O gascón é a variedade máis occidental da lingua occitana, abondo diferente do resto dos dialectos do occitano, non só debido a un substrato vasco, se non que existen diferenzas léxicas, morfolóxicas e sintácticas propias do gascón que non se dan nos outros dialectos. Por estas diferenciacións algúns lingüistas afirmaron e afirman que se trata dunha lingua diferente[Cómpre referencia].
O gascón divídese en varios subdialectos entre os cales domina por tradición secular a variedade bearnesa (que na parte pirenaica presenta unhas peculiaridades que o afastan do occitano). Estas variedades pirenaicas presentan tendencias peculiares como o artigo eth (feminino era), a conservación posible do son [-a] final átono polo grafema -a final e, máis localmente, uns plurais femininos en [es]. O aranés, un subdialecto do gascón na zona pirenaica, transcribe xeralmente esta particularidade coa grafía -es no canto de -as). O bearnés, ademais das peculiaridades pirenaicas, presenta as mesmas variedades dialectais que o resto do gascón. A única discrepancia que existe hoxe en día é a maneira de escribir a lingua, habendo dúas formas distintas de grafías.
Gramática, características léxicas e fonolóxicaseditar a fonte
A morfoloxía é moi conservadora e o léxico posúe unha serie de palabras características.Entre os préstamos procedentes do aquitano e do vasco antigo inclúense termos alusivos a plantas, animais, paisaxes, agricultura, clima e vida social.
Algunhas características léxicas e fonolóxicas:
Nunha parte do territorio gascón (vales de Aspe e Barétous en Béarn) consérvanse as intervocálicas xordas, como nalgúns dialectos aragoneses (natau, do latínnatale(m); réco de rica “rego, suco”.
O latín f pasa a h: filium > hilh (“fillo”); farina > haria; flore > hlor ("flor")
Como o galego e portugués, perda do -n- intervocálico: luna > lua ("lúa")
Como no catalán, nd > n: vendere > béne “vender”);
conservación de kw e gw como no ibero-romance (quando pasa a quan; xermánicowardon pasa a guardar “observar, gardar” (mentres que no resto dos dialectos occitanos desaparece o "u").
Como o vasco, o gascón desenvolve unha vogal protética ante r- inicial: rota > arròda; *racimu > arrasim.