Fósforo (elemento)

O fósforo (P) é o elemento número 15 da táboa periódica; isto é, ten 15 protóns no seu núcleo, e, en estado neutro, outros tantos electróns. É un non metal multivalente pertencente ao grupo do nitróxeno, que se atopa na natureza combinado en fosfatos inorgánicos e en organismos vivos, pero nunca en estado nativo. É moi reactivo e oxídase espontáneamente en contacto có osíxeno atmosférico emitindo luz, dando nome ao fenómeno da fosforescencia.

Fósforo
N
 
 
15
P
 
        
        
                  
                  
                                
                                
P
As
SilicioFósforoXofre
Táboa periódica dos elementos
[[Ficheiro:{{{espectro}}}|300px|center]]
Liñas espectrais do Fósforo
Información xeral
Nome, símbolo, númeroFósforo, P, 15
Serie químicaNon metal
Grupo, período, bloque15, 3, p
Densidade1823 kg/m3
Dureza{{{dureza}}}
AparenciaIncoloro / vermello / branco prateado
N° CAS
N° EINECS
Propiedades atómicas
Masa atómica30,973761998(5)[1] u
Raio medio100 pm
Raio atómico (calc)98 pm
Raio covalente106 pm
Raio de van der Waals180 pm
Configuración electrónica[Ne]3s2 3p3
Electróns por nivel de enerxía
Estado(s) de oxidación±3, 1, 5 (levemente ácido)
Óxido
Estrutura cristalinamonoclínica
Propiedades físicas
Estado ordinarioSólido
Punto de fusión317,3 K
Punto de ebulición550 K
Punto de inflamabilidade{{{P_inflamabilidade}}} K
Entalpía de vaporización12,129 kJ/mol
Entalpía de fusión0,657 kJ/mol
Presión de vapor20,8
Temperatura crítica K
Presión crítica Pa
Volume molarm3/mol
Velocidade do sonm/s a 293.15 K (20 °C)
Varios
Electronegatividade (Pauling)2,19
Calor específicaJ/(K·kg)
Condutividade eléctrica1,0 × 10-9 S/m
Condutividade térmica0,235 W/(K·m)
1.ª Enerxía de ionización1011,8 kJ/mol
2.ª Enerxía de ionización1907 kJ/mol
3.ª Enerxía de ionización2914,1 kJ/mol
4.ª Enerxía de ionización4963,6 kJ/mol
5.ª Enerxía de ionización6273,9 kJ/mol
6.ª Enerxía de ionización{{{E_ionización6}}} kJ/mol
7.ª Enerxía de ionización{{{E_ionización7}}} kJ/mol
8.ª enerxía de ionización{{{E_ionización8}}} kJ/mol
9.ª Enerxía de ionización{{{E_ionización9}}} kJ/mol
10.ª Enerxía de ionización{{{E_ionización10}}} kJ/mol
Isótopos máis estables
isoANPeríodoMDEdPD
MeV
31P100%estable con 16 neutróns
32P14,28 díasβ-32S
Unidades segundo o SI e en condicións normais de presión e temperatura, salvo indicación contraria.

Historia

O fósforo —do latín phosphŏrus, e este do grego φωσφόρος, portador de luz— antigo nome do planeta Venus, foi descuberto polo alquimista alemán Hennig Brand en 1669 en Hamburgo, ao destilar unha mestura de ouriños e area mentres buscaba a pedra filosofal. Ao evapora-la urea obtivo un material branco que brillaba na escuridade e ardía coma unha chama brillante. Dende entón ás substancias que brillan na escuridade sen arder chámaselles fosforescentes. Brand mantivo o seu descubrimento en segredo pero outro alquimista alemán, Kunckel, redescubriuno en 1677.

Función biolóxica

Os compostos de fósforo interveñen en funcións vitais para os seres vivos, polo que está considerado coma un elemento químico esencial. Forma parte das moléculas de ADN e ARN. As células emprégano para almacenar e transportar a enerxía mediante o adenosín trifosfato. Ademais a adición i eliminación de grupos fosfato ás proteínas, fosforilación e desfosforilación respectivamente, é o mecanismo principal para regula-la actividade de proteínas intracelulares, e dese modo o metabolismo das células eucariotas tales coma os espermatozoides.

Abundancia e obtención

Debido á súa reactividade, o fósforo non se atopa nativo na natureza, pero forma parte de numerosos minerais. A apatita é unha importante fonte de fósforo, existindo importantes xacementos en Marrocos, Rusia i Estados Unidos entre outros países.

A forma alotrópica branca pódese obter por distintos procedementos; nun deles, o fosfato tricálcico obtido das rochas quéntase nun forno a 1450 °C en presenza de silicio e carbono, reducindo o fósforo que se libera en forma de vapor.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: