Pobo taxico

grupo étnico de Asia

Os taxicos (en persa: تاجيک: Tājīk, en taxico: Тоҷик) son un grupo étnico iraniano falante de persa[4] orixinario de Afganistán, Taxiquistán e Uzbekistán. Os taxicos son o meirande grupo étnico de Taxiquistán, e o segundo grupo étnico de Afganistán, onde constitúen a metade da poboación global taxica. Falan diferentes variedades da lingua persa. En Taxiquistán, dende o censo soviético de 1939, os grupos pamiri e yaghnobi son incluídos como taxicos.[5] Na China, o termo é usado para referirse ós pamiri, os taxicos de Xinjiang.[6][7] En Afganistán, os pamiris son contados como un grupo étnico separado.[8]

Pobo taxico
Poboación
Poboación total:
c  18–27 millóns
Rexións principais:
Afganistán9 450 000–11 550 000 (2014)
27–33%[1]
Taxiquistán6 787 000 (2014)[2]
Uzbekistán1 420 000 (2012, oficial)
outras fontes non oficiais estiman 8 – 11 millóns[3]
Paquistán300 000–1 200 000
Rusia Rusia201 000
Aspectos culturais
LinguaPersa (dari e taxico)
Relixión Maioritariamente islam

Notas

🔥 Top keywords: