Mesut Özil

futbolista alemán

Mesut Özil, nado en Gelsenkirchen o 15 de outubro de 1988, é un ex-futbolista alemán que xogaba de centrocampista.

Mesut Özil
Özil en 2019.
Información persoal
NomeMesut Özil
Nacemento15 de outubro de 1988 (35 anos)
Lugar de nacementoGelsenkirchen
Altura1,83 m.
PosiciónCentrocampista
Carreira xuvenil
1995–1998Westfalia 04 Gelsenkirchen
1998–1999Teutonia Schalke-Nord
1999–2000Falke Gelsenkirchen
2000–2005Rot-Weiss Essen
2005–2006Schalke 04
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
2006–2008Schalke 0430(0)
2008–2010Werder Bremen71(13)
2010–2013Real Madrid104(19)
2013–2021Arsenal85(16)
2021–2022Fenerbahçe32(8)
2022–2023İstanbul Başakşehir4(0)
Selección nacional
2006–2007Alemaña sub-1911(4)
2007–2009Alemaña sub-2116(5)
2009–2019Alemaña79(20)
Na rede
http://www.mesutoezil.com/
IMDB: nm3932946 Instagram: m10_official Twitch: mesutozil FIFA: 305036 UEFA: 103697 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria

En 2005 incorporou ás categorías inferiores do Schalke 04. Na súa primeira tempada, co equipo xuvenil A do Schalke, Özil marcou 10 goles e gañou a Bundesliga sub-19. O 12 de agosto de 2006 disputou o seu primeiro partido da Bundesliga contra o Eintracht de Frankfurt. En xaneiro de 2008, o equipo renano anunciou que desestimaba prolongar o contrato de Özil, que terminaba en 2009.

O 31 de xaneiro de 2008, Özil fichou polo Werder Bremen, nunha operación na que o equipo verdibranco desembolsou 4,3 millóns de euros. O 26 de abril anotou contra o Karlsruhe o seu primeiro gol na Bundesliga. Na tempada 2008/09 gañou a Copa de Alemaña co Werder, anotando o gol da vitoria do seu equipo na final fronte ao Bayer Leverkusen. O 1 de maio de 2010 disputou o seu partido número 100 en primeira división.

Mesut Özil, que tiña contrato co Werder Bremen ata o 30 de xuño de 2011, foi contratado polo Real Madrid CF o 17 de agosto de 2010. O montante da operación ascendeu a 15 millóns de euros. O seu partido de debut co Real Madrid CF foi o 22 de agosto de 2010 contra o Hércules Club de Fútbol, partido que gañou o club madrileño por 3-1. Anotou o seu primeiro gol como merengue o 3 de outubro contra o Deportivo da Coruña, partido que terminou con marcador final de 6 a 1 a favor do equipo madrileño. No partido contra o AC Milan do 20 de outubro de 2010 anotou o seu primeiro gol en Champions League, no minuto 14, tras un pase de Cristiano Ronaldo.

O 2 de setembro de 2013, día límite de traspasos, Özil fichou polo Arsenal FC, a cambio duns 45 millóns de euros, e asinou un acordo de cinco anos co club inglés.[1]

Palmarés

Campionatos nacionais

TítuloClubPaísAno
Subcampión da 1. BundesligaSchalke 04 Alemaña2007
Subcampión da 1. BundesligaWerder Bremen Alemaña2008
Copa de AlemañaWerder Bremen Alemaña2009
Subcampión da Copa de AlemañaWerder Bremen Alemaña2010
Primeira DivisiónReal Madrid España2011/12
Copa do ReiReal Madrid España2010/11
Supercopa de EspañaReal Madrid España2012

Copas internacionais

TítuloClubPaísAno
Eurocopa Sub-21Selección de Alemaña Suecia2009
Subcampión da Copa da UEFAWerder Bremen Turquía2009
Terceiro porso na Copa do Mundo de FútbolSelección de Alemaña Suráfrica2010

Distincións individuais

DistinciónAno
Futbolista do mes na Bundesligasetembro de 2008
Mellor xogador da primeira volta da Bundesliga2009
Futbolista do mes na Bundesliganovembro de 2009
Nomeado ao Balón de Ouro no Mundial 20102010
Terceiro mellor gol no Mundial 20102010

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: