A

letra do alfabeto galego

O A é a primeira letra do alfabeto galego, e representa a vogal máis aberta da lingua galega.

Abecedario
AaBbCcDdEe
FfGgHhIiLl
MmNnÑñOoPp
QqRrSsTtUu
VvXxZz
 Non galego: Çç - Jj - Kk - Ww - Yy 

Pode ter a función de artigo determinado feminino singular (a bolboreta), ou de preposición con distintos valores (axudar a alguén, ir a Santiago).

Tamén pode ser un prefixo de orixe latina con valor de aproximación ou dirección (achegar, asentar), ou un prefixo de orixe grega con valor de negación (apolítico, anormalidade).

Historia

A letra A ten a súa orixe nun pictograma dunha cabeza de boi da escrita xeroglífica exipcia ou do alfabeto ugarítico. Cara ao ano 1600 a.C. os fenicios déronlle unha forma liñal que serviu de base para todas as formas posteriores da letra.

Usos

Astronomía

A indica, segundo a clasificación de Harvard, unha clase espectral de estrela de gran luminosidade, cor azul e temperatura entre 8.000 e 12 000 °C. O seu compoñente principal é o hidróxeno. Estrelas deste tipo son Sirio, Altair e Vega.

A indica que un asteroide foi descuberto entre o 1 e o 15 de xaneiro.

Bioquímica

Na codificación dos aminoácidos ordinarios, A é a abreviatura de alanina.
Na codificación dos ácidos nucleicos, A é a abreviatura da adenina.
A indica o grupo sanguíneo no que os glóbulos vermellos só portan aglutinas A.

Electrónica

A é o símbolo do amperio, unidade de medida da corrente eléctrica.
A é o tamaño estándar da batería.

Filosofía

A é o símbolo da proposición universal afirmativa.
Coa fórmula "A = A" indícase o principio de identidade.
Coa fórmula "A = non A" indícase o principio de contradición.

Física

A representa o número de masa do átomo.
Coeficiente A de Einstein da emisión espontánea de radiación.
a é o símbolo da área, unidade de superficie, e tamén símbolo da aceleración.

Informática

En Unicode o A é U+0041 e o a é U+0061.
En ASCII o A é 65 e o a é 97.
En código binario A é 01000001 e a é 01100001.

Mecánica

a é o símbolo da aceleración (vectorial).

Química

O ácido A é un derivado sulfúrico da naftalina.

Tamén é a abreviatura en bioquímica da adenosina, unha base dos ácidos nucleicos (ADN ou ARN).

Xeografía

A é símbolo de Austria.

Véxase tamén

Entradas da enciclopedia que comezan por A

🔥 Top keywords: