Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ralph Fiennes Biografía Nacemento (en) Ralph Nathaniel Fiennes 22 de decembro de 1962 (61 anos)Ipswich, Reino Unido (pt) Embaixador de boa vontade de UNICEF Datos persoais País de nacionalidade Serbia (2017–) Reino Unido Educación Royal Academy of Dramatic Art - Actuación (–1985) Chelsea College of Art and Design (en) Newtown School, Waterford (en) St Kieran's College (en) Bishop Wordsworth's Church of England Grammar School (en) Altura 180 cm Actividade Ocupación actor de cinema , actor de teatro , actor , produtor de cinema , actor de xénero , director de cinema , actor de dobraxe , actor de televisión Período de actividade 1990 - Empregador UNICEF Xénero artístico Comedia shakespeariana Lingua Lingua inglesa Familia Cónxuxe Alex Kingston (1993–1997) , divorcio Parella Francesca Annibali (en) (1995–2006) Pais Mark Fiennes (pt) e Jennifer Lash (pt) Irmáns Sophie Fiennes (en) , Martha Fiennes (pt) , Joseph Fiennes e Magnus Fiennes (pt) Parentes Hero Fiennes-Tiffin (sobriño ) Premios
Ralph Nathaniel Twisleton-Wykeham-Fiennes , nado en Suffolk (Inglaterra ) o 22 de decembro de 1962 é un actor británico .
Apareceu en filmes como O paciente inglés , In Bruges , The Constant Gardener , Strange Days ou Sucedeu en Manhattan e foi nomeado dúas veces ao Oscar .
Fillo do fotógrafo e agricultor Mark Fiennes (1933-2004) e da escritora Jennifer Lash (1938-1993), Ralph é o máis vello dun total de seis fillos do matrimonio. Entre eles están o actor Joseph Fiennes e a directora Martha Fiennes, que dirixiu unha película baseada na novela do ruso Aleksandr Pushkin na que actuou o propio Ralph e que se titulou Onegin.
Fiennes en 2006.