Malala Yousafzai
estudante, activista e blogueira paquistaní
Malala Yousafzai (en paxto: ملاله یوسفزۍ,[1] e en urdú: ملالہ یوسف زئی Malālah Yūsafzay), nada o 12 de xullo de 1997,[2] é unha activista a prol da educación feminina en Paquistán, e a persoa máis nova en recibir un Premio Nobel en calquera categoría.[3] É coñecida pola súa defensa dos dereitos humanos, en especial o dereito á educación e os dereitos das mulleres no Val de Swat, no noroeste de Paquistán, onde os talibáns prohibiran ás mulleres asistir ó colexio. A loita de Yousafzai converteuse dende entón nun movemento internacional.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
- Malala Yousafzai na IMDb (en inglés).
- Malala: Wars Never End Wars, entrevista para DAWN no 2013
🔥 Top keywords: