Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Luis Álvarez .
Luis Walter Alvarez , nado en San Francisco en 1911 e finado o 11 de setembro de 1988 en Berkeley, California en 1988 , foi un físico e profesor universitario norteamericano galardoado co Premio Nobel de Física no ano 1968 .
Naceu o 13 de xuño de 1911 na cidade de San Francisco , en California neto do médico asturiano Luís F. Álvarez . Licenciouse en física pola Universidade de Chicago e conseguiu o doutoramento en 1936 .
Aínda que foi profesor da Universidade de Berkeley durante toda a súa carreira traballou tamén no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts entre os anos 1940 e 1943 , así como no laboratorio de Metalurxia da Universidade de Chicago entre 1943 e 1944 , e colaborou con Robert Oppenheimer no Proxecto Manhattan para a fabricación da bomba atómica .
Dirixiu a construción do primeiro acelerador de partículas lineal de protóns entre 1946 e 1947 e inventou a cámara de burbullas de hidróxeno líquido, coa cal identificou moitos estados de resonancia de partículas xa coñecidas. Ao longo da súa carreira tocou un amplo abanico de temas físicos, como os raios cósmicos (é o codescobridor do efecto Leste-Oeste ), física nuclear , tema en que estudou a captura de electróns K, a produción de neutróns lentos e descubriu a radioactividade do tricio e varios temas de física de altas enerxías.
En 1968 foi galardoado co Premio Nobel de Física polas súas contribucións na clasificación de partículas elementais grazas ao acelerador de partículas lineal .
Xunto ao seu fillo, o xeólogo Walter Alvarez , propuxo a teoría da extinción dos dinosauros por efecto da caída dun gran meteorito na península do Iucatán , México . No campo da arqueoloxía tamén se fixo famoso polo seu sistema para observar o interior das pirámides de Exipto a través dos raios X .
No seu nome bautizouse o asteroide (3581) Alvarez descuberto o 25 de abril de 1985 por Carolyn S. Shoemaker.
1901–1925 1926–1950 1951–1975 1951: Cockcroft , Walton 52: Bloch , Purcell 53: Zernike 54: Born , Bothe 55: Lamb , Kusch 56: Shockley , Bardeen , Brattain 57: Yang , Lee 58: Cherenkov , Frank , Tamm 59: Segrè , Chamberlain 60: Glaser 61: Hofstadter , Mössbauer 62: Landau 63: Wigner , Goeppert-Mayer , Jensen 64: Townes , Basov , Prokhorov 65: Tomonaga , Schwinger , Feynman , 66: Kastler 67: Bethe 68: Alvarez 69: Gell-Mann 70: Alfvén , Néel 71: Gabor 72: Bardeen , Cooper , Schrieffer 73: Esaki , Giaever , Josephson 74: Ryle , Hewish 75: A.Bohr , Mottelson , Rainwater 1976–2000 1976: Richter , Ting 77: Anderson , Mott , van Vleck 78: Kapitsa , Penzias , Wilson 79: Glashow , Salam , Weinberg 80: Cronin , Fitch 81: Bloembergen , Schawlow , Siegbahn 82: Wilson 83: Chandrasekhar , Fowler 84: Carlo Rubbia , van der Meer 85: von Klitzing 86: Ruska , Binnig , Rohrer 87: Bednorz , Müller 88: Lederman , Schwartz , Steinberger 89: Ramsey , Dehmelt , Paul 90: Friedman , Kendall , Taylor 91: de Gennes 92: Charpak 93: Hulse , Taylor 94: Brockhouse , Shull 95: Perl , Reines 96: D. Lee , Osheroff , Richardson 97: Chu , Cohen‑Tannoudji , Phillips 98: Laughlin , Störmer , Tsui 99: 't Hooft , Veltman 2000: Alferov , Kroemer , Kilby 2001– 2001: Cornell , Ketterle , Wieman 02: Davis , Koshiba , Giacconi 03: Abrikosov , Ginzburg , Leggett 04: Gross , Politzer , Wilczek 05: Glauber , Hall , Hänsch 06: Mather , Smoot 07: Grünberg , Fert 08: Kobayashi , Maskawa , Nambu 09: Kao , Boyle , Smith 10: A. Gueim , K. Novosiólov 11: Perlmutter , Riess , Schmidt 12: Haroche , Wineland 13: Englert , Higgs 14: Akasaki , Amano , Nakamura 15: Kajita , McDonald 16: Thouless , Haldane , Kosterlitz 17: Weiss , Barish , Thorne 18: Ashkin , Mourou , Strickland 19: Peebles , Mayor , Queloz 20: Penrose , Genzel , Ghez
Localizacións Administradores Científicos Operacións Armas Temas relacionados