Estereorradián

unidade de ángulo sólido do Sistema Internacional de Unidades

estereorradián[1] é unha unidade derivada do SI que mide ángulos sólidos. É o equivalente tridimensional do radián. O seu símbolo é sr.[2]

Definición

O estereorradián defínese facendo referencia a unha esfera de radio r. Se a área dunha porción desta esfera é r², un estereorradián é o ángulo sólido comprendido entre esta porción e o centro da esfera.[3]

Explicación da definición

O ángulo sólido en estereorradiáns, é:

Onde é a superficie cuberta polo obxecto nunha esfera imaxinaria de radio , cuxo centro coincide co vértice do ángulo.[3]

Por tanto, un estereorradián é o ángulo que cobre unha superficie a unha distancia do vértice.[1]

Analoxía co radián

En dúas dimensións, o ángulo en radiáns está relacionado coa lonxitude de arco, e é:

sendo s a lonxitude de arco, e r o radio do círculo.

Ángulo dun casquete esférico

O cono (1) e o casquete esférico (2) dentro da esfera.

Se a área  é igual a e vén dada pola área dun casquete esférico.

entón cúmprese que

.

Entón o ángulo sólido descrito polo cono que corresponde ao ángulo (plano, véxase a figura) é igual a:[2]

.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

🔥 Top keywords: