Economía de Ucraína

Despois da Rusia, a Ucraína era de lonxe a máis importante economía da antiga Unión Soviética, producindo 4 veces máis que a república seguinte. O seu solo fértil xeraba case 1/4 da produción agrícola soviética, e as súas facendas producían grandes cantidades de carne, leite, grans e vexetais para outras repúblicas[1].

Economía de Ucraína
Moedahryvnia
Organizacións comerciais de que fai parteOMC, CEI, GUAM
Datos estatísticos[1]
PIB306,3 mil millóns (2010)
Posición do PIB40ª no mundo[2]
Crecemento do PIB4,3% (2010)
PIB per cápita$ 6700 (2010)
PIB por sectoragricultura 9,8%, industria 32,3%, comercio e servizos 57,9% (2010)
Inflación9,8% (2010)
Poboación abaixo da limiar de pobrezadato non dispoñíbel
Total da forza de traballo22,06 millóns (2010)
Forza de traballo por sectoragricultura 15,8%, industria 18,5%, comercio e servizos 65,7% (2008)
Desemprego8,4% (2010)
Industriascarbón mineral, enerxía eléctrica, metais ferrosos e non ferrosos, máquinas e equipamentos de transporte, produtos químicos, procesamento de alimentos
Parcerías comerciais[1]
Exportacións49,71 mil millóns (2010)
Produtos de exportaciónmetais ferrosos e non-ferrosos, petróleo e derivados, produtos químicos, máquinas e equipamentos de transporte, alimentos
Principais mercadosRusia 21,1%, Turquía 5,3%, República Popular da China 3,8%, (2009)
Importacións53,54 mil millóns (2010)
Principais produtos importadosEnerxía eléctrica, máquinas e equipamentos, produtos químicos
Finanzas públicas[1]
Débeda externa97,5 mil millóns (2010)
Ingresosdato non dispoñible
Gastosdato non dispoñible

Ucraína ten uns 40 millóns de hectáreas de terreo agrícola (70 % do país), sendo a agricultura a que xera as máis importantes exportacións.[3] A explotación intensiva dos solos negros e fértiles do cinto agrícola ucraíno tornaron o país nun gran produtor de trigo e remolacha. Outros cultivos importantes son: cebada, millo, leguminosas, pataca, avea, centeo, paínzo e trigo sarraceno. Os principais cultivos industriais son os de remolacha e de semente de xirasol. Cultívanse tamén froitas e hortalizas nos arredores das grandes cidades. A cría de gando bovino e suíño dáse en todo o pais.

Ucraína conta con ricos xacementos de manganeso no Donbas. Esa rexión é o centro industrial do país e un dos principais complexos mineiro-metalúrxicos e de industria pesada da Europa. Ucraína é tamén un importante produtor de gas natural e de petróleo, aínda que as reservas deses combustíbeis fósiles teñan sido excesivamente explotadas durante o período soviético.

O Donbas presenta tamén industrias metalúrxicas altamente desenvolvidas, que producen ferro e aceiro en grandes cantidades.

Notas

🔥 Top keywords: