Actinio

elemento químico de número atómico 89

O actinio é un elemento químico de símbolo Ac e número atómico 89. É unha das terras raras e dá nome a unha da series, a dos actínidos.

Actinio
[[Ficheiro:|200px]]
La
 
 
89
Ac
 
        
        
                  
                  
                                
                                
Ac
-
RadioActinioTorio
Táboa periódica dos elementos
[[Ficheiro:{{{espectro}}}|300px|center]]
Liñas espectrais do Actinio
Información xeral
Nome, símbolo, númeroActinio, Ac, 89
Serie químicaActínidos
Grupo, período, bloque3, 7, f
Densidade10,070 kg/m3
Dureza{{{dureza}}}
AparenciaPrateado
N° CAS7440-34-8
N° EINECS
Propiedades atómicas
Masa atómica227 u
Raio medio195 pm
Raio atómico (calc)pm
Raio covalentepm
Raio de van der Waalspm
Configuración electrónicaRn 6d 17s2
Electróns por nivel de enerxía2, 8, 18, 32, 18, 9, 2
Estado(s) de oxidación3 (neutro)
Óxido
Estrutura cristalinacúbica centrada nas caras
Propiedades físicas
Estado ordinarioSólido
Punto de fusión1323 K
Punto de ebulición3471 K
Punto de inflamabilidade{{{P_inflamabilidade}}} K
Entalpía de vaporizaciónkJ/mol
Entalpía de fusión62 kJ/mol
Presión de vapor
Temperatura crítica K
Presión crítica Pa
Volume molar{{{volume_molar}}} m3/mol
Velocidade do son{{{velocidade}}} m/s a 293.15 K (20 °C)
Varios
Electronegatividade (Pauling)1,1
Calor específica{{{calor_específica}}} J/(K·kg)
Condutividade eléctricaS/m
Condutividade térmica12 W/(K·m)
1.ª Enerxía de ionización499 kJ/mol
2.ª Enerxía de ionización1170 kJ/mol
3.ª Enerxía de ionizaciónkJ/mol
4.ª Enerxía de ionización{{{E_ionización4}}} kJ/mol
5.ª Enerxía de ionización{{{E_ionización5}}} kJ/mol
6.ª Enerxía de ionización{{{E_ionización6}}} kJ/mol
7.ª Enerxía de ionización{{{E_ionización7}}} kJ/mol
8.ª enerxía de ionización{{{E_ionización8}}} kJ/mol
9.ª Enerxía de ionización{{{E_ionización9}}} kJ/mol
10.ª Enerxía de ionización{{{E_ionización10}}} kJ/mol
Isótopos máis estables
isoANPeríodoMDEdPD
MeV
225AcSintético10 dα5,935221Fr
226AcSintético29,37 hβ-1,117226Th
226AcSintético29,37 hε0,640226Ra
226AcSintético29,37 hα5,536222Fr
227Ac10021,773 aβ-0,045227Th
227Ac10021,773 aα5,042223Fr
Unidades segundo o SI e en condicións normais de presión e temperatura, salvo indicación contraria.

Características principais

É un elemento metálico, radioactivo de cor prateada. Debido á súa intensa radioactividade brilla na escuridade cunha luz azulada. O isótopo Ac-227 que se atopa, só en trazas, nos minerais de uranio, é un emisor de partículas α e β cun período de semidesintegración de 21,773 anos. Unha tonelada de mineral de uranio contén preto de 0,1 g de actinio. O seu comportamento químico é moi similar ao do resto das terras raras e particularmente ao do lantano.

Aplicacións

A súa radioactividade é da orde de 150 veces a do radio, facéndolle útil como fonte de neutróns; á marxe diso, non ten aplicacións industriais significativas. O Ac-225 emprégase en medicina na produción de Bi-213 para radioterapia.

Historia

O actinio (do grego ακτις, ακτινoς, raio luminoso), foi descuberto en 1899 polo químico francés André-Louis Debierne que o obtivo da pechblenda. En 1902 foi descuberto, de forma independente, por Friedrich Otto Giesel.

Abundancia e obtención

Atópanse trazas de actinio (AC-227) en minerais de uranio, pero comunmente obtéñense pequenas cantidades (da orde de miligramos) bombardeando Ra-226 con neutróns nun reactor nuclear. O metal obtense mediante a redución do fluoruro de actinio con vapor de litio a 1100-1300 °C.

Isótopos

O isótopo radioactivo Ac-227 é o único que se atopa na natureza e é o máis estable da trintena de isótopos identificados cun período de semidesintegración de 21 773 anos, seguido do Ac-225 (10 días) e Ac-226 (29,37 horas). O resto de isótopos teñen períodos de semidesintegración inferiores ás 10 horas e a maioría deles menores dun minuto. O Ac-228, da serie do Th-232 coñécese como mesotorio 2.

O Ac-227 alcanza o equilibrio cos seus produtos de desintegración transcorridos 185 días, transmutándose posteriormente conforme un período de semidesintegración de 21 773 anos.

Precaucións

O Ac-227 é extremadamente radioactivo e tendo en conta os seus potenciais efectos sobre a saúde, é tan perigoso como o plutonio. A inxestión, ata en pequenas cantidades, pode causar danos moi graves.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: