Zuzana Čaputová

política eslovaca

Zuzana Čaputová, nada o 21 de xuño de 1973 como Zuzana Strapáková, é unha política, avogada e activista eslovaca, actual presidenta de Eslovaquia dende o 15 de xuño de 2019. Čaputová é a primeira muller que ocupa a presidencia, así como a presidenta máis nova da historia de Eslovaquia, accedendo ao cargo con 45 anos.[1]

Infotaula de personaZuzana Čaputová

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(sk) Zuzana Strapáková Editar o valor em Wikidata
21 de xuño de 1973 Editar o valor em Wikidata (50 anos)
Bratislava Editar o valor em Wikidata
Presidente de Eslovaquia
15 de xuño de 2019 –
← Andrej Kiska
Datos persoais
País de nacionalidadeEslovaquia (1993–)
Checoslovaquia (1973–1992) Editar o valor em Wikidata
EducaciónFaculty of Law at Comenius University in Bratislava (en) Traducir - ciencias do dereito (1991–1996)
Universidade Comenius de Bratislava - Mestrado (1991–1996) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoDereito, Q113958160 Traducir e política Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónxurista , ecoloxista , activista , política , avogada Editar o valor em Wikidata
Partido políticoProgressive Slovakia (en) Traducir (2017–2019) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua eslovaca, lingua rusa e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeIvan Čaputa (–2018), divorcio
ParellaJuraj Rizman (en) Traducir (2020–)
Peter Konečný (en) Traducir (2018–2019) Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm10511992 Facebook: zcaputova Twitter: ZuzanaCaputova Instagram: zuzana_caputova Telegram: ZuzanaCaputova LinkedIn: zuzana-caputova Youtube: UCpKEbrT6wer3TCrr4IC2WwA Editar o valor em Wikidata

Deuse a coñecer nunha loita dunha década contra a localización dun vertedoiro tóxico na súa cidade natal de Pezinok. Por isto, Čaputová foi galardoada co Premio Medioambiental Goldman en 2016.

Čaputová gañou as eleccións de 2019 para a presidencia cun 58% dos votos en segunda volta.[2]

Traxectoria

Zuzana Strapáková naceu no seo dunha familia de clase traballadora[3] en Bratislava.[4] Viviu na cidade próxima de Pezinok,[4] por aquel entón de Checoslovaquia, durante as dúas primeiras décadas da súa vida. Describiu o ambiente da súa crianza como "de mente aberta".[3]

Estudou na Facultade de Dereito da Universidade Comenius de Bratislava,[4] graduándose en 1996.[5] Entre 1998 e 1999 completou o ciclo formativo "Xestión Xeral - Xestión do Cambio" e en 1999 o curso ARK - Mediación, acreditado polo Ministerio de Educación de Eslovaquia.[6]

Carreira

Despois de concluír a súa educación, Čaputová traballou no goberno local de Pezinok, primeiro como axudante no departamento xurídico, e despois como deputada ao alcalde da cidade.[7]

Máis tarde, trasladouse ao sector sen ánimo de lucro da Open Society, onde se ocupou da administración pública e o problema dos nenos maltratados e explotados. Posteriormente, traballou como responsable de proxecto na asociación cívica EQ Klub no desenvolvemento da comunidade local.[8]

Entre 2001 e 2017, Čaputová traballou con Via Iuris, unha organización cívica, como avogada (desde 2010),[7] e con Greenpeace na planificación de campañas.[9] En Pezinok estivo á fronte dunha campaña pública contra a autorización doutro vertedoiro que agravaría a contaminación do solo, do aire e da auga da cidade e dos seus arredores. A loita contra o vertedoiro culminou en 2013, cando a Corte Suprema de Eslovaquia sentenciou que o novo vertedoiro era ilegal e violaba as normas ambientais.[10]

Čaputová dirixiu o seu propio bufete de avogados e é autora de varias publicacións. É membro de Alliance Law Alliance Worldwide (ELAW), unha rede de avogados e xuristas ambientais.[11]

Actividades políticas

Čaputová falando aos xornalistas, 2019

En decembro de 2017, 'Čaputová anunciou a súa entrada no emerxente partido político Eslovaquia Progresista e, en xaneiro de 2018, foi elixida vicepresidenta no primeiro congreso do partido. Como membro cofundador[12] de Eslovaquia Progresista, un partido socio-liberal e progresista non parlamentario, exerceu como presidenta adxunta ata marzo de 2019, cando renunciou debido á súa candidatura presidencial.[13] Čaputová foi a candidata do partido nas eleccións presidenciais de Eslovaquia de 2019[14] e foi elixida presidenta na segunda volta, despois de recibir máis do 58% dos votos e vencer ao seu opoñente, o vicepresidente da Comisión Europea Maroš Šefčovič, un independente que estaba apoiado polo partido dominante Smer-SD.[15]

Presidencia

Čaputová e Robert Mistrík, candidato inicial que se retirou e lle deu o seu apoio.

Nunha rolda de prensa celebrada o 29 de marzo de 2018, Čaputová anunciou a súa candidatura á presidencia da Eslovaquia na carreira presidencial de 2019, sendo apoiada por Eslovaquia Progresista, xunto con Liberdade e Solidariedade e SPOLU, despois de que o seu principal rival, Robert Mistrík, se retirase da carreira e a apoiase a ela o 26 de febreiro de 2019.[16] Dixo que se sentiu obrigada a presentar a candidata á presidencia despois do asasinato do xornalista investigador Ján Kuciak.[17][18][19]

Čaputová gañou a primeira volta das eleccións o 16 de marzo de 2019, cun 40,57% dos votos. Despois derrotou ao segundo máis votado, Maroš Šefčovič, por un 58% contra un 42% na segunda volta o 30 de marzo de 2019.[20] A participación na segunda volta, de só o 41,79%, foi a menor de todas votacións dese tipo de eleccións en Eslovaquia. O número de votos cos que Čaputová foi elixida para o cargo foi tamén o máis baixo para calquera presidente eslovaco elixido directamente ata a data.[21] A súa toma de posesión tivo lugar o 15 de xuño de 2019 durante unha sesión especial do Consello Nacional en Bratislava.[22]

Posicións políticas

Igualdade

Na páxina web da súa campaña, Čaputová dicía que "a xustiza en Eslovaquia non se aplica igualmente a todos". De acordo coas súas declaracións durante a campaña, planea introducir cambios no sistema xudicial policial e xudicial de Eslovaquia. Realizou unha campaña para que a policía fose unha institución independente sen influencia política, encabezada por un profesional imparcial con servizo contrastado. Ademais afirma que é necesario transformar a fiscalía nunha institución xestionada publicamente.[23]

Medio ambiente

Čaputová é unha activista ambiental que foi comparada a miúdo coa estadounidense Erin Brockovich.[24][25] sostén que a protección ambiental debería incluír a paralización da deforestación ilegal e que o 5% do territorio máis valioso para o medio ambiente debería permanecer como unha zona estritamente protexida.[23]

Dereitos LGBT

Čaputová declarou que apoia as parellas de feito do mesmo sexo e a educación da poboación en xeral sobre estas relacións. Nunha discusión organizada por SME Journal, falou sobre a posibilidade de adopción por parte de parellas gais: "Prefiro que o neno teña unha nai biolóxica e un pai biolóxico. Se tivese que medrar nun orfanato, creo que estaría mellor con dous seres queridos, aínda que sexan do mesmo sexo".[26]

Aborto e dereitos reprodutivos

Čaputová apoia o mantemento do statu quo no que se refire ao aborto e aos dereitos reprodutivos: "Se hai unha situación extrema e o dilema está entre decidir se adoptar unha norma legal que invadirá a vida persoal dos cidadáns ou deixar a responsabilidade ás mulleres e á súa elección persoal, elixo a responsabilidade dunha muller".[27]

Vida persoal

Čaputová está divorciada e ten dúas fillas.[1] Practica ioga zen.[3] Aínda vive en Pezinok.[1]

Premios

Čaputová (terceira pola dereita) xunto aos outros gañadores do premio Goldman en 2016 e Nancy Pelosi.

Polo seu decidido esforzo no asunto da vertedura de Pezinok, Čaputová foi galardoada co Premio Medioambiental Goldman en 2016.[28] Os premiados con este galardón son seleccionados por un xurado internacional e expertos de todo o mundo que se distinguiron por ter un impacto duradeiro e significativo na protección ambiental. O premio Goldman foille entregado a Čaputová en San Francisco. A súa loita longa e finalmente triunfadora foi comparada coa do estadounidense Erin Brockovich.[14] O texto do premio establece que foi galardoada pola súa "campaña implacable contra a apertura dun vertedoiro na cidade de Pezinok, que, se de ser aberto, agravaría aínda máis os posibles riscos para a saúde e contribuiría á "contaminación urbana".[29] Como recoñecemento ao seu esforzo pola democracia europea, Čaputová foi galardoada co premio europeo de cultura política en agosto de 2019.[30]

Honras

Honras nacionais

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: