Grupo da táboa periódica

Un grupo ou familia da táboa periódica é cada unha das columnas verticais da táboa. Os grupos adoitan ter tendencias periódicas máis significativas que os períodos e os bloques. As teorías mecánico cuánticas modernas sobre a estrutura atómica explican as tendencias dos grupos propoñendo que os elementos dentro do mesmo grupo xeralmente teñen a mesma configuración electrónica na súa capa de valencia.[1] Consecuentemente, os elementos do mesmo grupo tenden a ter unha química compartida e exhiben unha clara tendencia nas propiedades cun número atómico crecente.[2] Porén, nalgunhas partes da táboa periódica como o bloque-d e o bloque-f, as semellanzas horizontais poden ser tan importantes ou incluso máis pronunciadas que as semellanzas verticais.[3][4][5]

Seguindo a convención internacional de nomes, os grupos numéranse dende o 1 ata o 18 dende a columna máis á esquerda (os metais alcalinos) ata a columna máis á dereita (os gases nobres).[6] Previamente os grupos indicábanse con números romanos. En América, os números romanos ían seguidos dunha "A" se o grupo estaba no bloque s ou p, ou dunha "B" se o grupo estaba no bloque d. Os números romanos utilizados corresponden co último díxito da convención de nomes actual. En Europa as letras eran semellantes, pero a "A" utilizábase se o grupo estaba antes do grupo 10 e a "B" para este grupo e os seguintes. A maiores, os grupos 8, 9 e 10 adoitaban tratarse coma un grupo triplo, coñecido de forma colectiva en ámbalas dúas notacións como o grupo VIII. En 1988 entrou en vigor o novo sistema de nomeamento da IUPAC, desbotando os nomes anteriores.[7] Algúns destes grupos recibiron nomes triviais non sistemáticos, malia que algúns destes nomes non son de uso habitual. Os grupos do 3 ó 10 non teñen nomes triviais e noméanse simplemente polo seu número de grupo ou polo nome do primeiro membro do grupo, xa que estes teñen poucas semellanzas e tendencias verticais.[6]

Os elementos dun mesmo grupo tenden a seguir uns padróns de raio atómico, enerxía de ionización e electronegatividade. De arriba a abaixo nun grupo, os raios atómicos dos elementos aumentan, e xa que van tendo progresivamente máis niveis de enerxía cheos, os seus electróns de valencia atópanse máis lonxe do núcleo progresivamente. Dende a parte superior, cada elemento sucesivo ten unha menor enerxía de ionización xa que vai resultando máis doado eliminar un electrón, xa que os átomos presentan unha unión cada vez menor. De forma semellante, os grupos presentan unha diminución da electronegatividade de arriba a abaixo por mor da cada vez maior distancia entre os electróns de valencia e os núcleos.[8] Porén, existen excepcións a estas tendencias. Por exemplo, no grupo 11, a electronegatividade increméntase nos elementos inferiores do grupo.[9]

Grupos da táboa periódica
Grupo IUPAC123aa456789101112131415161718
Mendeleiev (I–VIII)IAIIAIIIBIVBVBVIBVIIBVIIIBIBIIBIIIBIVBVBVIBVIIBb
CAS (EUA, A-B-A)IAIIAIIIBIVBVBVIBVIIBVIIIBIBIIBIIIAIVAVAVIAVIIAVIIIA
Antigo IUPAC (Europa, A-B)IAIIAIIIAIVAVAVIAVIIAVIIIBIBIIBIIIBIVBVBVIBVIIB0
Nome trivialMetais alcalinosMetais alcalinotérreosrMetais de cuñaxeMetais volátilesIcoxasenosCristalóxenosNitroxenoidesrCalcóxenosrHalóxenosrGases nobresr
Nome por elementorGrupo do litioGrupo do berilioGrupo do escandioGrupo do titanioGrupo do vanadioGrupo do cromoGrupo do manganesGrupo do ferroGrupo do cobaltoGrupo do níquelGrupo do cobreGrupo do cincGrupo do boroGrupo do carbonoGrupo do nitróxenoGrupo do osíxenoGrupo do flúorGrupo do helio ou neon
Período 1h H hHe
Período 2LiBeBCNOFNe
Período 3NaMgAlSiPSClAr
Período 4KCaScTiVCrMnFeCoNiCuZnGaGeAsSeBrKr
Período 5RbSrYZrNbMoTcRuRhPdAgCdInSnSbTeIXe
Período 6CsBaLaCe–LuHfTaWReOsIrPtAuHgTlPbBiPoAtRn
Período 7FrRaAcTh–LrRfDbSgBhHsMtDsRgCnNhFlMcLvTsOg
a O grupo 3 inclúe o escandio (Sc) e o itrio (Y). Para o resto do grupo, as fontes diferencian entre (1) lutecio (Lu) e laurencio (Lr), ou (2) lantano (La) e actinio (Ac), ou (3) o conxunto completo de 15+15 lantánidos e actínidos. A IUPAC comezou a finais de 2015 un proxecto para estandarizar a definición ben como (1) "Sc, Y, Lu e Lr", ou (2) "Sc, Y, La e Ac".[10]
b O grupo 18, os gases nobres, non foran descubertos cando Mendeleiev publicou a súa táboa orixinal. Posteriormente en 1902 Mendeleiev aceptou as evidencias da súa existencia indicando que poderían situarse nun novo "grupo 0", mantendo a consistencia e sen rachar o principio da táboa periódica.[11][12]
r Nome do grupo segundo recomenda a IUPAC.[13]
h O hidróxeno (H), malia situarse no grupo 1, non se considera parte dos metais alcalinos.[14]

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

🔥 Top keywords: