Invasión rusa de Ucraína

invasión de Ucraína por parte de Rusia a partir do 24 de febreiro de 2022

O 24 de febreiro de 2022, Rusia comezou unha invasión militar en Ucraína, un dos seus países veciños do suroeste. Os primeiros informes declararon esta invasión como a maior operación militar de guerra convencional en Europa dende a segunda guerra mundial.[30][31] Este suceso marcou un aumento na escalada da violencia na actual guerra ruso-ucraína, a cal comezou en febreiro de 2014.

Invasión rusa de Ucraína de 2022
Parte de Guerra ruso-ucraína

Mapa dos territorios ocupados por Rusia en Ucraína.
Data24 de febreiro de 2022 - presente
LugarUcraína
ResultadoAs tropas rusas entran en Ucraína dende Rusia, Crimea e Belarús[1]
Belixerantes
Apoiados por:
Líderes
  • Vladimir Putin
  • Mikhail Mishustin
  • Sergey Shoygu
  • Sergey Lavrov
  • Valery Gerasimov
  • Denis Pushilin
  • Vladimir Pashkov
  • Leonid Pasechnik
  • Sergey Kozlov
  • Ucraína Volodymyr Zelenskyi
  • Ucraína Denys Shmyhal
  • Ucraína Oleksii Reznikov
  • Ucraína Dmytro Kuleba
  • Ucraína Oleksii Danilov
  • Ucraína Valerii Zaluzhnyi
  • Ucraína Serhiy Shaptala
  • Ucraína Ruslan Khomchak

A invasión estivo precedida por unha prolongada acumulación militar rusa dende principios de 2021 e polas demandas de Rusia para prohibir legalmente a Ucraína a unirse á OTAN.[32] Nos días anteriores á invasión, Rusia recoñeceu as autoproclamadas República Popular de Donetsk e da República Popular de Luhansk, e fixo entrar ás Forzas Armadas de Rusia na rexión de Donbás, no leste de Ucraína, o 21 de febreiro de 2022.

Sobre as 06:00 de Moscova (UTC+3), o presidente ruso Vladimir Putin anunciou unha operación militar no leste de Ucraína; minutos despois, comezaron os ataques con mísiles en lugares de todo o país, incluso na capital Kíiv. O Servizo de Fronteiras de Ucraína afirmou que os seus postos fronteirizos con Rusia e Belarús foron atacados.[33][34] Dúas horas máis tarde as forzas terrestres rusas entraron no país.[32] O presidente ucraíno Volodymyr Zelenskyi respondeu promulgando a lei marcial, interrompendo as relacións entre Rusia e Ucraína e anunciando a mobilización xeral da poboación. A invasión motivou que varios países condenasen o ataque e impuxesen severas sancións a Rusia,[35] e ademais producíronse mobilizacións en contra da guerra en Rusia que foron sufocadas con arrestos masivos.[36][37]

Notas

Referencias

Véxase tamén

Outros artigos

🔥 Top keywords: