Mundial de Fútbol de 2006

evento futbolístico internacional cuatrianual
(Redirección desde «Mundial de Fútbol 2006»)

O Mundial de Fútbol (ou Copa do mundo) Alemaña 2006 realizouse por segunda vez en Alemaña (a primeira vez foi no ano 1974, en Alemaña Occidental). Foi o país sede e polo tanto o único pre-clasificado. Por primeira vez na historia do campionato, o campión do torneo anterior (no caso, a selección brasileira) precisou disputar as eliminatorias previas para poder defender o dereito de participar no torneo. Trinta e dous países participaron na Copa de 2006, cuxa final aconteceu o día 9 de xullo.

Modelo:Competición deportivaMundial de Fútbol de 2006
TipoCopa do Mundo de Fútbol Editar o valor em Wikidata
LemaA time to make friends (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
MascotaGoleo VI (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
OrganizadorFIFA Editar o valor em Wikidata
Composto por
Número de participantes32 Editar o valor em Wikidata
Participantes
Localización  e  Datas
LocalizaciónVolksparkstadion (Altona)
Estadio Olímpico de Berlín (Charlottenburg-Wilmersdorf (pt) Traducir)
HDI-Arena (pt) Traducir (Mitte (en) Traducir)
Veltins-Arena (Gelsenkirchen-Nord (en) Traducir)
Signal Iduna Park (Dortmund)
Red Bull Arena (Leipzig)
RheinEnergieStadion (pt) Traducir (Müngersdorf)
Deutsche Bank Park (Frankfurt-Süd (en) Traducir)
Fritz-Walter-Stadion (pt) Traducir (Kaiserslautern)
Frankenstadion (pt) Traducir (Núremberg)
MHPArena (Bad Cannstatt (pt) Traducir)
Allianz Arena (Schwabing-Freimann (pt) Traducir) Editar o valor em Wikidata
PaísAlemaña Editar o valor em Wikidata
Intervalo de tempo9 de xuño de 2006 – 9 de xullo de 2006 Editar o valor em Wikidata
Número de edición18  (2006) Editar o valor em Wikidata
Competición
Primeiro postoItalia Editar o valor em Wikidata
Datos estatísticos
Partidos64 Editar o valor em Wikidata
Goles147 Editar o valor em Wikidata
Máis goles marcadosMiroslav KloseAlemaña (5) Editar o valor em Wikidata
Número de espectadores3.359.439 Editar o valor em Wikidata

A decisión de confiar a Alemaña a organización do torneo foi controvertida, xa que se esperaba que o campionato ocorrese en Suráfrica. Os outros países candidatos á organización eran Inglaterra, Marrocos e o Brasil. Desde que se fixo a escolla, o órgano que controla mundialmente o fútbol, a FIFA, afirmou publicamente a súa intención de rotar o país sede entre as súas confederacións integrantes. A sede para o Mundial seguinte foi escollida logo en seguida: Suráfrica albergará os partidos do Mundial de Fútbol Suráfrica 2010. Como preparación para a competición, a FIFA organizou a Copa das Confederacións 2005 en Alemaña, torneo gañado por Brasil. Agárdase que a Copa do Mundo de 2014 sexa en América do Sur.

Segundo cos resultados obtidos nas eliminatorias, os 32 países clasificados son: Alemaña (previamente clasificada como país sede), Arxentina, Brasil, Paraguai, Ecuador, México, Estados Unidos de América, Trinidad e Tobago, Costa Rica, Portugal, España, Inglaterra, Francia, Italia, Suíza, Suecia, República Checa, Ucraína, Serbia e Montenegro, Países Baixos (Holanda), Croacia, Polonia, Togo, Ghana, Angola, Costa do Marfil, Tunisia, Xapón, Arabia Saudita, Irán, Corea do Sur e Australia.

Por primeira vez na historia dos Mundiais de Fútbol, tres países lusófonos estiveron presentes (Portugal, Angola e o Brasil). E é a primeira vez, tamén, que a Concacaf terá catro representantes (EUA, México, Costa Rica e Trinidad e Tobago), o mesmo número que os de América do Sur e Asia.

Teamgeist™ ("espírito de equipo"). Balón oficial do campionato.

Expectativas antes do torneo

Países participantes

A Selección brasileira de fútbol era unha das grandes favoritas, do mesmo xeito que a Selección arxentina, a Selección inglesa e a Selección italiana. A pesar de ter obtido bos resultados nas últimas copas e xogar en casa, a Selección alemá non era favorita. Unha enquisa publicada o 16 de marzo de 2006 apuntaba que so o 3% dos alemáns crían na vitoria. Para esas baixas expectativas xermanas, contou a derrota contra a selección italiana por 4-1 no día 1 de marzo nun amigable preparatorio para o torneo.

O escepticismo da poboación reflectíase nos propios xogadores alemáns. O capitán e principal xogador da selección, Michael Ballack, deu unha entrevista ó seminario deportivo alemán "Sport-Bild" no día 9 de maio afirmando que o equipo é novo e con pouca experiencia, e que non sería unha sorpresa se fose eliminada na primeira fase.

Diego Armando Maradona declarou o 4 de abril de 2006 que consideraba a Brasil como principal favorita, lugar que non lle atribuía a Arxentina. Nas súas palabras: "Se non fora Brasil, despois vén Inglaterra, Italia e Alemaña"

Pelé, cando lle preguntaron sobre cal sería o favorito na súa opinión, preferiu calar, por ter errado tódalas veces que se pronunciou sobre a selección favorita: en 1994, dixo que sería a Colombia; en 1998, dixo que a España era o mellor equipo, e o Brasil tiña problemas na defensa; e en 2002, debido á mala campaña do Brasil nas eliminatorias, seleccións coma Inglaterra, Portugal, Suecia e Arxentina eran as súas preferidas. A menos dun mes do torneo, Pelé acabou admitindo que non cría na vitoria do Brasil. Para Pelé, os favoritos sempre perden. Moi criticado no seu país por tal declaración, Pelé curiosamente atinou: o Brasil acabaría eliminado por Francia nos cuartos de final.

A revista semanal alemá Stern indicou, nunha sondaxe realizada polo instituto Forsa, que entrevistou a 1000 alemáns, que o 17% dos entrevistados non cría que a súa selección pasara da primeira fase, aínda que o grupo da selección anfitrioa era considerado un grupo "frouxo". A pesar de todo, o pobo alemán apoia ao técnico pois, de acordo coa mesma sondaxe, o 66% cren que debe permanecer no cargo mesmo si o equipo perde o partido de preparación contra a selección dos EUA o 22 de marzo, en Dortmund, unha das cidades sede da Copa.

Nunha sondaxe de decembro de 2004, a revista "Sport Bild" indicou que apenas o 10,4% dos alemáns crían no título. Repetíndoa en abril, a porcentaxe diminuí ata o 5%, acreditando o 29,1% que a selección será eliminada en oitavos de final e o 10,8% pensando que sería eliminada na primeira fase. O adestrador Jürgen Klinsmann contaba co apoio dun 60% dos entrevistados.

Entre os brasileiros a expectativa era de que a selección trouxese o título novamente. Unha sondaxe divulgada no día 25 de maio polo Instituto CNT/Sensus apuntou que o 79,8% dos brasileiros cren no hexacampionato mundial.[1]

Na Italia, a menos dun mes para o torneo estoupou un escándalo de compra de árbitros no fútbol italiano. As denuncias acabarán sendo dirixidas ó tamén técnico da selección italiana, Marcello Lippi, [1]

Sedes

CidadeEstadioClubCapacidade
BerlínOlympiastadionHertha Berlin76.176
DortmundSignal Iduna ParkBorussia Dortmund66.981
FrankfurtCommerzbank-ArenaEintracht Frankfurt48.132
GelsenkirchenVeltins-ArenaSchalke 0453.804
HamburgoAOL ArenaHamburger SV51.055
HannoverAWD-ArenaHannover 9644.652
KaiserslauternFritz-Walter-StadionFC Kaiserslautern41.170
ColoniaRheinEnergieStadionFC Köln46.120
LeipzigZentralstadionFC Sachsen Leipzig44.199
MünchenAllianz-ArenaBayern Múnic66.016
NurembergFrankenstadionFC Nürnberg41.926
StuttgartGottlieb-Daimler-StadionVfB Stuttgart54.267

Un total de 12 cidades alemás foron selecionadas para recibir a fase final da Copa do Mundo de 2006 entre un total de 20 candidaturas, tendo sido descartadas Bremen, Düsseldorf, Mönchengladbach, Bochum e Duisburgo.

Os estadios comezaron a ser preparados pouco tempo despois de seleccionadas as cidades. Namentres que algúns apenas sufriron pequenas adaptas, moitos tiveron que ser completamente reformados e outros foron construídos especialmente para o torneo. Cada estadio modernizado necesitou dun investimento entre 48 e 280 millóns de euros; e máis de 1,38 billóns de euros foron gastos para os novos estadios. Como comparación, para o torneo de 1974, gastáranse 242 millóns de marcos (aproximadamente 121 millóns de euros) para a habilitación de tódolos centros deportivos.

A capacidade efectiva dalgúns dos estadios na Copa do Mundo, en particular no Westfalenstadion, será máis baixa que os números citados, xa que o regulamento da Bundesliga permite que se manteñan partes onde o público pode permanecer de pé, mentres que as regras da FIFA non o permiten, polo que deberán ser instalados asentos nas áreas con esas características para a Copa do Mundo, reducindo, así, un pouco a súa capacidade.

Tamén, durante a Copa do Mundo, moitos dos estadios serán oficialmente coñecidos por nomes diferentes, xa que a FIFA prohibe patrocinio no nome dos estadios. Por exemplo, o Allianz Arena será coñecido durante a competición coma "FIFA WM-Stadion München" (Estadio da Copa do Mundo da FIFA Múnic), mentres que o Veltins-Arena será revertido para o seu nome orixinal de "Arena AufSchalke".

Das doce cidades-sede, apenas dúas non pertencían completamente a Alemaña Occidental, Leipzig e Berlín.

Países clasificados

Mapa dos países classificados para o torneio.

Após os partidos da rolda de clasificación do 16 de novembro de 2005, os seguintes países aseguraron a clasificación (mostrados aquí separados por asociación rexional):

Europa (UEFA)

PaísParticipaciónsClasificación
 Alemaña15
 Croacia2*8 de outubro de 2005
 Francia1112 de outubro de 2005
 Países Baixos78 de outubro de 2005
 Inglaterra118 de outubro de 2005
 Italia158 de outubro de 2005
 Polonia68 de outubro de 2005
 Portugal38 de outubro de 2005
 Serbia e Montenegro1*12 de outubro de 2005
 Suecia1012 de outubro de 2005
 UcraínaEstrea3 de setembro de 2005
 Suíza716 de novembro de 2005
 España1116 de novembro de 2005
 República ChecaEstrea**16 de novembro de 2005

*O Reino de Iugoslavia (1930) e a República Socialista Federal de Iugoslavia (1950-1990) clasificáronse oito veces para a Copa do Mundo antes da separación das repúblicas iugoslavas a partir de 1992: Serbia e Montenegro, Croacia, Eslovenia, Bosnia e Hercegovina e Macedonia do Norte. En 1998, Iugoslavia (que se limitaba a un territorio bastante menor que o inicial) participou tamén na copa.
**Checoslovaquia foi dividida en Eslovaquia e República Checa en 1993. As dúas seleccións formadas a partir de entón son consideradas distintas de Checoslovaquia.

América do Sur (CONMEBOL)

PaísParticipaciónsClasificación
 Arxentina138 de xuño de 2005
 Brasil17 (único totalista)4 de setembro de 2005
 Ecuador18 de outubro de 2005
 Paraguai68 de outubro de 2005

América Central, do Norte e Caribe (CONCACAF)

PaísParticipaciónsClasificación
 Estados Unidos7
 México12
 Trinidad e TobagoEstrea
 Costa Rica2

Asia (AFC)

PaísParticipaciónsClasificación
 Arabia Saudita38 de xuño de 2005
 Corea do Sur68 de xuño de 2005
 Xapón28 de xuño de 2005
 Irán28 de xuño de 2005

África (CAF)

PaísParticipaciónsClasificación
 AngolaEstrea8 de outubro de 2005
 Costa do MarfilEstrea8 de outubro de 2005
 GhanaEstrea8 de outubro de 2005
 TogoEstrea8 de outubro de 2005
 Tunisia38 de outubro de 2005

Oceanía (OFC)

PaísParticipaciónsClasificación
 Australia116 de novembro de 2005

Sorteo

O sorteo foi o 9 de decembro de 2005, en Leipzig, Alemaña. As 32 seleccións clasificadas para a fase final da Copa do Mundo foron divididas en 8 grupos (A, B, C, D, E, F, G e H) de 4 países cada un. As seleccións do Brasil, Inglaterra, España, México, Francia, Arxentina, Italia e Alemaña foron escollidas coma cabezas de serie de cada un deles.

  • Alemaña, país-sede, como tradicionalmente acontece, estará no Grupo A e o Brasil, como último campión, fica no Grupo F, para evitar un posible enfrontamento con Alemaña antes da final.
  • Equipos do mesmo continente foron distribuídos de modo a non fiquen no mesmo grupo, coa excepción feita a Europa, que nalgúns grupos posúen dúas seleccións, xa que tiveron máis clasificados (14) que calquera outro continente.
  • Son 8 os cabezas de serie, cada un colocado en grupos separados no sorteo en virtude de estaren todos no Pote 1. Os cabezas de serie foron escollidos o 6 de decembro. A excepción da España e México, escollidos por criterios técnicos como desempeño nas últimas dúas edicións, tódolos outros xa foran campións mundiais.
  • Potes 2, 3 e 4 son preparados "de tal forma que alcance a mellor distribución xeográfica posíbel entre os grupos."
  • Serbia e Montenegro, como a selección europea de peor posición no ránking da FIFA, foi colocada nun "pote especial" para previr que tres países da Zona Europea ficasen no mesmo grupo.
  • Primeiro era sorteada a selección, e despois o seu lugar no grupo.
Pote APote BPote CPote D

 Arxentina
 Brasil
 Inglaterra
 Francia
 Alemaña
 Italia
 México
 España

 Angola
 Australia
 Costa do Marfil
 Ecuador
 Ghana
 Paraguai
 Togo
 Tunisia

 Croacia
 República Checa
 Países Baixos
 Polonia
 Portugal
 Suíza
 Suecia
 Ucraína

 Costa Rica
 Irán
 Xapón
 Corea do Sur
 Arabia Saudita
 Trinidad e Tobago
 Estados Unidos

Pote especial

 Serbia e Montenegro

Máis información: Explicación da FIFA sobre o sorteo e reportaxes da BBC sobre a distribución dos cabezas de serie e dos potes.

Logo dos sorteos moitos comentaristas afirmaron que os grupos C e E eran os chamados grupos da morte, por teren fortes equipos disputándose unha praza.[2][3]

Composición dos equipos

Cada selección consta de 23 xogadores. Cada xogador mantén o mesmo número durante todos os partidos do Mundial. No caso de lesión a selección ten o dereito da substitución até 24 horas antes do primeiro partido.[4].

Árbitros

A lista de abaixo contén os 23 grupos de árbitros do Mundial de 2006. [2] Arquivado 30 de xuño de 2006 en Wayback Machine.

GrupoÁrbitroPrimeiro AsistenteSegundo Asistente
1 Essam Abd El Fatah Dramane Dante Mamadou Ndoye
2 Carlos Amarilla Amelio Andino Manuel Bernal
3 Benito Archundia José Ramírez Hector Vergara
4 Massimo Busacca Francesco Buragina Matthias Arnet
5 Coffi Codjia Celestin Ntagungira Aboudou Aderodjou
6 Frank De Bleeckere Peter Hermans Walter Vromans
7 Massimo De Santis Alessandro Griselli Marco Ivaldi
8 Horacio Elizondo Darío García Rodolfo Otero
9 Valentin Ivanov Nikolay Golubey Evgueni Volnin
10 Toru Kamikawa Yoshikazu Hiroshima Kim Dae Young
11 Jorge Larrionda Walter Rial Pablo Fandino
12 Shamsul Maidin Prachya Permpanich Eisa Ghuloum
13 Luis Medina Cantalejo Victoriano Giráldez Carrasco Pedro Medina Hernández
14 Markus Merk Christian Schraer Jan-Hendrik Salver
15 Lubos Michel Roman Slysko Martin Balko
16 Graham Poll Philip Sharp Glenn Turner
17 Eric Poulat Lionel Dagorne Vincent Texier
18 Peter Prendergast Anthorny Garwood Joseph Taylor
19 Marco Rodríguez José Luis Camargo Leonel Leal
20 Roberto Rosetti Christiano Copelli Alessandro Stagnoli
21 Óscar Ruiz Fernando Tamayo José Navia
22 Mark Shield Nathan Gibson Ben Wilson
23 Carlos Simon Aristeu Tavares Ednilson Corona

Árbitros de apoio

GrupoÁrbitroPrimeiro AsistenteSegundo Asistente
1 Khalil Al Ghamdi Hamdi Al Kadri Fathi Rabati
2 Carlos Chandia Christian Julio Rodrigo González
3 Jerome Damon Enock Molefe Justice Yeboah
4 Mohamed Guezzaz Brahim Djezzar Jean Marie Endeng Zogo
5 Kevin Stott Chris Strickland Gregory Barkey

Táboa de partidos

O sistema de disputa na fase de grupos é de todos contra todos dentro dos seus grupos en quenda única. As dúas seleccións con máis puntos pasan para os oitavos de final. A partir desa fase, os partidos acontecen en eliminatorias simples até o final. Os perdedores das semifinais disputan o terceiro lugar no día anterior ó da final.

Primeira fase

DataLocalidadeSelecciónsGrupoResultado²
Venres, 9 de xuño de 2006Múnic  Alemaña -  Costa RicaA4-2 (2-1)
Venres, 9 de xuño de 2006Gelsenkirchen  Polonia -  EcuadorA0-2 (0-1)
Sábado, 10 de xuño de 2006Frankfurt  Inglaterra -  ParaguaiB1-0 (1-0)
Sábado, 10 de xuño de 2006Dortmund  Trinidad e Tobago -  SueciaB0-0
Sábado, 10 de xuño de 2006Hamburgo  Arxentina -  Costa do MarfilC2-1 (2-0)
Domingo, 11 de xuño de 2006Leipzig  Serbia e Montenegro -  Países BaixosC0-1 (0-1)
Domingo, 11 de xuño de 2006Nuremberg  México -  IránD3-1 (1-1)
Domingo, 11 de xuño de 2006Colonia  Angola -  PortugalD0-1 (0-1)
Luns, 12 de xuño de 2006Kaiserslautern  Australia -  XapónF3-1 (0-1)
Luns, 12 de xuño de 2006Gelsenkirchen  Estados Unidos -  República ChecaE0-3 (0-2)
Luns, 12 de xuño de 2006Hannover  Italia -  GhanaE2-0 (1-0)
Martes, 13 de xuño de 2006Frankfurt  Corea do Sur -  TogoG2-1 (0-1)
Martes, 13 de xuño de 2006Stuttgart  Francia -  SuízaG0-0
Martes, 13 de xuño de 2006Berlín  Brasil -  CroaciaF1-0 (1-0)
Mércores, 14 de xuño de 2006Leipzig  España -  UcraínaH4-0 (2-0)
Mércores, 14 de xuño de 2006Múnic  Tunisia -  Arabia SauditaH2-2 (1-0)
Mércores, 14 de xuño de 2006Dortmund  Alemaña -  PoloniaA1-0 (0-0)
Xoves, 15 de xuño de 2006Hamburgo  Ecuador -  Costa RicaA3-0 (1-0)
Xoves, 15 de xuño de 2006Berlín  Suecia -  ParaguaiB1-0 (0-0)
Xoves, 15 de xuño de 2006Nuremberg  Inglaterra -  Trinidad e TobagoB2-0 (0-0)
Venres, 16 de xuño de 2006Gelsenkirchen  Arxentina -  Serbia e MontenegroC6-0 (3-0)
Venres, 16 de xuño de 2006Hannover  México -  AngolaD0-0
Venres, 16 de xuño de 2006Stuttgart  Países Baixos -  Costa do MarfilC2-1 (2-1)
Sábado, 17 de xuño de 2006Frankfurt  Portugal -  IránD2-0 (0-0)
Sábado, 17 de xuño de 2006Kaiserslautern  Italia -  Estados UnidosE1-1 (1-1)
Sábado, 17 de xuño de 2006Colonia  República Checa -  GhanaE0-2 (0-1)
Domingo, 18 de xuño de 2006Leipzig  Francia -  Corea do SurG1-1 (1-0)
Domingo, 18 de xuño de 2006Múnic  Brasil -  AustraliaF2-0 (0-0)
Domingo, 18 de xuño de 2006Nuremberg  Xapón -  CroaciaF0-0
Luns, 19 de xuño de 2006Dortmund  Togo -  SuízaG0-2 (0-1)
Luns, 19 de xuño de 2006Hamburgo  Arabia Saudita -  UcraínaH0-4 (0-2)
Luns, 19 de xuño de 2006Stuttgart  España -  TunisiaH3-1 (0-1)
Martes, 20 de xuño de 2006Berlín  Ecuador -  AlemañaA0-3 (0-2)
Martes, 20 de xuño de 2006Hannover  Costa Rica -  PoloniaA1-2 (1-1)
Martes, 20 de xuño de 2006Kaiserslautern  Paraguai -  Trinidad e TobagoB2-0 (1-0)
Martes, 20 de xuño de 2006Colonia  Suecia -  InglaterraB2-2 (0-1)
Mércores, 21 de xuño de 2006Frankfurt  Países Baixos -  ArxentinaC0-0
Mércores, 21 de xuño de 2006Gelsenkirchen  Portugal -  MéxicoD2-1 (2-1)
Mércores, 21 de xuño de 2006Leipzig  Irán -  AngolaD1-1 (0-0)
Mércores, 21 de xuño de 2006Múnic  Costa do Marfil -  Serbia e MontenegroC3-2 (1-2)
Xoves, 22 de xuño de 2006Dortmund  Xapón -  BrasilF1-4 (1-1)
Xoves, 22 de xuño de 2006Hamburgo  República Checa -  ItaliaE0-2 (0-1)
Xoves, 22 de xuño de 2006Nuremberg  Ghana -  Estados UnidosE2-1 (2-1)
Xoves, 22 de xuño de 2006Stuttgart  Croacia -  AustraliaF2-2 (1-1)
Venres, 23 de xuño de 2006Berlín  Ucraína -  TunisiaH1-0 (0-0)
Venres, 23 de xuño de 2006Hannover  Suíza -  Corea do SurG2-0 (1-0)
Venres, 23 de xuño de 2006Kaiserslautern  Arabia Saudita -  EspañaH0-1 (0-1)
Venres, 23 de xuño de 2006Colonia  Togo -  FranciaG0-2 (0-0)
Nota2: Entre parénteses, o resultado do partido no final do primeiro tempo.;

Clasificacións

Regras de clasificación na fase de grupos

1. maior número de puntos obtidos en tódolos partidos do grupo;
2. diferenza de goles en todolos partidos do grupo;
3. maior número de goles marcados en tódolos partidos do grupo;

Se dúas ou máis escuadras ficaran iguais no que respecta ós criterios anteriores, a súa clasificación será determinada da seguinte forma:
4. maior número de puntos obtidos nos enfrontamentos directos entre as escadras nos partidos do grupo;
5. diferenza de goles resultante dos enfrontamentos directos entre as escadras nos partidos do grupo;
6. maior número de goles marcados nos enfrontamentos directos entre as escadras nos partidos do grupo;
7. sorteo realizado por parte do Comité Organizador do Campionato do Mundo.
—  Regras do campionato

Grupo A

Co fin dos partidos da segunda rolda (15/06) do Grupo A, a selección alemá e a selección ecuatoriana garantiron o seu paso á seguinte fase. Os partidos da terceira rolda definiron as posicións das mesmas no grupo. A selección polaca e a selección costarriqueña xa non tiñan oportunidades de clasificación.

Grupo B

No Grupo B, a Inglaterra tamén se garantiu a súa praza na vindeira fase. Paraguai quedou fóra da competición. A outra praza do grupo disputárona na terceira xornada Suecia e Trindade e Tobago, saíndo os suecos gañadores.

Grupo C

Ó remate da segunda xornada (16 de xuño) do Grupo C, Arxentina e Holanda xa garantiran a súa praza na seguinte fase. Resta saber quen quedará co primeiro lugar, o que se definirá na terceira xornada. Consecuentemente, Costa do Marfil e Serbia e Montenegro xa esgotaron as súas opcións de clasificarse.

Grupo D

No día 17 de xuño, a selección portuguesa garantiuse coma sexta clasificada para os oitavos de final, ó vencer a Irán, xá sen opcións, por 2 a 0.

Grupo E

Cos partidos da segunda rolda nada se definira no grupo.

Grupo F

Brasil garantiu a súa clasificación para a segunda fase coa vitoria sobre Australia por 2 a 0.

Grupo H

España garantiu a súa clasificación para a segunda fase coa vitoria sobre Tunisia por 3 a 1.

Xeral

  • Pasaron á segunda fase:
    • Alemaña
    • Arxentina
    • Australia
    • Brasil
    • Ecuador
    • España
    • Francia
    • Ghana
    • Holanda
    • Inglaterra
    • Italia
    • México
    • Portugal
    • Suecia
    • Suíza
    • Ucraína
  • Caeron eliminados na primeira fase:
    • Angola
    • Arabia Saudita
    • Corea do Sur
    • Costa do Marfil
    • Costa Rica
    • Croacia
    • Estados Unidos
    • Irán
    • Xapón
    • Paraguai
    • Polonia
    • República Checa
    • Serbia e Montenegro
    • Togo
    • Trindade e Tobago
    • Tunisia
  • Gañaron tódolos encontros da primera fase:
    • Alemaña
    • Brasil
    • España
    • Portugal


  • Perderon tódolos encontros da primeira fase:
    • Costa Rica
    • Serbia e Montenegro
    • Togo
  • Non encaixou ningún gol en toda a Copa:
    • Suíza (Levou 3 nos penaltis contra Ucraína)


  • Non fixo gol na copa:
    • Trindade e Tobago

Clasificacións dos grupos

Grupo A

SelecciónPtXVEDGFGCSG
 Alemaña93200826
 Ecuador63201532
 Polonia3310224-2
 Costa Rica0300339-6

Grupo B

SelecciónPtXVEDGFGCSG
 Inglaterra73210523
 Suecia53120321
 Paraguai33102220
 Trinidad e Tobago1301204-4

Grupo C

SelecciónPtXVEDGFGCSG
 Arxentina73210817
 Países Baixos73210312
 Costa do Marfil3310256-1
 Serbia e Montenegro03003210-8

Grupo D

SelecciónPtXVEDGFGCSG
 Portugal93300514
 México43111431
 Angola2302112-1
 Irán1301226-4

Grupo E

SelecciónPtXVEDGFGCSG
 Italia73210514
 Ghana63201431
 República Checa3310234-1
 Estados Unidos1301226-4

Grupo F

SelecciónPtXVEDGFGCSG
 Brasil93300716
 Australia43111550
 Croacia2302123-1
 Xapón1301227-5

Grupo G

SelecciónPtXVEDGFGCSG
 Suíza73210404
 Francia53120311
 Corea do Sur4311134-1
 Togo0300316-5

Grupo H

SelecciónPtXVEDGFGCSG
 España93300817
 Ucraína63201541
 Tunisia1301236-3
 Arabia Saudita1301227-5

Fases seguintes

Segunda RondaCuartos de finaisSemifinaisFinal
              
24 xuño - Múnic      
   Alemaña 2
30 xuño- Berlín
   Suecia 0 
   Alemaña (pen.) 1(4)
24 xuño - Leipzig
    Arxentina 1(2) 
   Arxentina (pro.) 2
4 xullo - Dortmund
   México 1 
   Alemaña 0
26 xuño - Kaiserslautern
    Italia (pro.) 2 
   Italia 1
30 xuño- Hamburgo
   Australia 0 
   Italia 3
26 xuño - Colonia
    Ucraína 0 
   Suíza 0(0)
9 xullo - Berlín
   Ucraína (pen.) 0(3) 
   Italia (pen.) 1(5)
25 xuño - Stuttgart
    Francia 1(3)
   Inglaterra 1
1º xullo - Gelsenkirchen
   Ecuador 0 
   Inglaterra 0(1)
25 xuño - Nuremberg
    Portugal (pen.) 0(3) 
   Portugal 1
5 xullo - Múnic
   Países Baixos 0 
   Portugal 0
27 xuño - Dortmund
    Francia 1 Terceiro posto
   Brasil 3
1º xullo - Frankfurt8 xullo - Stuttgart
   Ghana 0 
   Brasil 0   Alemaña 3
27 xuño - Hannover
    Francia 1    Portugal 1
   España 1
   Francia 3 

* Despois da prórroga.
**Despois da quenda de penaltis.
Entre parénteses: resultado no fin do primeiro tempo.

Goles marcados

No final da copa, o artilleiro recibirá a "Chuteira de Ouro" Adidas (Golden Shoe Award)[5]. O xogador brasileiro Ronaldo foi o último vencedor do premio na Copa de 2002, con 8 goles marcados, e é o único vencedor que continua xogando. Ronaldo é o maior artilleiro de todas as Copas, con 15 goles. Xa Just Fontaine é o maior artilleiro dunha única edición do torneo con 13 goles anotados na Copa de 1958.

Goles en contra

Clasificación final

A Clasificación final das seleccións leva en conta a fase á que a selección chegou e despois a súa puntuación así como outros criterios de desempate. Por exemplo: Ucraína cun total de 7 puntos ficou diante da España que obtivo un total de 9 puntos. Iso debido a que España foi eliminada nos oitavos de final, mentres que Ucraína saíu na fase de cuartos de final.

Finalistas

3° lugar  Alemaña
4° lugar  Portugal

Eliminados nos Oitavos de Final

9°.  España9 puntos
10°.  Suíza8 puntos
11°.  Países Baixos7 puntos
12°.  Ecuador6 puntos
13°.  Ghana6 puntos
14°.  Suecia5 puntos
15°.  México4 puntos
16°.  Australia4 puntos


Eliminados na primeira fase

17°.  Corea do Sur4 puntos
18°.  Paraguai3 puntos
19°.  Costa do Marfil3 puntos
20°.  República Checa3 puntos
21°.  Polonia3 puntos
22°.  Croacia2 puntos
23°.  Angola2 puntos
24°.  Tunisia1 punto
25°.  Estados Unidos1 punto
26°.  Irán1 punto
27°.  Arabia Saudita1 punto
28°.  Xapón1 punto
29°.  Trinidad e Tobago1 punto
30°.  Costa Rica0 puntos
31°.  Togo0 puntos
32°.  Serbia e Montenegro0 puntos

Premiados

Vencedor

Italia
Tetracampioa


Premio FIFA Chuteira de Ouro (goleador):Premio FIFA Balón de Ouro (mellor xogador):Premio FIFA Yashin (mellor porteiro)Premio FIFA Mellor Xogador novo:Trofeo FIFA Fair Play (equipo máis limpo):Equipo máis entretido:

Miroslav Klose

Zinedine Zidane

Gianluigi Buffon

Lukas Podolski
 Brasil
 España
 Portugal

Selección do Mundial

Ó final da competición un grupo da FIFA seleccionou a selección da copa, que é composta polos 23 mellores xogadores do torneo.

PorteiroDefensoresMediocampistasDianteiros

Gianluigi Buffon
Jens Lehmann
Ricardo Pereira

Roberto Ayala
John Terry
Lilian Thuram
Philipp Lahm
Fabio Cannavaro
Gianluca Zambrotta
Ricardo Carvalho

Zé Roberto
Patrick Vieira
Zinedine Zidane
Michael Ballack
Andrea Pirlo
Gennaro Gattuso
Francesco Totti
Luís Figo
Maniche

Hernan Crespo
Thierry Henry
Miroslav Klose
Luca Toni

Estatísticas

EquipoPtsPXPGPEPPGFGCDifRend
1 Italia177520122+1080,9%
2 Francia15743093+671,4%
3 Alemaña167511146+876,2%
4 Portugal13741275+262,0%
5 Brasil125401102+880,0%
6 Arxentina115320113+873,3%
7 Inglaterra11532062+473,3%
8 Ucraína7521257-246,6%
9 España9430194+575,0%
10    Suíza8422040+466,6%
11 Holanda7421132+158,3%
12 Ecuador6420254+150,0%
13 Ghana6420246-250,0%
14 Suecia5412134-141,6%
15 México4411255033,3%
16 Australia4411256-133,3%
17 Corea do Sur4311134-144,4%
18 Paraguai3310222033,3%
19 República Checa3310234-133,3%
20 Costa do Marfil3310256-133,3%
21 Polonia3310224-233,3%
22 Croacia2302123-122,2%
23 Angola2302112-122,2%
24 Tunisia1301236-311,1%
25 Estados Unidos1301226-411,1%
26 Irán1301226-411,1%
27 Trindade e Tobago1301204-411,1%
28 Arabia Saudita1301227-511,1%
29 Xapón1301227-511,1%
30 Togo0300316-50,0%
31 Costa Rica0300339-60,0%
32 Serbia e Montenegro03003210-80,0%

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas