Alhazen
Abu Ali al-Hasan Ibn Al-Haitham (en árabe: أبو علي، الحسن بن الحسن بن الهيثم), latinizado como Alhazen, nado en Basora en 965 e finado no Cairo en 1040, foi un matemático e astrónomo árabe.
Alhazen | |
Nome orixinal | (ar) أبو علي الحسن بن الحسن بن الهيثم البصري المصري |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (ar) أَبُو عَلِيّ ٱلْحَسَنٌ بْن ٱلْحَسَنٌ بْن ٱلْهَيْثَم 1 de xullo de 965 EC[1] (354 CM)[2] Basora (Dinastia Buyida) |
Morte | 6 de marzo de 1040 (74 anos)[1] (430 CM)[3] O Cairo, Exipto, Califato fatimida |
Datos persoais | |
Residencia | Basora e O Cairo |
Relixión | Islam |
Actividade | |
Campo de traballo | óptica, astronomía, matemáticas |
Ocupación | matemático , inventor , astrólogo , astrónomo , físico , filósofo , enxeñeiro |
Alumnos | Al-Mubashshir ibn Fatik (pt) |
Influencias | Averroes, Roger Bacon, Witelo |
Influencias en | |
Lingua | Árabe e lingua persa |
Obra | |
Obras destacables
|
Traxectoria
Físico e matemático árabe, Alhazen foi pioneiro no estudo da óptica, enxeñería e astronomía. Segundo Giambattista della Porta, foi o primeiro en explicar o fenómeno dos corpos celestes no horizonte, aínda que Roger Bacon atribúe este descubrimento a Tolomeo.
O seu tratado de óptica Kitab al-Manazir foi traducido ao latín por Witelo en 1270, a obra gozou de gran reputación durante a Idade Media. O libro de Alhazen é posiblemente o traballo máis antigo en usar o método científico: Alhazen empregou os resultados de experimentos para probar as súas teorías. A influencia de Alhazen chegou ata Francis Bacon e Johannes Kepler.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Lorch, Richard (2008). "Ibn al-Haytham". Encyclopædia Britannica. Consultado o 2008-08-06.