Sergio Agüero

futbolista arxentino

Sergio Leonel Agüero del Castillo, coñecido como Kun Agüero, nado en Quilmes, na provincia de Buenos Aires o 2 de xuño de 1988, é un exfutbolista arxentino. Obtivo a súa nacionalidade española o 3 de decembro do 2010. Xogaba como dianteiro ou como media punta.

Sergio Agüero
Información persoal
NomeSergio Leonel Agüero del Castillo
Nacemento2 de xuño de 1988 (35 anos)
Lugar de nacementoBuenos Aires
Altura1,75 m.
PosiciónDianteiro
Carreira xuvenil
1997–2003Independiente
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
2003–2006Independiente54(23)
2006–2011Atlético de Madrid175(74)
2011–2021Manchester City275(184)
2021Barcelona4(1)
Total508(282)
Selección nacional
2005–2007Arxentina sub-207(6)
2008Arxentina sub-235(2)
2006–2021Arxentina101(41)
Na rede
https://sergioaguero.com
IMDB: nm4097420 Facebook: sergioelkunaguero Twitter: aguerosergiokun Instagram: kunaguero Youtube: UCMl6IV2MR5W2gg4qHYAqcoQ TikTok: kunaguero Discogs: 1790725 FIFA: 228528 UEFA: 1903543 WikiTree: Agüero_del_Castillo-1 Genius: Sergio-aguero Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria

Atlético de Madrid

O balance da súa tempada 2006-2007 no Atlético mostra que debutou na totalidade dos corenta e dous partidos oficiais do seu equipo; vinte e sete como titular e marcando sete goles. Aínda que o atlético quedou na sétima posición da liga e avanzado ata os dezaseisavos da final da Copa do Rei.

Na tempada 2007-2008 colaborou para que o seu equipo sexa un dos gañadores da Copa Intertoto, clasificándose para a Copa da UEFA. Grazas a esta competición, o 16 de agosto marcou o seu primeiro gol internacional, fronte o equipo FK Vojvodina serbio. Xogou nove partidos, dos cales marcou seis goles e só unha expulsión. O motivo desa expulsión foi que, mentres xogaban pola Copa da UEFA fronte o Bolton Wanderers inglés, lle cuspiu a un rival. Por esta sentenza estivo sen poder xogar a volta. Na Copa do Rei participou en catro partidos, quedando o seu equipo eliminado de cuartos da final. As súas mellores actuacións foron por liga, disputando trinta e sete partidos e marcando vinte goles máis. Xunto cos seus compañeiros logrou un cuarto posto que permitiu clasificar o Atlético na liga de Campións da UEFA tras doce anos.Sergio recibiu o Premio Antonio Puerta (mellor xogador da tempada) e o Trofeo EFE (mellor xogador iberoamericano).

Na tempada 2008-2009 presentada para o Atlético como un triplo desafío: Liga, Copa do Rei e Liga de Campións. Sergio comezou a temporada tan só catro días despois da final olímpica, colaborando cun gol para que o seu equipo derrote ao FC Schalke 04 alemán por 4-0. Pola liga debutou ante o Málaga o 31 de agosto. Pola Copa do Rei, o Atlético caeu en oitavos na final fronte o FC Barcelona.

Na tempada 2009-2010, ao non ser clasificados en oitavos na final de Liga de Campións da UEFA, puideron pasar aos dezaseisavos da final da Europa League. E así, proclamouse campión da UEFA Europa League tras vencer ao equipo Fulham FC 2-1, con goles de Diego Forlán. Aínda que tamén acabaron subcampións da Copa do Rei tras perder contra o Sevilla FC cun marcador de 0-2.

Ao comezo da tempada do 2010-2011, foi campión da Supercopa de Europa tras vencer ao Inter de Milán por 2-0, onde anotou o seu segundo gol. Esa mesma temporada, o 11 de decembro de 2010, disputaría fronte ao Deportivo da Coruña o que sería o seu partido número 300, que acabaría coa vitoria de dous a cero, na que el mesmo meteu eses dous goles. O 4 de xaneiro do 2011, Sergio anunciou a renovación do contrato ata o ano 2014 e o día seguinte sería elixido o segundo capitán do equipo, compartido con Diego Forlán.

Vida persoal

Sergio Agüero está emparellado con Gianinna Maradona, filla do exfutbolista e ex-director técnico da selección arxentina Diego Maradona, dende o principio do 2008, coa que ten un fillo español, chamado Benjamín Agüero Maradona, que naceu o día 19 de febreiro de 2009 en Madrid.[1] Sentimentalmente tamén se lle vinculou con anterioridade ás modelos Eliana Guercio, con quen supostamente mantiña un breve romance, e Jesica Cirio, pola cal demostraba un profundo interese.[2]

Sergio Agüero participou na película de Santiago Segura Torrente 4 (2011) xunto con outros futbolistas como Álvaro Arbeloa, Sergio Ramos, Raúl Albiol e Gonzalo Higuaín.

Estatísticas

Referencias:[3]

  • PX: Partidos xogados
  • T: Partidos xogados como titular
  • S: Partidos xogados como suplente
  • : goles
  • : expulsións
Independente
TempadaCompeticiónPXTS
2002/03Clausura 200310100
2003/04Apertura 200300000
Clausura 200452300
Copa Libertadores 2004215200
2004/05Apertura 200473420
Clausura 200555030
2005/06Apertura 20051818091
Clausura 20061817190
TOTAL564511231


Atlético de Madrid
TempadaCompeticiónPJTS
2006/07Liga38251360
Copa do Rei42210
2007/08Liga37352192
Copa do Rei43120
Copa Intertoto11000
Copa da UEFA86261
2008/09Liga37343170
Copa do Rei11000
Liga de Campións86230
2009/10Liga31247120
Copa do Rei76120
Liga de Campións65120
Europa League88020
2010/11Liga1514170
Copa do Rei44030
Europa League43130
Supercopa da UEFA11010
TOTAL21417836863


Resumo en clubs
EquipoPartidosPJTS
IndependienteLiga54459231
Copa Libertadores20200
Atlético de MadridLiga15813226612
Copa do Rei2016480
Copa Intertoto11000
Copa da UEFA86261
Europa League1211150
Liga de Campións1411350
Supercopa da UEFA11010
TOTAL270223471095


Selección arxentina xuvenil
CompeticiónPJTS
Suramericano Sub-16 200455030
Mundial Sub-20 200540400
Mundial Sub-20 200777060
Xogos Olímpicos 200855020
TOTAL21174110


Selección arxentina
AnoCompeticiónPJTS
2006Amigábeis20200
2007Amigábeis20200
Eliminatorias21110
2008Amigábeis33020
Eliminatorias64220
2009Amigábeis11000
TOTAL169750


Resumo xeral
EquipoPJTS
Independiente564511232
Atlético de Madrid21417836863
Seleccións xuvenís21174110
Selección maior169750
TOTAL307249581255

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: