Cantóns de Suíza

estados membros da Confederación Suíza

Os 26 cantóns de Suíza son os estados membros da Confederación Suíza. Cada cantón foi un estado soberano, coas súas propias fronteiras, exército e moeda dende a Paz de Westfalia (1648) até o estabelecemento do Estado Federal Suízo en 1848. O cantón máis recente é o Cantón do Xura, que se separou do de Berna en 1979.

Os trece cantóns da Antiga Confederación Suíza (1513-1798)

No século XVI, a Antiga Confederación Suíza estaba composta por trece cantóns soberanos, dos que había dous tipos diferentes: seis de campo (ou bosque) e sete cantóns de cidade (ou urbanos). Aínda que tecnicamente formaban parte do Sacro Imperio Romano, convertéronse en independentes de facto, cando os suízos derrotaron a Maximiliano I na batalla de Dornach en 1499. Despois disto os seis cantóns de campo estabelecéronse como repúblicas democráticas, mentres que os sete cantóns urbanos foron repúblicas oligárquicas controladas por familias nobres.

Hoxe en día cada cantón ten a súa propia constitución, lexislatura, goberno e cortes. A maioría deles son Parlamentos Unicamerais, variando o seu tamaño dende os cincuenta e oito aos douscentos escanos, e uns poucos son Asembleas Xerais, coñecidas como Landsgemeinden. Os gobernos adoitan ser de entre cinco ou sete membros.

A constitución da Confederación Suíza, declara aos cantóns soberanos na medida de que a súa soberanía non estea limitada pola lei federal. Os cantóns tamén conservan tódalas facultades e competencias non delegadas á Confederación pola Constitución. As responsabilidades máis significantes dos cantón son a sanidade, benestar social, educación ou a recadación dos tributos. As constitucións cantonais tamén determinan o grao de autonomía que delegan nos seus municipios, mais case sempre inclúen a facultade de recadar impostos e aprobar leis municipais. As superficies dos cantóns varían entre 37 e 7.105 km² e as poboacións entre 14.900 e 1 244 400.

Ao igual que no ámbito federal, tódolos cantóns réxense por democracia directa, é dicir os cidadáns poden solicitar unha votación popular para modificar a Constitución ou as leis cantonais ou vetar as leis ou proxectos de lei de gastos aprobadas no parlamento. As Asembleas Xerais populares (Landsgemeinde) limítase agora aos cantóns de Appenzell Interior e Glarus. En tódolos demais cantóns exércense os dereitos democráticos por votación secreta.

Lista

Os cantóns están listados pola súa orde na Constitución Federal, utilizada nos documentos oficiais suízos. Os primeiros da lista son os tres cantóns cidade que se consideran preeminentes na Antiga Confederación Suíza e os outros cantóns enuméranse na orde de adhesión á Confederación. Esta tradicional orde de precedencia entre os cantóns non ten importancia práctica no moderno Estado federal, no que os cantóns son iguais entre si.

Hai vinte e tres cantóns en Suíza, mais tres deles son están formados por dous semicantóns independentes (Basilea: Basilea-Campo e Basilea-Cidade, Appenzell: Appenzell Exterior e Appenzell Exterior e Unterwalden: Nidwalden e Obwalden), xa sexa porque as dúas comunidades sempre estiveron separadas (Unterwalden) ou polas históricas guerras de relixións (as dúas Basilea e os Appenzell).

BandCódigoCantónDendeCapitalPoboación[1]Área[2]Densidade[3]№ munic.Linguas oficiais
ZHZúric1351Zúric1 307 5671.729701171Alemán
BEBerna1353Berna962.9825.959158395Alemán, francés
LULucerna1332Lucerna363.4751.49323396Alemán
URUri1291Altdorf34.9891.0773320Alemán
SZSchwyz1291Schwyz141.02490814330Alemán
OWObwalden1291Sarnen33.997491667Alemán
NWNidwalden1291Stans40.28727613811Alemán
GLGlarus1352Glarus38.2376855125Alemán
ZGZug1352Zug109.14123941611Alemán
FRFriburgo1481Friburgo263.2411.671141168Francés, alemán
SOSoleura1481Soleura250.240791308125Alemán
BSBasilea-Cidade1501[4]Basilea185.227375.0723Alemán
BLBasilea-Campo1501[4]Liestal269.14551850286Alemán
SHSchaffhausen1501Schaffhausen74.52729824632Alemán
ARAppenzell Exterior1513[5]Herisau[6]52.65424322020Alemán
AIAppenzell Interior1513[5]Appenzell15.471173876Alemán
SGSankt Gallen1803Sankt Gallen465.9372.02622288Alemán
GRGrisóns1803Coira188.7627.10526203Alemán, romanche, italiano
AGArgovia1803Aarau581.5621.404388229Alemán
TGTurgovia1803Frauenfeld238.31699122980Alemán
TITesino1803Bellinzona328.5802.812110190Italiano
VDVaud1803Lausana672.0393.212188376Francés
VSValais1815Sion298.5805.22453153Francés, alemán
NENeuchâtel1815Neuchâtel169.78280320662Francés
GEXenebra1815Xenebra438.1772821.44245Francés
JUXura1979[7]Delémont69.5558388283Francés
CHSuíza Berna7 593 49441.2851742.715Alemán, francés, italiano, romanche

Os códigos ou abreviaturas de dúas letras son empregados con moita frecuencia para referirse aos distintos cantóns. Por exemplo, as matrículas dos vehículos, o código ISO 3166-2:CH co prefixo "CH-", (por exemplo: CH-GR para o cantón de Grisóns) ou nas páxinas web oficiais dos cantóns, por exemplo a de Tesino é www.TI.ch.

Evolución histórica

Os primeiros tres cantóns da confederación, incorporados en 1291 son os de Uri, Schwyz e Unterwalden (hoxe dividido en dous semi-cantóns: Obwalden e Nidwalden). Máis tarde, entre 1335 e 1353, incorporáronse outros cinco cantóns máis, pasando a ser unha confederación de oito: Lucerna (1335), Zúric (1351), Zug (1352), Glaris (1352) e Berna (1353).

Xa no século XV a confederación pasou paulatinamente a ter trece cantóns, coas incorporacións de Friburgo e Soleura en 1484, Basilea (separado en Basilea-Cidade e Basilea-Campo) e Schaffhausen en 1501, e Appenzell en 1513 (logo separado en Appenzell Interior e Appenzell Exterior).

En 1803 Coa República Helvética sumáronse cinco novos cantóns Sankt Gallen, Argovia, Turgovia, Tesino e Vaud. Finalmente chegando á Suíza actual coa incorporación dos Grisóns, Valais, Neuchâtel e Xenebra en 1815. O último troco foi en 1979, cando o cantón de Xura separouse do de Berna.

Nomes noutras linguas

Abr.GalegoAlemánFrancésItalianoRomancheLatín
AI Appenzell Interior Appenzell Innerrhoden Appenzell Rhodes-Intérieures Appenzello Interno Appenzell dadensAbbatis Cella exterior
AR Appenzell Exterior Appenzell Ausserrhoden Appenzell Rhodes-Extérieures Appenzello Esterno Appenzell dadorAbbatis Cella interior
AG Argovia Aargau Argovie Argovia ArgoviaArgovia
BL Basilea-Campo Basel-Landschaft Bâle-Campagne Basilea-Campagna Basilea-ChampagnaBasilia Rus
BS Basilea-Cidade Basel-Stadt Bâle-Ville Basilea-Città Basilea-CitadBasilia Urbs
BE Berna Bern Berne Berna BernaBerna
FR Friburgo Freiburg Fribourg Friburgo FriburgFriburgum
GL Glarus Glarus Glaris Glarona GlarunaGlarona
GR Grisóns Graubünden Grisons Grigioni GrischunGrisonia
LU Lucerna Luzern Lucerne Lucerna LucernaLucerna
NE Neuchâtel Neuenburg Neuchâtel Neuchâtel NeuchâtelNovicastrum
NW Nidwalden Nidwalden Nidwald Nidvaldo SutsilvaniaSubsilvania inferior
OW Obwalden Obwalden Obwald Obvaldo SursilvaniaSubsilvania superior
SG Sankt Gallen St. Gallen Saint-Gall San Gallo Son GaglSanctogallum
SH Schaffhausen Schaffhausen Schaffhouse Sciaffusa SchaffusaScafusa
SZ Schwyz Schwyz Schwyz (ou Schwytz) Svitto SvizSuitia
SO Soleura Solothurn Soleure Soletta SoloturnSolodurum
TI Tesino Tessin Tessin Ticino TessinTicinum
TG Turgovia Thurgau Thurgovie Turgovia TurgoviaTurgovia
UR Uri Uri Uri Uri UriUrania
VS Valais Wallis Valais Vallese VallaisValesia
VD Vaud Waadt Vaud Vaud VadPagus Valdensis
GE Xenebra Genf Genève Ginevra GenevraGenava
JU Xura Jura Jura Giura GiuraJura
ZG Zug Zug Zoug Zugo ZugTugium
ZH Zúric Zürich Zúric Zurigo TuritgTuricum

Véxase tamén

Ligazóns externas

Notas

🔥 Top keywords: