Premio Sakharov

O Premio Sakharov para a Liberdade de Pensamento, máis coñecido sinxelamente como Premio Sakharov, honra a persoas ou organizacións que dedicaron as súas vidas ou accións á defensa dos dereitos humanos e a liberdade de pensamento.[1] Nomeado en homenaxe do científico e disidente soviético Andrei Sakharov, foi estabelecido en 1988 polo Parlamento Europeo.[1] Cada ano, a Comisión de Asuntos Exteriores e a Comisión de Desenvolvemento do Parlamento Europeo elaboran unha lista de candidatos. Os eurodeputados que conforman esas comisións elaboran unha lista de preseleccionados en setembro.[2] Despois diso, a elección final outórgaselle á Conferencia de Presidentes do Parlamento Europeo (Presidente e líderes dos grupos políticos) e o nome do galardoado anúnciase a finais de outubro. O premio é entregado nunha cerimonia no hemiciclo do Parlamento de Estrasburgo en decembro.[3][4] O galardón inclúe un premio en metálico de 50 000 euros.[3]

A cerimonia de entrega do premio de 1990, outorgado a Aung San Suu Kyi, dentro do hemiciclo do Parlamento de Estrasburgo no ano 2013.

O primeiro premio foi entregado de forma conxunta ó surafricano Nelson Mandela e ó ruso Anatoly Marchenko. O galardón de 1990 foille concedido a Aung San Suu Kyi, mais non puido recollelo até o ano 2013 por mor do seu encarceramento político en Myanmar.[5] O premio tamén lle foi entregado a organizacións, sendo a primeira as Nais de Praza de Maio arxentinas no ano 1992. Cinco dos galardoados co Sakharov foron posteriormente premiados co Premio Nobel da Paz: Nelson Mandela, Aung San Suu Kyi, Malala Yousafzai, Denis Mukwege e Nadia Murad.[6]

Razan Zaitouneh (2011) foi secuestrada en 2013 e aínda segue desaparecida.[7] Nasrin Sotoudeh (2012) foi liberada da cadea en setembro de 2013,[8] mais aínda ten prohibido abandonar Irán, igual que o seu compañeiro galardoado en 2012 Jafar Panahi.[9] O premio de 2017 foille concedido á Oposición de Venezuela, co boicot de Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica.[10][11]

Por mor das medidas de control sanitario motivadas pola pandemia de COVID-19, numerosos eventos relacionados cos Premios Sakharov foron pospostos no ano 2020, incluíndo o Sakharov Fellowship, One World in Brussels e o European Youth Event.[12]

Galardoados

AnoImaxeGalardoadoNacionalidadeNotasReferencia
1988 Nelson Mandela SuráfricaActivista anti-apartheid, posteriormente presidente de Suráfrica.[13]
-
Anatoly Marchenko (póstumo) Unión SoviéticaDisidente, autor e activista soviético polos dereitos humanos.[13]
1989 Alexander Dubček ChecoslovaquiaPolítico eslocavo e impulsor da Primavera de Praga.[13]
1990 Aung San Suu Kyi MyanmarPolítica opositora e antiga secretaria xeral da Liga Nacional para a Democracia.[14]
1991
-
Adem Demaçi KosovoPolítico kosovar e prisioneiro político.[13]
1992 Nais de Praza de Maio ArxentinaAsociación de nais arxentinas cuxos fillos desapareceron durante a Guerra Sucia.[14]
1993 Oslobođenje Bosnia e HercegovinaXornal que defende Bosnia e Hercegovina como un estado multiétnico.[14]
1994 Taslima Nasrin BangladeshDoutora e autora feminista.[14]
1995 Leyla Zana TurquíaEscritora e política kurda encarcerada durante 15 anos por ser membro do PKK.[13]
1996 Wei Jingsheng ChinaActivista do movemento democrático da China.[14]
1997 Salima Ghezali AlxeriaXornalista, escritora e activista polos dereitos da muller e a democracia en Alxeria.[14]
1998 Ibrahim Rugova KosovoPolítico e primeiro Presidente de Kosovo.[13]
1999 Xanana Gusmão Timor LesteAntigo militante e o primeiro presidente de Timor Leste.[15]
2000
-
¡Basta Ya! EspañaOrganización que uniu a individuos de diversas posicións políticas contra o terrorismo.[16]
2001 Nurit Peled-Elhanan IsraelActivista pola paz.[13]
-
Izzat Ghazzawi PalestinaProfesor e escritor palestino.
Zacarias Kamwenho AngolaArcebispo e activista pola paz.
2002
-
Oswaldo Payá CubaActivista político e disidente.[17]
2003 Kofi Annan GhanaPremio Nobel da Paz e sétimo secretario xeral das Nacións Unidas.[13]
Nacións Unidas(Internacional)
2004
-
Asociación Belarusa de Xornalistas BelarúsOrganización non gobernamental que quere "garantir a liberdade de expresión e os dereitos de recibir e distribuir información e promover estándares profesionais de xornalismo".[18]
2005 Damas de Branco CubaMovemento de oposición, familiares de disidentes encarcerados.[19]
Reporteiros Sen Fronteiras(Internacional)Organización non gobernamental que loita pola liberdade de prensa.[19]
Hauwa Ibrahim NixeriaAvogada polos dereitos humanos.[19]
2006 Alaksandar Milinkievič BelarúsPolítico escollido polas Forzas Democráticas Unidas de Belarús como candidato conxunto da oposición nas eleccións presidenciais de 2006.[20]
2007 Salih Mahmoud Osman SudánActivista defensor dos dereitos humanos.[14]
2008 Hu Jia ChinaActivista e disidente político.[21]
2009 Memorial RusiaSociedade histórica a prol dos dereitos civís.[22]
2010 Guillermo Fariñas CubaDoutor, xornalista e disidente político.[23]
2011[a] Asmaa Mahfouz ExiptoCinco representantes do pobo árabe, en recoñecemento do seu apoio á liberdade e ós dereitos humanos.[24]
Ahmed al-Senussi Libia
Razan Zaitouneh Siria
Ali Farzat
-
Mohamed Bouazizi (póstumo) Tunisia
2012 Jafar Panahi IránActivistas iranianos, Sotoudeh é unha avogada e Panahi é director de cinema.[25][26]
Nasrin Sotoudeh
2013 Malala Yousafzai PaquistánActivista dos dereitos civís das mulleres e da educación.[27]
2014 Denis Mukwege R.D. do CongoXinecólogo que trata as vítimas de violación en grupo.[28]
2015 Raif Badawi Arabia SauditaEscritor e activista saudita, e o creador da páxina web Free Saudi Liberals.[29][b]
2016 Nadia Murad IraqRefuxiadas iézidis perseguidas polo Estado Islámico.[30]
Lamiya Aji Bashar
2017 Oposición de Venezuela VenezuelaOs membros da Asemblea Nacional do país (Juan Requesens, Julio Borges e outros) e tódolos prisioneiros políticos segundo o Foro Penal Venezolano representados por Leopoldo López, Antonio Ledezma, Daniel Ceballos, Yon Goicoechea, Lorent Saleh, Alfredo Ramos e Andrea González.[31]
2018 Oleg Sentsov UcraínaDirector de cinema, símbolo da loita pola liberación dos presos políticos detidos en Rusia e en todo o mundo.[32]
2019 Ilham Tohti ChinaEconomista, estudoso e activista polos dereitos humanos uigur.[33]
2020 Oposición de Belarús BelarúsConsello de Coordinación de Belarús, iniciativa de mulleres valentes e personaxes políticos e da sociedade civil.[34][c]
2021 Alexei Navalny RusiaOpositor político e activista anticorrupción[35]
2022 O pobo ucraíno UcraínaConcedido aos ucraínos que están "protexendo a democracia, a liberdade e o estado de dereito" tras a invasión rusa de Ucraína de 2022.[36][37]
2023 Mahsa Jina Amini (póstumo) IránA morte de Mahsa Amini en circunstancias sospeitosas provocou protestas xeneralizadas, moitas veces baixo o lema Muller, Vida, Liberdade.[38][38]
Movemento Muller, Vida, Liberdade

Notas

Referencias

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: