Accidentes ferroviarios en Galicia

Desde a chegada do ferrocarril a Galicia foron diversos os accidentes sucedidos, xa fosen por circunstancias meteorolóxicas, por erros humanos, por neglixencias, ou mesmo por suicidio. Entre os máis graves poden citarse os seguintes:

Accidentes ferroviarios en Galicia
DataLugarDescriciónVítimas
16/09/1878Entre Redondela e Vigo, km 9Descarrilou o tren da liña Ourense-Vigo polo mal estado das travesas, quedando só a máquina na vía.Sen danos persoais
28/07/1881Viaduto de Madrid (Redondela)O condutor do tren mixto procedente de Tui golpeou coa cabeza o petril do viaduto mentres examinaba unha peza da parte inferior do furgón no que viña, e caeu ao baleiro
20/01/1886San Clodio (Ribas de Sil)Descarrilou un tren de viaxeiros por mor dunha forte nevarada que provocou o derrubamento dunha trincheira.Unha persoa morta e cinco feridas.
1895RedondelaColisión do tren Correo de Castela nº3 co de Vigo nº 26. Ás 23:48 entraron ó mesmo tempo en agullas. O xefe de estación alertou co disco anunciador ó tren de Vigo. O maquinista fixo retroceder o tren, máis o Correo de Castela procedente de Porriño non tivo tempo de frear.Doce persoas feridas.
26/02/1896Estación de RedondelaChocaron un tren correo e un mercadorías.Dúas persoas mortas e once feridas.
17/05/1899Chapela (Redondela)AtropeloFaleceu unha meniña de dous anos e medio.
17/04/1901O Coto (Cesantes, Redondela)Atropelo.Adelaida Figueroa, de 18 anos faleceu ao tentar salvar unha nena que se atopaba distraída na vía.
11/08/1901Estación de RedondelaUnha máquina e cinco vagóns descarrilados.Varias persoas feridos sen gravidade.
?/09/1902RedondelaAtropelo do tren correo.Rita Prieto Malde resultou ferida de gravidade nun brazo.
07/11/1902Preto da estación de San Clodio - QuirogaDescarrilou un tren de mercadorías.Unha persoa morta e catro feridas.
06/06/1906Preto do Barco de Valdeorras.Descarrilou un tren mixto.Unha persoa morta e outra ferida.
19/06/1908RedondelaO tren que viña de Vigo atropelou unha muller que caera á vía ao ser agredida por unha parella de bois que coidaba logo de que estes se asustasen polo ruído do tren ao saír do túnel.Morte de Regina Carrera.[1]
28/05/1910Entre o túnel dos Valos e o viaduto de RedondelaAtropelo do tren descendente nº 11Faleceu José Martínez Pérez.
18/12/1910Entre Arcade e RedondelaDescarrilamento por mor dun desprendemento de terras.Sen danos persoais.
14/05/1914Estación de RedondelaO tren rápido Vigo-Santiago rozou por un lateral cun tren de traballo que retrocedía da vía-apartado, do cal descarrilaron tres plataformas.Dous ou tres pasaxeiros feridos leves.
10/03/1915Entre as estacións da Frieira e Filgueira (Crecente)Un gran volume de rocha desprendeuse dun talude. Afectou á locomotora e seis unidades do convoi do tren correo Madrid-Vigo.19 persoas mortas e 25 feridas.[2].
12/11/1916Estación de BóvedaChoque de dous trens de mercadorías.Unha persoa morta e seis feridas.[3].
19/01/1917Estación das NevesDescarrilamento de cinco vagóns dun tren de mercancías cargado de mistos.[4]
27/09/1918Estación de RibadaviaDescarrila un tren rápido.Catro feridos.[5]
02/03/1919Proximidades de RedondelaCaen dous obreiros dun tren de carga ao pasar por un túnel.Un morto e un ferido grave.[6]
13/09/1922Estación de Monforte de LemosAtropelo de dúas mulleres.Un morto e un ferido.[7]
07/10/1928Paredes (Vilaboa)Descarrilou o correo matutino Pontevedra-Vigo, e o ténder da locomotora e varios vagóns caeron á enseada de San Simón por un terraplén de 7 metros. Dos vinte e catro vagóns do convoi, cinco eran de pasaxeiros, mais non se viron afectados ao iren na cola do tren.Unha persoa morreu ao saltar do tren en marcha cando viu que descarrilaba, e dúas persoas resultaron feridas.[8]
03/12/1928GuitirizUn tren de mercadorías atropela un coche nun paso a nivel, estoupando o depósito de gasolina.Tres mortos, entre eles o exhibidor cinematográfico Antonio Méndez Laserna.[9]
20/06/1929Estación de RedondelaAtropelo. Unha señora levaba no colo a súa filla pequena, e baixou do tren correo procedente de Monforte para coller o que se dirixía a Pontevedra, que xa iniciaba a marcha. Foi collida entre o estribo dun dos vagóns e o bordo da plataforma, e as rodas do tren amputáronlle un brazo á meniña.Unha ferida.
21/05/1930Estación de San ClodioAtropelo.Dous feridos.[10]
14/10/1930Entre a estación da Pousa (Crecente) e a estación de ArboDescarrilou o expreso Madrid-Vigo.Unha persoa morta e doce feridas.[11]
18/03/1931Estación de RedondelaAtropelo. Un mozo apeouse do tren, e ao tentar tomalo de novo cando xa estaba en marcha enganchouse da gabardina e caeu á vía. O tren arrastrouno uns metros aprisionado entre a plataforma e o estribo.Un ferido leve.
18/03/1931Estación de RedondelaO tren procedente de Santiago non deu freado e rebentou os topes situados ao final da vía morta, polo que descarrilou.O maquinista e algúns viaxeiros sufriron feridas leves.
05/10/1931Estación de VigoUn home é atropelado cando cruzaba a vía.Morte de Estanislao Méndez Treviño.[12]
10/02/1932Rande (Cedeira, Redondela)Un tren descarrilou a carón da Vidreira.Sen danos persoais.
23/03/1932Un home é atropelado cando trataba de subir ao tren.Un morto.[13]
10/07/1933Preto da estación de CurtisDescarrilou un furgón e dous coches do expreso Madrid-A Coruña.Tres persoas mortas e 47 feridas.
08/08/1933Proximidades da estación de BarallobreDescarrila un vagón de pasaxeiros unido a un tren de mercadorías.Sen danos persoais.[14]
23/09/1933Preto do viaduto de Pontevedra (Redondela)Atropelo, logo de que unha muller xorda non escoitase o trenUnha persoa morta.
11/10/1933Proximidades da estación de MontefuradoChocan o expreso de Galicia e un tren mixto.Nove feridos.[15]
?/11/1934Estación de RedondelaUn home caeu ao tentar subir ao tren correo de Pontevedra, e faleceu atropelado.Morte de Francisco Iglesias Lusquiños, de 65 anos.
11/10/1935Entre a estación de San Clodio - Quiroga e a estación da Pobra do BrollónDescarrilou un tren de mercadorías.Unha persoa morta e tres feridas.
17/10/1935Entre as estacións de Parga e BaamondeDescarrila un tren de mercadorías.Sen danos persoais.[16]
04/12/1935Estación de Monforte de LemosAtropelo dunha muller.Un morto.[17]
02/07/1936Estación do Norte (A Coruña)Unha máquina atropela un grupo de persoas que ían á beiravía.Cinco feridos.[18]
12/08/1939Túnel de RedondelaUn tren atropela unha muller e a súa filla, que intentaban subir.Morte de María Rodríguez, de 62 anos.[19]
20/09/1948Entre as estacións de Valos e RedondelaDescarrila un tren de mercadorías.Sen danos persoais.[20]
05/08/1948Entre Parga e BaamondeDescarrila un tren de mercadorías.Sen danos persoais.[21]
22/03/1949Estación de Betanzos - NorteUn tren choca cun automóbil nun paso a nivel.Dous mortos e dous feridos.[22]
16/07/1949As CuruxeirasUn tren choca cun automóbil nun paso a nivel.Un morto, un ferido e un desaparecido.[23]
19/07/1949Estación de ArcadeChocan dous trens.Catorce feridos.[24]
21/10/1949Paso a nivel de Paredes (Vilaboa)Unha camioneta é atropelada cando regresaba de Vigo a Pontevedra.Falecidos Rodolfo Estévez López e o director da Banda Popular de Marín, José R. Sampablo. Varios músicos feridos[25].
06/12/1950Preto da estación de Cecebre (Cambre)Choque do correo Madrid–A Coruña cun automotor.Cinco persoas mortas e arredor de dez feridas.[26].
27/11/1951Chapela (Redondela)Descarrilamento da máquina do tren mixto da liña Vigo-Madrid por un desprendemento de terra.Sen danos persoais.
30/12/1951Estación de RedondelaDescarrilamento dun coche de viaxeiros e o furgón de cola do tren mixto Vigo-Santiago cando manobraba na vía morta.Varios feridos, un deles de gravidade.
08/03/1952A Pobra de San Xiao (Láncara)Unha locomotora chocou contra un tren.Morreu o gardafreos.
18/03/1952Estación de RedondelaAtropelo do tren especial de Pontevedra mentres manobraba.Un ferido ao sufrir a amputación dun pé.
20/05/1952Entre a estación de Padrón e a estación da EscravitudeO expreso de Madrid a Santiago de Compostela chocou cun convoi de doce vagóns cisterna cargados de gasolina que se desprenderon da cola dun tren de mercadorías que o precedía na marcha. A colisión provocou a explosión de dúas das cisternas e o incendio de parte destas e de varias unidades do expreso.Doce persoas mortas e numerosas feridas.[27].
29/09/1952Estación de QuereñoDescarrila un tren de mercadorías.Dous feridos.[28]
28/11/1952Estación do Barco de ValdeorrasDescarrila un tren correo.Sen danos persoais.[29]
28/11/1952Estación dos PearesDescarrila un tren de mercadorías.Un ferido.[29]
07/01/1954Entre as estacións de Curtis e CesurasDescarrilamento de cinco vagóns do expreso Madrid-A Coruña.Un ferido leve.[30]
24/09/1954RábadeAtropelo.Un morto. O gardagullas Evangelista Rey Galán faleceu ao salvar a vida dun neno[31]
23/11/1954Viaduto da ChancaAtropelo.Un morto.[32]
09/12/1954Entre as estacións de Filgueira e RibadaviaDescarrila unha máquina de tren.Sen danos persoais.[33]
18/03/1955Viaduto da ChancaUn home caeu á vía mentres viaxaba no tren.Un ferido.[34]
24/03/1955Estación da CoruñaUn tren correo atropela unha muller.Morte de María de los Ángeles Valencia Fernández.[35]
10/12/1955Estación de LaxosaChocan un expreso CV 12 e o Shanghai 413.Sete feridos.[36]
19/01/1956Estación de RedondelaUn tren que entraba no depósito de máquinas chocou cunha locomotora que viña en dirección contraria.Dous feridos: o condutor e o fogueiro do tren de mercadorías.
17/08/1956Na estación de TeixeiroChocaron dous mercantes por un erro no cambio de agullas.Dúas persoas mortas e outras dúas feridas.
21/09/1956OurenseDescarrila un tren de mercadorías.Un morto e un ferido.[37]
29/09/1956Estación de LugoO expreso A Coruña-Madrid sofre un corte de tensión que provoca unha detención repentina e descarrilan algúns vagóns.Sen danos persoais.[38]
01/11/1956Entre as estacións da Pobra do Brollón e do FreixeiroVarios vagóns de mercadorías saen da vía.Dous feridos.[39]
04/12/1956Estación da Rúa - PetínDescarrilan cinco vagóns do correo Vigo-A Coruña-Madrid.Sen danos persoais.[40]
28/12/1956Entre a estación de Quereño (Rubiá) e a estación de Sobradelo (Carballeda de Valdeorras)Descarrilou o expreso Madrid-A Coruña.Cinco persoas mortas e 49 feridas.[41].
02/06/1957Túnel entre as estacións de Areas e Santo EstevoDescarrila un tren de mercadorías.Dous feridos.[42]
22/07/1957Na estación de Vilagarcía de Arousa.Bateron de fronte dous trens de viaxeiros das liñas A Coruña-Vigo e Vigo-Santiago de Compostela, por un erro na posición dos cambios de agullas.39 persoas feridas.
02/09/1957Proximidades da estación de PontevedraUn tren atropela un rapaz de catorce anos.Un morto.[43]
04/09/1957Estación do FreixeiroDescarrilan dous vagóns con cemento e salvado.Un ferido grave.[44]
21/03/1958Chapela (Redondela)O tren curto de Pontevedra descarrilou a uns 700 metros da estación de Chapela. Un dos vagóns quedou a uns centímetros dun desnivel de 30 metros, ao fondo do cal había casas habitadas.Sen danos persoais.
05/07/1958Ponte de San XoánUn tren atropela un home.Un morto.[45]
26/08/1958Entre as estacións de Chapela e VigoAtropelo.Un morto.[46]
27/10/1958Estación de Santo Estevo do SilDescarrila un tren de mercadorías.Sen danos persoais.[47]
28/10/1958Estación de Ourense-EmpalmeChoca unha máquina diésel coa máquina dun expreso.Catro feridos.[48]
03/01/1959Un tren atropela un home.Un morto.[49]
03/01/1959Estación de SarriaUn tren atropela unha muller.Un ferido moi grave.[49]
23/03/1960Salvaterra de MiñoAtropelo.Un morto.[50]
12/08/1960Estación de RibadaviaChoque de dous trens.Once feridos graves.[51]
15/05/1961VerínAtropelo.Un morto.[52]
01/05/1962Atropelo.Un morto.[53]
20/12/1963Preto da estación de Oural (Sarria)Descarrilaron varios vagóns dun tren mercadorías.Unha persoa morta e dúas feridas.
02/01/1964Baños de MolgasDescarrilou a locomotora do tren da liña Ourense-Zamora ao saír do túnel 88. Caeu nun camiño polo que circulaba un ciclista, que faleceu.Unha persoa morta.
01/01/1966Proximidades da estación da Pobra do BrollónAtropelado un traballador das vías.Un morto.[54]
29/09/1967Entre Ribeiras de Lea e Outeiro de ReiAtropelo.Un morto.[55]
29/09/1967Paso a nivel do SalgueiralAtropelo.Un morto.[55]
13/12/1967Estación de OurenseAtropelo.Unha muller sofre a amputación dunha perna.[56]
25/01/1968Estación de RubiánDescarrilou un tren con cemento.Unha persoa morta e outra ferida.[57].
27/08/1968Proximidades de FozUn home suicídase arroxándose ao tren.Un morto.[58]
18/01/1969Alba (Pontevedra)Descarrilou o rápido Vigo-A Coruña ao abrandar as terras por mor das choivas. A locomotora e varios vagóns precipitáronse por un terraplén.Dúas persoas mortas, 37 feridas e dúas desaparecidas (o maquinista e un axudante)[59].
15/02/1969Estación de Baños de MolgasUn traballador esvara ao subir ao tren en marcha.Un morto.[60]
24/09/1969BegonteAtropelo.Un morto.[61]
17/07/1970LazaDescarrila un vagón do expreso Madrid-A Coruña.Sen danos persoais.[62]
12/04/1971LazaDescarrilan dous vagóns do Ter.Sen danos persoais.[63]
01/12/1971Paso a nivel de Pumares-SobradeloChoque dun tren cun automóbil nun paso a nivel.Tres mortos.[64]
14/07/1973Covas (Viveiro)Descarrilou un vagón de pasaxeiros do FEVE na liña Ferrol-Xixón.Catro persoas mortas e dúas feridas. O maior accidente en liña de vía estreita en Galicia.
02/11/1973Entre O Porriño e RedondelaDescarrila un tren de mercadorías.[65]
10/05/1974Proximidades da estación da Pobra do BrollónDescarrila un tren de mercadorías.Sen danos persoais.[66]
30/08/1974Estación da Ponte TaboadaDescarrila un tren de mercadorías na Ponte Taboada.Catro vagóns caen sobre o río Deza en Prado (Lalín)[67][68]
15/04/1975TaboadelaChocaron unha locomotora e dous tractores de manobras que circulaban en dobre composición.Dúas persoas mortas e seis feridas.
12/08/1975Entre Bamio e a estación de Vilagarcía de ArousaDescarrilou un ferrobús que realizaba o percorrido entre Santiago de Compostela e Vigo.Seis persoas mortas e máis de corenta feridas.[69].
04/11/1975Provincia de LugoUn tren choca cun autobús nun paso a nivel.Doce feridos.[70]
08/11/1975Entre a estación de Laza e a estación de Vilar de BarrioO expreso Rías Baixas da liña Madrid-Pontevedra descarrilou no interior dun túnel.Cinco persoas mortas e 9 feridas.[71].
09/12/1975Sobradelo, Carballeda de ValdeorrasRotura dunha vía.Sen danos persoais.[72]
23/12/1975Descarrilan tres vagóns do expreso Rías Altas.Sen danos persoais.[73]
05/03/1976Entre as estacións de Oural e RubiánAtropelo.Un morto.[74]
25/03/1976Sobradelo, Carballeda de ValdeorrasUn neno cae dun tren.Un ferido leve.[75]
11/05/1976Casabranca, Oza, A CoruñaDescarrila un vagón do expreso A Coruña-Madrid.Dúas persoas feridas.[76]
09/09/1976Rande (Redondela)[77].O expreso 2745 Santiago de Compostela-Vigo chocou cunha locomotora.O balance oficial do accidente foi de 15 persoas mortas e 35 feridas, mais outras fontes sinalaron vinte mortos.[78].
10/02/1977Estación de BóvedaUn expreso entra nunha vía morta e choca co edificio da estación.Nove feridos.[79]
05/04/1981Estación de Oza dos RíosO expreso A Coruña-Irún e o semidirecto Monforte-A Coruña chocaron frontalmente por un erro na posición dos cambios de agullas.38 persoas feridas.
09/04/1981A Pousa (Crecente)Descarrilou o expreso Barcelona-Vigo.24 persoas feridas.
06/10/1985Parga (Guitiriz)Un tren choca cun automóbil nun paso a nivel.Dúas persoas falecidas, Jesús Ferros Castro e Delia Iglesias Piñeiro[80]
16/04/1987Provincia de OurenseChocan un tren correo e o vagón de cola do “Rías Altas”.Seis feridos.[81]
14/10/1987Santiago de CompostelaDescarrila un tren Talgo por mor dun derrubamento.Doce feridos.[82]
30/10/1993Preto dos Peares.Atropelo no interior dun túnel.Tres adolescentes mortos[83]
26/12/1995Estación de GuitirizUn tren de mercadorías choca co expreso A Coruña-Barcelona.Sen danos persoais[84]
27/08/2000Preto da estación de Barra de Miño (Coles)Un turismo foi atropelado por un tren nun paso a nivel sen barreiras.Catro persoas mortas e unha ferida de gravidade.[85].
8/10/2000Boebre (Pontedeume)Descarrila un tren de época que conmemoraba o 125 aniversario da liña Lugo-A Coruña.Sen danos persoais.[86]
18/11/2000VigoUn rexional TRD da liña Coruña-Vigo choca co tope da estación23 persoas feridas[87]
21/10/2001Portela (Barro)Descarrilamento do tren Costa de Galicia por un desprendemento de terra debido ás choivas.Sen danos persoais[88]
10/09/2002Figueirido (Vilaboa)O tren rexional A Coruña-Vigo bateu contra un tractor que caera á vía desde unha estrada paralela.Un ferido leve.[89]
07/12/2004Monte Porreiro (Mourente, Pontevedra)Atropelo.Un home de 62 anos falecido. Posible suicidio.[90]
19/12/2004Figueirido (Vilaboa)Atropelo do TRD A Coruña-Vigo.Un mozo de 22 anos falecido. Posible suicidio.[90]
13/04/2005Salcedo (Pontevedra)Unha pa escavadora golpeou un tren rexional R-598 da liña Vigo-A CoruñaSeis persoas feridas.[91]
25/04/2007ValgaNun paso a nivel un tren rexional atropelou un turismo.Tres persoas mortas, os ocupantes do coche.[92].
30/10/2007Paredes (Vilaboa)O tren rexional Vigo-A Coruña atropelou un home de 78 anos.Un ferido de gravidade.[93].
03/01/2008A carón da estación de PontecesuresDescarrilamento do R-598 A Coruña-VigoSen danos persoais.[94]
17/03/2009Salcedo (Pontevedra)AtropeloUnha persoa ferida.[95]
16/01/2010OurenseAtropelo dunha rapazaUnha rapaza ferida[96]
19/07/2011Cerponzóns (Pontevedra)Choque nun paso a nivel do rexional Vigo-A Coruña cun camión nas obras do eixe atlántico de alta velocidade.Tres persoas feridas.[97].
15/04/2012O PorriñoO tren Vigo-Madrid atropelou un home nun paso a nivelUnha persoa morta.[98]
12/05/2012CatoiraO tren rexional A Coruña-Vigo atropelou unha persoa.Un home morto.[99]
24/07/2013Curva da Grandeira, en Angrois (Santiago de Compostela)O Alvia 730 da liña Madrid-Santiago de Compostela descarrilou por exceso de velocidade.80 persoas mortas e 144 feridas. Véxase accidente de Angrois.
07/03/2014PontecesuresAtropelo dunha vacaUnha vaca morta.[100]
15/04/2014Ponte Sampaio (Pontevedra)Descarrilou un tren de mercadorías.Sen danos persoais.[101].
21/05/2014Ponte sobre o río Lérez, en Lérez (Pontevedra)AtropeloUnha persoa morta. Posible suicidio.[102]
04/09/2014Bamio (Vilagarcía de Arousa)AtropeloUnha muller morta.[103]
9/02/2015Estación da Susana, Santiago de CompostelaUn tren de mercadorías que estaba a facer manobras de enganche de vagóns chocou contra un tope de final de víaTres vagóns descarrilados. Sen danos persoais.[104]
26/03/2015Mos, preto da Estación do PorriñoO tren da liña entre Valença do Minho e Vigo atropelou unha mullerUnha muller falecida.[105]
19/06/2015Louredo (Mos)Un tren de mercadorías bateu contra un coche que caera á vía desde a estrada N-550Sen danos persoais.[106]
30/08/2016Bamio (Vilagarcía de Arousa)Un tren atropelou un rapaz de 20 anosUn home falecido.[107]
09/09/2016O PorriñoDescarrilou un tren da liña Vigo-Porto, chocando contra un poste eléctricoCatro persoas mortas e máis de corenta feridas.[108][109] Véxase accidente ferroviario do Porriño.
17/11/2016PontevedraUn tren atropelou unha persoaUnha persoa morta.[110]
11/07/2017Figueirido, VilaboaUn tren atropelou unha persoa na entrada ao túnel de Canaval desde ArcadeUnha muller morta[111]
01/12/2017A CoruñaO tren da liña A Coruña-Monforte de Lemos atropelou unha persoaUnha muller morta[112]
25/04/2018A CoruñaAtropelo dunha persoa no túnel do CasabrancaUnha muller morta[113]
27/06/2018Vilaronte, FozAtropelo dunha persoaUnha muller morta[114]
10/11/2018Portela (Barro)Choque contra unha árbore caídaSen danos persoais[115]
28/07/2020Sobradelo (Carballeda de Valdeorras)Descarrilamento dun tren de mercadorías na liña entre Monforte de Lemos e PonferradaSen danos persoais[116]
03/12/2020Reariz (Alba, Pontevedra)Descarrilamento[117]Sen danos persoais
07/11/2021NedaAtropeloUn home falecido[118]
12/07/2023Recimil (Lugo). Liña Palencia - A Coruña, km 423Colisión en paso a nivelDou homes falecidos (J.C.R., de 21 anos e M.F.R., de 19) e outro ferido (J.F.G., de 22 anos), todos eles traballadores da infraestrutura ferroviaria[119]
23/08/2023Valencia do Sil (Vilamartín de Valdeorras)Descarrilamento dun tren de mercadorías[120]Sen danos persoais
09/10/2023Filgueira (Crecente)AtropeloUn home morto[121]
11/10/2023As Casas Baratas (O Barco de Valdeorras)[122]AtropeloUn home falecido: M.M.L., de 47 anos[123]
2/01/2024O Vicedo[124]Caída dunha árboreSen danos persoais

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

🔥 Top keywords: