Pobo iézidi

Os iézidis[13] (ou tamén en kurdo: Yezidi, Êzidî, Êzdîtî, armenio: Եզդի Yezdi, ruso: Езиды Ezidy, turco: Yezidi) é un grupo etnorelixioso kurdo. Segundo algunhas fontes, a súa relixión está conectada co antigo zoroastrismo e sufismo, mentres que outras fontes coidan que é unha combinación de xiísmo e islam sufí xunto con tradicións folclóricas locais.[14][15] Viven principalmente na provincia de Nínive do norte de Iraq, unha rexión outrora parte da antiga Asiria e capital do Imperio Neoasirio. Tamén existen comunidades en Armenia, Xeorxia e Siria que están a declinar dende a década de 1990 como resultado dunha significativa migración a Europa, especialmente a Alemaña.[16] Os iézidis cren en Deus como creador do mundo, que foi posto baixo a protección de sete "seres sagrados" ou anxos, sendo o seu "xefe" (arcanxo) Melek Taus, o "Anxo pavón".

Pobo iézidi
Iézidis na montaña Sinjar, na fronteira entre Iraq e Siria, na década de 1920.
Poboación
Poboación total:
700 000[1][2][3]
Rexións principais:
Iraq650 000[4]
Alemaña Alemaña60 000[1][5]
Siria50 000[6][7]
Rusia Rusia40 586[8]
Armenia35 272[9]
Xeorxia Xeorxia20 843 (18 000 en Tbilisi)[10]
Suecia Suecia4 000[5]
Turquía Turquía377 (Os refuxiados non incluídos)[11]
Dinamarca Dinamarca500[12]
Aspectos culturais
LinguaKurdo e árabe
RelixiónIezidismo

Notas

🔥 Top keywords: