Armenteros (do 27 de decembro ao 14 de xaneiro)
Fernando Vidal (dende o 14 de xaneiro)
SecretarioJuan M. Sánchez-Padrós (ata decembro)
José Luis Queijeiro Fuentes (de decembro a xaneiro)
Juan Antonio Armenteros Cuetos (dende xaneiro)
ConselleirosJorge Borrajo (ata decembro)
Jesús Chapela (ata decembro)
Alberto Méndez (ata decembro)
Pablo Ruiz (ata decembro)
Manuel José Vázquez Martínez (dende decembro)
Federico García Poncet (dende decembro)
Argimiro Vázquez Guillén (dende decembro)
Ricardo González Fernández (dende decembro)
José Luis Queijeiro Fuentes (dende xaneiro)
Miguel Otero Santín (de xaneiro a xullo)

Mercado de fichaxes

Altas

DataPos.NomeProcedenciaPrezo
27 de xuño de 2019DEF Vassilis Lambropoulos AEK AtenasLibre
8 de xullo de 2019DIA Borja Galán AlcorcónFin da cesión
13 de xullo de 2019MED Ager Aketxe CádizLibre
14 de xullo de 2019MED Gaku Shibasaki GetafeLibre
16 de xullo de 2019POR Koke Vegas LevanteCedido
19 de xullo de 2019DIA Mamadou Koné LeganésCedido
5 de agosto de 2019DEF Luis Ruiz LugoLibre
9 de agosto de 2019MED Peru Nolaskoain Athletic ClubCedido
16 de agosto de 2019DIA Samuele Longo InternazionaleCedido
2 de setembro de 2019DEF Salva Ruiz ValenciaLibre
DEF Javi Montero Atlético de MadridCedido
DIA Víctor MollejoCedido
DIA Beto da Silva Tigres de la UANLCedido
DIA Saša Jovanovic Al-Fateh SCCedido
2 de xaneiro de 2020MED Emre Çolak Al-WehdaLibre
14 de xaneiro de 2020DIA Sabin Merino LeganésTraspaso
18 de xaneiro de 2020DIA Claudio Beauvue CeltaLibre
21 de xaneiro de 2020MED Uche Agbo Standard de LiègeCedido
25 de xaneiro de 2020DIA Hugo Vallejo Real MadridCedido
31 de xaneiro de 2020POR Aleksandar Jovanović HuescaCedido
31 de xaneiro de 2020MED Keko Gontán MálagaTraspaso
11 de febreiro de 2020DEF Abdoulaye Ba Rayo VallecanoCedido

Baixas

DataPos.NomeDestinoPrezo
30 de xuño de 2019DIA Pablo Marí Manchester CityFin da cesión
30 de xuño de 2019MED Didier Moreno Independiente MedellínFin da cesión
30 de xuño de 2019DEF Domingos Duarte Sporting CPFin da cesión
30 de xuño de 2019MED Nahuel Leiva OlympiacosFin da cesión
30 de xuño de 2019POR Adrián Ortolá BarcelonaFin da cesión
30 de xuño de 2019DIA Carlos Fernández SevillaFin da cesión
30 de xuño de 2019MED Michael Krohn-DehliFin do contratoLibre
30 de xuño de 2019DEF Íñigo LópezFin do contratoLibre
13 de xullo de 2019MED Edu Expósito Eibar4.000.000 €
13 de xullo de 2019DEF Sebastián Dubarbier BanfieldFin de contrato
14 de xullo de 2019DIA Quique González Eibar3.500.000 €
26 de xullo de 2019MED Domingos Duarte FeirenseFin de contrato
29 de xullo de 2019DEF Juanfran Moreno AlanyasporLibre
2 de agosto de 2019DEF Pedro Mosquera HuescaLibre
12 de agosto de 2019DEF Gerard Valentín LugoCedido
14 de agosto de 2019DEF Róber Pier Levante0 €
17 de agosto de 2019MED Fede Cartabia Shabab Al-AhliCedido
24 de agosto de 2019POR Francis Uzoho ElcheCedido
27 de agosto de 2019DIA Pedro Sánchez AlbaceteRescisión de contrato
2 de setembro de 2019DEF Saúl García Deportivo AlavésFin de contrato
2 de setembro de 2019DIA Diego Rolan FC JuárezCedido
3 de setembro de 2019DEF Diego Caballo ExtremaduraRescisión de contrato
25 de xaneiro de 2020MED Saša JovanovicFin do contratoRescisión de contrato
29 de xaneiro de 2020DIA Beto da Silva Tigres de la UANLRescisión de contrato
31 de xaneiro de 2020DIA Samuele Longo Venezia FCFin da cesión
31 de xaneiro de 2020DEF Vassilis Lambropoulos VfL BochumCedido
31 de xaneiro de 2020MED Borja Galán Racing de SantanderCedido
31 de xaneiro de 2020POR Koke Vegas LevanteFin da cesión
30 de xuño de 2020DIA Mamadou Koné LeganésFin da cesión
17 de xullo de 2020POR Francis Uzoho APOEL F.C.

Xogadores

No.Pos.Nac.NomeLigaCopaTotalDisciplina
AppsGolesAppsGolesAppsGoles
1POR Dani Giménez41000410
2DEF David Simón Rodríguez101001012
3DEF Michele Somma1411015131
4MED Álex Bergantiños381103902
5DEF Abdoulaye Ba3000301
6MED Peru Nolaskoain281102917
7DIA Borja Valle242102521
8MED Vicente Gómez2501026051
9DIA Christian Santos276102863
10MED Ager Aketxe397204173
11MED Víctor Mollejo3662038614
13POR Aleksandar Jovanović100010
14DEF Luis Ruiz140101504
15DEF Javi Montero29010310111
16DIA Sabin Merino185001852
17MED Emre Çolak1610016231
21DEF Salvador Ruiz260102701
22MED Gaku Shibasaki26010270411
23MED Keko Gontán7000701
24DEF Eneko Bóveda3111032111
25MED Uche Agbo9000901
26MED Javier Sánchez000000
28MED Tomás Bourdal000000
29DEF Mujaid Sadick280102904
30MED Yago Gandoy3010401
32MED David Sánchez100010
33MED Jorge Valín200020
35DIA Hugo Vallejo13100131

Deixaron o equipo

No.Pos.Nac.NomeLigaCopaTotalDisciplina
AppsGolesAppsGolesAppsGoles
5DEF Vassilis Lambropoulos172101822
12DIA Samuele Longo130211513
13POR Koke Vegas002020
15DIA Pedro Sánchez1000101
17DEF Diego Caballo2000201
18DIA Beto da Silva702090
20MED Saša Jovanovic111201312
21DIA Diego Rolan000000
23MED Borja Galán130101401
19DIA Mamadou Koné2241123552

Partidos

      Vitoria

      Empate

      Derrota

      Aprazado

Pretempada e amigables

Segunda División

Copa do Rei

Artigo principal: Copa do Rei de fútbol 2019/20.

Primeira eliminatoria

Segunda eliminatoria

Notas