Mundial de Fútbol de 2014

evento futbolístico internacional cuatrianual
(Redirección desde «Copa do Mundo FIFA de 2014»)

A Copa Mundial da FIFA Brasil 2014 (oficialmente: Copa do Mundo FIFA Brasil 2014) foi a edición número vinte do Campionato Mundial de fútbol de seleccións, a competición máis importante deste deporte. O torneo celebrouse no Brasil do 12 de xuño ao 13 de xullo, despois de que o presidente da FIFA, Joseph Blatter, estabelecera o criterio de rotación continental. Esta edición foi a primeira que se xogou en Suramérica desde o Mundial da Arxentina 1978.

Modelo:Competición deportivaMundial de Fútbol de 2014
Editar o valor em Wikidata
Imaxe
TipoCopa do Mundo de Fútbol Editar o valor em Wikidata
MascotaFuleco Editar o valor em Wikidata
OrganizadorFIFA Editar o valor em Wikidata
PatrocinadorAdidas Editar o valor em Wikidata
Composto por
Número de participantes32 Editar o valor em Wikidata
Participantes
Localización  e  Datas
LocalizaciónItaipava Arena Pernambuco (São Lourenço da Mata (pt) Traducir)
Arena das Dunas (Natal)
Estádio Beira-Rio (Praia de Belas (pt) Traducir)
Estádio Governador Plácido Castelo (Fortaleza)
Arena da Amazônia (Manaus)
Arena da Baixada (Curitiba)
Arena Corinthians (Itaquera (pt) Traducir)
Estádio do Maracanã (Maracanã)
Mineirão (Belo Horizonte)
Estádio Nacional Mané Garrincha (Brasilia)
Arena Pantanal (Cuiabá)
Arena Fonte Nova (Salvador) Editar o valor em Wikidata
PaísBrasil Editar o valor em Wikidata
Intervalo de tempo12 de xuño de 2014 – 13 de xullo de 2014 Editar o valor em Wikidata
Número de edición20  (2014) Editar o valor em Wikidata
Competición
Primeiro postoAlemaña Editar o valor em Wikidata
Datos estatísticos
Partidos64 Editar o valor em Wikidata
Goles171 Editar o valor em Wikidata
Xogador Máis ValiosoLionel MessiArxentina
Máis goles marcadosJames RodríguezAlemaña (6)
Mellor porteiroManuel Neuer
Mellor xogador mozoPaul Pogba Editar o valor em Wikidata
Número de espectadores3.429.873 Editar o valor em Wikidata
Outro
Páxina web oficialfifa.com… Editar o valor em Wikidata
Facebook: 2014fifaworldcupbrazil Editar o valor em Wikidata

En 2004, a FIFA elixiu a Suramérica como sede da Copa Mundial de 2014. Pese ao entusiasmo inicial dalgúns países, só Brasil e Colombia presentaron as súas candidaturas oficiais antes do peche do prazo, o 18 de decembro de 2006. Algúns meses despois, Colombia retirou a súa candidatura, deixando como único postulante a Brasil. O 30 de outubro de 2007 a FIFA designou de xeito oficial a Brasil como o país que albergaría a Copa do Mundo de Fútbol de 2014. Alemaña proclamouse campioa do mundo por cuarta vez na súa historia, nunha disputada final contra Arxentina na que gañou 0-1 cun gol de Mario Götze a sete minutos do final da segunda parte da prórroga.

Elección da sede

Joseph Blatter anunciando a elección do Brasil.

O 7 de marzo de 2003, a FIFA anunciou que a Copa do Mundo de Fútbol de 2014 tería lugar en América do Sur por primeira vez desde que a Arxentina acollera o Mundial de 1978, mantendo así a súa tradicional política de rotar o dereito a albergar o Mundial entre as diferentes confederacións continentais. Uns meses despois, o 3 de xuño de 2003, a Confederación Suramericana de Fútbol, a CONMEBOL, anunciou que a Arxentina, o Brasil e Colombia se postulaban como candidatos para albergaren a cita mundialista.[1] A propia CONMEBOL votaría o 17 de marzo de 2004 de forma unánime ao Brasil coma a súa única candidata. A formalización das candidaturas non sucedería até máis de dous anos despois, cando en decembro de 2006 o Brasil anuncia formalmente a súa candidatura e seguindo o seu exemplo Colombia tan só uns días máis tarde. Finalmente, a candidatura arxentina nunca se chegaría a materializar. Aínda que orixinalmente o daquelas presidente da FIFA Joseph Blatter apoiara a candidatura, o 28 de febreiro de 2007, declarara que o desexo de Colombia de organizar a evento era un xesto para desviar a atención sobre os problemas do país.[2] Finalmente, o 11 de abril do mesmo ano, Colombia confirmaría a súa renuncia a ser sede do torneo, deixando o Brasil como o único candidato.[3]

Dous días despois, o 13 de abril, Blatter após visitar o Maracanã no Río de Xaneiro, o Morumbi en São Paulo, o Mineirão en Belo Horizonte, e o Beira-Rio en Porto Alegre, declara que os estadios non cumprían todos os requisitos precisos para albergaren a Copa. A pesar de todo, tanto Blatter como o presidente Lula da Silva saíron optimistas da reunión que mantiveron ao respecto. O 31 de maio pecharía o prazo dado pola FIFA e pola Confederação Brasileira de Futebol para que as cidades interesadas en acolleren encontros da copa fixesen as súas respectivas candidaturas. Vinte e unha cidades de dezanove Estados distintos, mais o Distrito Federal, entregarían á comisión organizadora a documentación precisa de acordo co Caderno de Encargos da FIFA. O 31 de xullo os documentos, nos cales aparecían as dezaoito cidades seleccionadas (incluída a candidatura conxunta de Recife e Olinda), serían confiados pola federación á FIFA en Zúric, Suíza. A finais do mes de agosto unha comisión formada por inspectores da FIFA estivo nas cidades de São Paulo, Río de Xaneiro, Belo Horizonte, Brasilia e Porto Alegre, para visitar persoalmente os estadios e infraestruturas destas cidades candidatas. Alén das visitas, os inspectores da FIFA asistiron ás presentacións dos proxectos das demais cidades candidatas. Finalmente, o día 30 de outubro de 2007 a FIFA ratificou o Brasil como país-sede da Copa do Mundo de 2014, sendo o único país que se presentou á votación final.[4][5] Así, o Brasil organizará o seu segundo campionato do mundo de fútbol despois do Mundial de 1950. A escolla das cidades-sede ficaría para finais de 2008.[6]

Organización

Sedes

Dilma Rousseff e Pelé seguindo os traballos en Belo Horizonte.

Dezaoito cidades, todas capitais de Estado, presentáronse como candidatas para albergaren partidos da Copa do Mundo: Belém, Belo Horizonte, Brasilia, Campo Grande, Cuiabá, Curitiba, Florianópolis, Fortaleza, Goiânia, Maceió, Manaus, Natal, Porto Alegre, Recife, Río Branco, Río de Xaneiro, Salvador e São Paulo.[7] De primeiras, a FIFA propuxo reducir o número de sedes a entre oito ou dez e que ningunha cidade albergase máis de dous estadios, porén, dada a dimensión continental do país, a organización cedeu aos pedidos de Ricardo Teixeira, presidente da Confederação Brasileira de Futebol, e concedeu permiso para que se utilizasen finalmente doce sedes.[8]

As doce sedes finais foron anunciadas o 31 de maio de 2009, cos descartes de Belém, Campo Grande, Florianópolis, Goiânia e Rio Branco;[9] mentres que Maceió xa retirara a súa candidatura en xaneiro. As doce seleccionadas abranguen todas as rexións do Brasil, de xeito que están mellor distribuídas por toda a xeografía, ao contrario do que aconteceu no mundial de 1950 cando os partidos se concentraran nas rexións Sur e Sueste.[10] Con todo, como resultado, os equipos terán que realizar longas viaxes dunha distancia significativa. Seis destas sedes albergaron tamén antes da cita mundialista a Copa das Confederacións 2013: Belo Horizonte, Brasilia, Fortaleza, Recife, Río de Xaneiro e Salvador. Cómpre sinalar que unha das sedes, Recife, albergará os partidos nunha cidade da súa rexión metropolitana, São Lourenço da Mata.

O investimento total reportado para os proxectos de construción e remodelación dos estadios acadou os 3,47 mil millóns de dólares estadounidenses.[11] Cinco estadios foron construídos desde cero especificamente para a Copa do Mundo, mentres que o Estádio Nacional Mané Garrincha da capital Brasilia foi demolido e reconstruído, e os restantes seis foron amplamente renovados.[12] O Estádio do Maracanã no Río de Xaneiro, que aínda ostenta o récord de espectadores para un partido da Copa do Mundo (o Maracanaço con 199 854), é o estadio máis grande desde cita. A Confederação Brasileira tiña a intención orixinalmente de que o partido inaugural se disputase no Estádio do Morumbi de São Paulo, pero foi rexeitado da candidatura en 2010 despois de non poder dispoñer de garantías financeiras para as melloras requiridas.[13] O comité organizador da Copa en São Paulo estudou entón a construción dun novo estadio en Pirituba, na zona noroeste da cidade, mais esta opción foi descartada debido ao tempo insuficiente, así foi que o comité organizador xuntamente coa Prefeitura e o Goberno de São Paulo decidiron que o estadio sede en São Paulo sería o novo estadio do Corinthians en Itaquera, o Arena de São Paulo ou Arena Corinthians.

O primeiro dos novos estadios en estar finalizado foi o Castelão en Fortaleza, inaugurado o 16 de decembro de 2012 e operativo xa desde xaneiro do ano seguinte.[14] De acordo con Joe Leahy do Financial Times, as obras do Castelão, "poderían sentar precedente para outras obras públicas deportivas", xa que o proxecto "entrou dentro de orzamento e foi máis barato por asento" que o estadio de Maracanã en Río.[15][16] Pouco tempo despois, o 21 de decembro de 2012, inaugurouse o Estádio Mineirão de Belo Horizonte. O 5 de abril foi a vez da reinauguración da Arena Fonte Nova de Salvador, seguida pola do Maracanã do Río de Xaneiro o 27 de abril e polo Estádio Nacional Mané Garrincha, en Brasilia, o 18 de maio. Finalmente, o 20 de maio, foi inaugurada a Arena Pernambuco, en São Lourenço da Mata, Recife. Nas cerimonias de reapertura dos estadios estiveron presentes diversas autoridades gobernamentais, entre elas a Presidenta Dilma Rousseff.

Estadios

Río de Xaneiro, RJ Brasilia, DF São Paulo, SP Fortaleza, CE
Estádio do MaracanãEstádio NacionalArena de São PauloEstádio Castelão

22°54′43.8″S 43°13′48.59″O / -22.912167, -43.2301639 (Estádio do Maracanã)

15°47′0.6″S 47°53′56.99″O / -15.783500, -47.8991639 (Estádio Nacional Mané Garrincha)

23°32′43.91″S 46°28′24.14″O / -23.5455306, -46.4733722 (Arena de São Paulo)

3°48′26.16″S 38°31′20.93″O / -3.8072667, -38.5224806 (Estádio Castelão)

Capacidade: 76 935
(remodelado)
Capacidade: 70 042
(remodelado)
Capacidade: 68 000
(estadio novo)
Capacidade: 64 846
(remodelado)
Belo Horizonte, MG Porto Alegre, RS
Estádio MineirãoEstádio Beira-Rio

19°51′57″S 43°58′15″O / -19.86583, -43.97083 (Estádio Mineirão)

30°3′56.21″S 51°14′9.91″O / -30.0656139, -51.2360861 (Estádio Beira-Rio)

Capacidade: 62 547
(remodelado)
Capacidade: 51 300
(remodelado)
Salvador, BA Recife, PE
Arena Fonte NovaArena Pernambuco

12°58′43″S 38°30′15″O / -12.97861, -38.50417 (Arena Fonte Nova)

8°2′24″S 35°0′29″O / -8.04000, -35.00806 (Arena Pernambuco)

Capacidade: 56 000
(remodelado)
Capacidade: 46 154
(estadio novo)
Cuiabá, MT Manaus, AM Natal, RN Curitiba, PR
Arena PantanalArena da AmazôniaArena das DunasArena da Baixada

15°36′11″S 56°7′14″O / -15.60306, -56.12056 (Arena Pantanal)

3°4′59″S 60°1′41″O / -3.08306, -60.02806 (Arena Amazônia)

5°49′44.18″S 35°12′49.91″O / -5.8289389, -35.2138639 (Arena das Dunas)

25°26′54″S 49°16′37″O / -25.44833, -49.27694 (Arena da Baixada)

Capacidade: 42 968
(estadio novo)
Capacidade: 42 374
(estadio novo)
Capacidade: 42 086
(estadio novo)
Capacidade: 43 981
(remodelado)

Campamentos base

O 31 de xaneiro de 2014 a FIFA e o Comité Organizador anunciaron a localización dos campamentos base e lugares de adestramento das 32 seleccións participantes.[17]

EquipoCidadeEstadoEquipoCidadeEstado
 Alemaña Santa Cruz Cabrália Baía  Estados Unidos São Paulo São Paulo
 Alxeria Sorocaba São Paulo  Francia Ribeirão Preto São Paulo
 Arxentina Vespasiano Minas Xerais  Ghana Maceió Alagoas
 Australia Vitória Espírito Santo  Grecia Aracaju Sergipe
 Bélxica Mogi das Cruzes São Paulo  Honduras Porto Feliz São Paulo
 Bosnia e Hercegovina Guarujá São Paulo  Inglaterra Río de Xaneiro Río de Xaneiro
 Brasil Teresópolis Río de Xaneiro  Irán Guarulhos São Paulo
 Camerún Vitória Espírito Santo  Italia Mangaratiba Río de Xaneiro
 Chile Belo Horizonte Minas Xerais  Xapón Itu São Paulo
 Colombia Cotia São Paulo  México Santos São Paulo
 Corea do Sur Foz do Iguaçu Paraná  Nixeria Campinas São Paulo
 Costa do Marfil Águas de Lindóia São Paulo  Países Baixos Río de Xaneiro Río de Xaneiro
 Costa Rica Santos São Paulo  Portugal Campinas São Paulo
 Croacia Mata de São João Baía  Rusia Itu São Paulo
 Ecuador Viamão Río Grande do Sur  SuízaPorto Seguro Baía
 España Curitiba Paraná  Uruguai Sete Lagoas Minas Xerais

Imaxe

Logotipo

Cerimonia de presentación do logo oficial.

O logotipo oficial da Copa do Mundo do Brasil 2014, creado pola axencia brasileira África, recibe o nome de "Inspiração". O proxecto está baseado nunha fotografía icónica de tres mans vitoriosas xuntas levantando o Trofeo que acredita ao campión do evento. Ademais da noción humanitaria das mans en interligazón, a representación das mans xunto co uso simbólico do verde e amarelo da bandeira do Brasil, simbolizan tamén ao pobo brasileiro dando calorosas benvidas ao mundo. O logotipo foi presentado nunha cerimonia realizada en Xohanesburgo, Suráfrica, o 8 de xullo de 2010.[18]

A Federación Internacional de Fútbol Asociación (FIFA) e o Comité Organizador Local (COL) Brasil 2014 convidaron a vinte e cinco axencias brasileiras a presentaren proxectos para o emblema oficial do torneo, a tarefa de escoller o vencedor foi delegada a un grupo de xuíces composto polo presidente da Confederação Brasileira de Futebol, Ricardo Teixeira, o secretario xeral da FIFA, Jérôme Valcke, a supermodelo Gisele Bündchen, o arquitecto Oscar Niemeyer, o novelista Paulo Coelho, a cantante Ivete Sangalo e o deseñador Hans Donner. Antes de desvelar o logotipo, os grupos de música brasileiros Barbatuques e Bossacucanova, así como a cantante gañadora dun Grammy Vanessa da Mata ofreceron un espectáculo presentado por Fernanda Lima e Rodrigo Hilbert.[18]

A comunidade brasileira de deseñadores reaccionou con duras críticas á identidade visual escollida.[19] Segundo Alexandre Wollner, un dos precursores do deseño moderno brasileiro e un dos maiores profesionais da área no país,[20] o deseño semella unha man cubrindo o rostro de vergoña, sinalou ademais que o proceso de escolla por un xurado que excluía deseñadores gráficos profesionais, non fora correcto.[21]

Balón

O "Brazuca" é o balón oficial para o mundial. A pelota, fabricada por Adidas, foi presentada o martes 3 de decembro de 2013, dous días antes que tivese lugar o sorteo de equipos para os grupos, aínda que habitualmente adoitase presentarse o mesmo día. A presentación tivo lugar na cidade do Río de Xaneiro, no Parque Lage, acompañada con efectos de luz en 3D. O seu nome foi escollido o 2 de setembro de 2012, após unha votación na que participaron máis dun millón de seareiros do país anfitrión. Entre os nomes máis votados destacaron o "Brazuca" (77,8%), finalmente vencedor, o "Bossa Nova" (14,6%) e o "Carnavalesca" (7,6%). De acordo coa FIFA, "Brazuca é un termo informal, utilizado polos brasileiros para describir o orgullo nacional polo estilo de vida do país. Simboliza emoción, orgullo e boa vontade con todos, de forma semellante á abordaxe local ao fútbol".[22]

O Brazuca, antes da súa presentación ao mundo, tivo que superar esixentes probas durante máis de dous anos e medio, das que formaron parte máis de 600 dos mellores xogadores de fútbol de todo o mundo, así como 30 equipos de máis de dez países pertencentes a tres continentes distintos, para garantir a súa adaptabilidade a calquera terreo de xogo. Debido a isto é o balón que máis probas debeu superar na historia da compañía xermana. Os equipos de fútbol que participaron nas devanditas probas son entre outros, o AC Milan, o Bayern München, o Palmeiras ou o Fluminense. Algúns dos xogadores involucrados durante o proceso foron estrelas de fútbol como Lionel Messi, Bastian Schweinsteiger ou Zinedine Zidane.[23]

Cartel

O cartel oficial do mundial é a principal marca visual do evento. O deseño retrata dúas pernas de xogadores disputando unha bóla, que xuntas forman a parte inferior do contorno do mapa do Brasil, no cal se le a inscrición "2014 Copa do Mundo da Fifa Brasil". Unha vista máis detallada da mesma figura revela símbolos da fauna, flora e cultura de cada rexión do país, como o piso do paseo de Copacabana, a capoeira, a danza do frevo, as baianas, o chimarrão e un balón de fútbol.[24]

Escollido entre diversos concorrentes, o póster foi creado pola deseñadora da axencia Crama, Karen Haidinger. A presentación foi realizada polos embaixadores da Copa do Mundo: Marta, Ronaldo, Bebeto, Carlos Alberto e Amarildo, coa ausencia do ex-técnico e xogador Zagallo, o día 30 de xaneiro de 2013.[25] O símbolo foi elixido por unha comisión xulgadora formada polo secretario xeral da Federación Internacional de Fútbol (FIFA), Jérôme Valcke, pola Ministra da Cultura Marta Suplicy, polo presidente da Confederação Brasileira de Futebol e do Comitê Organizador Local (COL), José Maria Marin, polo artista plástico Romero Britto, e polos ex xogadores Ronaldo e Bebeto, integrantes do consello do COL.[25]

Mascota

Artigo principal: Fuleco.

"Fuleco" é a mascota oficial do torneo. É un tatú da especie Tolypeutes tricinctus (tatú-bóla brasileiro), cuxo nome une as palabras tbol (Ful) e Ecoloxía (Eco). A mascota foi elixida pola FIFA en marzo de 2012 tras vencer a outras candidatas como a arara, un paxaro colorido; o Saci Pererê, unha coñecida personaxe do folclore brasileiro que representa un mozo indíxena cunha soa perna; e o xaguar, un félido oriúndo de América. Fuleco foi presentado ao público como mascota oficialmente o 16 de novembro de 2012.[26] A idea de propoñer como candidato este animal xurdiu da ONG cearense Associação Caatinga.[27] A campaña gañou repercusión nas redes sociais e, o 29 de febreiro de 2012, entregóuselle un expediente aos representantes do Ministerio de Deporte. O tatú-bóla-da-caatinga é unha espécie endémica do Brasil e, de acordo coa Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (IUCN), encóntrase ameazada de extinción, con estado de conservación vulnerábel.

A identidade visual da mascota componse dun tatú de cor amarela, coa carapa azul, vestindo un calzón verde e unha camiseta branca na cal está escrito "Brasil 2014". Para decidir o nome, abriuse unha votación pública. "Amijubi" (palabra formada pola fusión de amizade e xúbilo), "Fuleco" (xunción de fútbol e ecoloxía) e "Zuzeco" (mestura de azul e ecoloxía) foron os nomes postulantes. Finalmente, co 48% dos 1,7 millóns de votos por Internet no Brasil e no mundo, "Fuleco" foi escollido como nome oficial da mascota e anunciado o 25 de novembro de 2012. Zuzeco obtivo o 31% e Amijubi o 21% dos votos.[27]

Segundo a organización Fuleco é un tatú amigábel e moi sociábel. Apoia a conservación do medio ambiente coa súa filosofía ecoloxista, fomentando ademais a cultura do deporte. Está sempre a brinca, xa que lle gusta fecharse na súa propia carapa confundindo os seus amigos cun balón. Usualmente fai a "viravolta do tatú" cando mete gol. É curioso e gústalle explorar. Tamén lle gusta escoitar música, sobre todo brasileira, usar as redes sociais e seguir a filosofía do xogo limpo en calquera lugar; ver películas animadas; ler cómics e xogar videoxogos na súa computadora. A súa dieta consiste en verduras, froitas, froitos secos e sementes, incluíndo a anacardio, coñecido no Brasil como cajueiro.[28]

Clasificación

O sorteo para a clasificación para o Mundial realizouse en Río de Xaneiro o 30 de xullo de 2011.[29] Como país organizador, Brasil clasificouse automaticamente para o Mundial. As fases de clasificación comezaron o 15 de xuño de 2011, e remataron o 20 de novembro de 2013, e participaron 203 das 208 seleccións da FIFA.

24 dos 32 clasificados estiveron presentes no anterior Mundial, mentres que a única selección debutante é a de Bosnia e Hercegovina, que participa por primeira vez como país independente. A rexión de Oceanía quedou sen ningún representante por primeira vez dende o ano 2002.

Lista de participantes

AFC (4)
CAF (5)
OFC (0)
  • Ningún clasificado
CONCACAF (4)
CONMEBOL (6)
UEFA (13)
     Países clasificados ao Mundial      Países non clasificados ao Mundial      Países que non participaron na clasificación      País non membro da FIFA

Grupos

Grupo para o sorteo 1Grupo para o sorteo 2Grupo para o sorteo 3Grupo para o sorteo 4

 Brasil
 Alemaña
 Arxentina
 Bélxica
 Colombia
 España
 Uruguai
 Suíza

 Alxeria
 Camerún
 Chile
 Costa do Marfil
 Ecuador
 Ghana
 Italia (procede do grupo 4)
 Nixeria

 Australia
 Corea do Sur
 Costa Rica
 Estados Unidos
 Honduras
 Irán
 México
 Xapón

 Bosnia e Hercegovina
 Croacia
 Francia
 Grecia
 Inglaterra
 Países Baixos
 Portugal
 Rusia

Grupos finais
Grupo AGrupo BGrupo CGrupo D
 Brasil  España  Colombia  Uruguai
 Croacia  Países Baixos  Grecia  Costa Rica
 México  Chile  Costa do Marfil  Inglaterra
 Camerún  Australia  Xapón  Italia
Grupo EGrupo FGrupo GGrupo H
 Suíza  Arxentina  Alemaña  Bélxica
 Ecuador  Bosnia e Hercegovina  Portugal  Alxeria
 Francia  Irán  Ghana  Rusia
 Honduras  Nixeria  Estados Unidos  Corea do Sur

Calendario

Os horarios corresponden á hora de Brasilia (UTC-3). Para máis información sobre cada encontro (aliñacións, trocos, sancións...) prema no resultado.

Primeira fase

Grupo A


EquipoPtsPXPGPEPPGFGCDif
 Brasil7321072+5
 México7321041+3
 Croacia33102660
 Camerún0300319-8


Brasil 3 - 1Croacia12 de xuño de 2014, 17:00 – Arena de São Paulo, São Paulo
Asistencia: 62 103
Árbitro: Yuichi Nishimura (Xapón)
Neymar  29'  71' (pen.)
Oscar  90+1'
Informe
Marcelo  11' (p.m.)
 
México 1 - 0Camerún13 de xuño de 2014, 13:00 – Arena das Dunas, Natal
Asistencia: 39 216
Árbitro: Wilmar Roldán (Colombia)
Peralta  61'Informe
 


Brasil 0 - 0México17 de xuño de 2014, 16:00 – Estádio Castelão, Fortaleza
Asistencia: 60 342
Árbitro: Cüneyt Çakır (Turquía)
Informe
 
Camerún 0 - 4Croacia18 de xuño de 2014, 19:00 – Arena da Amazônia, Manaus
Asistencia: 39 982
Árbitro: Pedro Proença (Portugal)
Informe
Olić  11'
Perišić  48'
Mandžukić  61'  73'
 


Camerún 1 - 4Brasil23 de xuño de 2014, 17:00 – Estádio Nacional, Brasilia
Asistencia: 69 112
Árbitro: Jonas Eriksson (Suecia)
Matip  26'Informe
Neymar  17'  35'
Fred  49'
Fernandinho  84'
 
Croacia 1 - 3México23 de xuño de 2014, 17:00 – Arena Pernambuco, Recife
Asistencia: 41 212
Árbitro: Ravshan Irmatov (Uzbekistán)
Perišić  87'Informe
Márquez  72'
Guardado  75'
Hernández  82'
 

Grupo B


EquipoPtsPXPGPEPPGFGCDif
Países Baixos93300103+7
Chile6320153+2
España3310247-3
Australia0300339-6


España 1 - 5Países Baixos13 de xuño de 2014, 16:00 – Arena Fonte Nova, Salvador
Asistencia: 48 173
Árbitro: Nicola Rizzoli (Italia)
Alonso  27' (pen.)Informe
Van Persie  44'  72'
Robben  53'  80'
De Vrij  64'
 
Chile 3 - 1Australia13 de xuño de 2014, 19:00 – Arena Pantanal, Cuiabá
Asistencia: 40 275
Árbitro: Noumandiez Doué (Costa do Marfil)
Sánchez  12'
Valdívia  14'
Beausejour  90+2'
Informe
Cahill  35'
 


Australia 2 - 3Países Baixos18 de xuño de 2014, 13:00 – Estádio Beira-Rio, Porto Alegre
Asistencia: 42 877
Árbitro: Djamel Haimoudi (Alxeria)
Cahill  21'
Jedinak  54' (pen.)
Informe
Robben  20'
Van Persie  58'
Depay  68'
 
España 0 - 2Chile18 de xuño de 2014, 16:00 – Estádio do Maracanã, Río de Xaneiro
Asistencia: 74 101
Árbitro: Mark Geiger (Estados Unidos)
Informe
Vargas  20'
Aránguiz  43'
 


Australia 0 - 3España23 de xuño de 2014, 13:00 – Arena da Baixada, Curitiba
Asistencia: 39 375
Árbitro: Nawaf Shukralla (Bahrain)
Informe
Villa  36'
Torres  69'
Mata  82'
 
Países Baixos 2 - 0Chile23 de xuño de 2014, 13:00 – Arena de São Paulo, São Paulo
Asistencia: 62 996
Árbitro: Bakary Gassama (Gambia)
Fer  77'
Memphis  90+2'
Informe
 

Grupo C


EquipoPtsPXPGPEPPGFGCDif
 Colombia9330092+7
 Grecia4311124-2
 Costa do Marfil3310245-1
 Xapón1301226-4


Colombia 3 - 0Grecia14 de xuño de 2014, 13:00 – Estádio Mineirão, Belo Horizonte
Asistencia: 57 174
Árbitro: Mark Geiger (Estados Unidos)
Armero  5'
Gutiérrez  58'
Rodríguez  90+3'
Informe
 
Costa do Marfil 2 - 1Xapón14 de xuño de 2014, 22:00 – Arena Pernambuco, Recife
Asistencia: 40 267
Árbitro: Enrique Osses (Chile)
Bony  64'
Gervinho  66'
Informe
Honda  16'
 


Colombia 2 - 1Costa do Marfil19 de xuño de 2014, 13:00 – Estádio Nacional, Brasilia
Asistencia: 68 748
Árbitro: Howard Webb (Inglaterra)
Rodríguez  64'
Quintero  70'
Informe
Gervinho  73'
 
Xapón 0 - 0Grecia19 de xuño de 2014, 19:00 – Arena das Dunas, Natal
Asistencia: 40 267
Árbitro: Enrique Osses (Chile)
Informe
 


Xapón 1 - 4Colombia24 de xuño de 2014, 19:00 – Arena Pantanal, Cuiabá
Asistencia: 40 340
Árbitro: Pedro Proença (Portugal)
Okazaki  45+1'Informe
Cuadrado  17' (pen.)
Martínez  55'  82'
Rodríguez  90'
 
Grecia 2 - 1Costa do Marfil24 de xuño de 2014, 19:00 – Estádio Castelão, Fortaleza
Asistencia: 59 095
Árbitro: Carlos Vera (Ecuador)
Samaris  42'
Samaras  90+3' (pen.)
Informe
Bony  74'
 

Grupo D


EquipoPtsPXPGPEPPGFGCDif
 Costa Rica7321041+3
 Uruguai43111440
 Italia4311123-1
 Inglaterra1301224-2


Uruguai 1 - 3Costa Rica14 de xuño de 2014, 16:00 – Estádio Castelão, Fortaleza
Asistencia: 58 679
Árbitro: Felix Brych (Alemaña)
Cavani  24' (pen.)Informe
Campbell  54'
Duarte  57'
Ureña  84'
 
Inglaterra 1 - 2Italia14 de xuño de 2014, 19:00 – Arena da Amazônia, Manaus
Asistencia: 39.800
Árbitro: Björn Kuipers (Países Baixos)
Sturridge  37'Informe
Marchisio  35'
Balotelli  50'
 


Uruguai 2 - 1Inglaterra19 de xuño de 2014, 16:00 – Arena de São Paulo, São Paulo
Asistencia: 62 575
Árbitro: Carlos Velasco Carballo (España)
Suárez  39'  85'Informe
Rooney  75'
 
Italia 0 - 1Costa Rica20 de xuño de 2014, 13:00 – Arena Pernambuco, Recife
Asistencia: 40 285
Árbitro: Enrique Osses (Chile)
Informe
Ruiz  44'
 


Italia 0 - 1Uruguai24 de xuño de 2014, 13:00 – Arena das Dunas, Natal
Asistencia: 39 706
Árbitro: Marco Rodríguez (México)
Informe
Godín  81'
 
Costa Rica 0 - 0Inglaterra24 de xuño de 2014, 13:00 – Estádio Mineirão, Belo Horizonte
Asistencia: 57 823
Árbitro: Djamel Haimoudi (Alxeria)
Informe
 

Grupo E


EquipoPtsPXPGPEPPGFGCDif
 Francia7321082+6
 Suíza6320176+1
 Ecuador43111330
 Honduras0300318-7


Suíza 2 - 1Ecuador15 de xuño de 2014, 13:00 – Estádio Nacional, Brasilia
Asistencia: 68 351
Árbitro: Ravshan Irmatov (Uzbekistán)
Mehmedi  48'
Seferović  90+3'
Informe
Valencia  22'
 
Francia 3 - 0Honduras15 de xuño de 2014, 16:00 – Estádio Beira-Rio, Porto Alegre
Asistencia: 43 012
Árbitro: Sandro Ricci (Brasil)
Benzema  45' (pen.)  72'
Valladares  48' (p.m.)
Informe
 


Suíza 2 - 5Francia20 de xuño de 2014, 16:00 – Arena Fonte Nova, Salvador
Asistencia: 51 003
Árbitro: Björn Kuipers (Países Baixos)
Džemaili  81'
Xhaka  87'
Informe
Giroud  17'
Matuidi  18'
Valbuena  40'
Benzema  67'
Sissoko  73'
 
Honduras 1 - 2Ecuador20 de xuño de 2014, 19:00 – Arena da Baixada, Curitiba
Asistencia: 39. 224
Árbitro: Ben Williams (Australia)
Costly  31'Informe
E. Valencia  34'  65'
 


Honduras 0 - 3Suíza25 de xuño de 2014, 17:00 – Arena da Amazônia, Manaus
Asistencia: 40 322
Árbitro: Néstor Pitana (Arxentina)
Informe
Shaqiri  6'  31'  71'
 
Ecuador 0 - 0Francia25 de xuño de 2014, 17:00 – Estádio do Maracanã, Río de Xaneiro
Asistencia: 73 749
Árbitro: Noumandiez Doué (Costa do Marfil)
Informe
 

Grupo F


EquipoPtsPXPGPEPPGFGCDif
 Arxentina9330063+3
 Nixeria43111330
 Bosnia e Hercegovina33102440
 Irán1301214-3


Arxentina 2 - 1Bosnia e Hercegovina15 de xuño de 2014, 19:00 – Estádio do Maracanã, Río de Xaneiro
Asistencia: 74 738
Árbitro: Joel Aguilar (O Salvador)
Kolašinac  3' (p.m.)
Messi  65'
Informe
Ibišević  84'
 
Irán 0 - 0Nixeria16 de xuño de 2014, 16:00 – Arena da Baixada, Curitiba
Asistencia: 39 081
Árbitro: Carlos Vera (Ecuador)
Informe
 


Arxentina 1 - 0Irán21 de xuño de 2014, 13:00 – Estádio Mineirão, Belo Horizonte
Asistencia: 57 698
Árbitro: Milorad Mažić (Serbia)
Messi  90+1'Informe
 
Nixeria 1 - 0Bosnia e Hercegovina21 de xuño de 2014, 19:00 – Arena Pantanal, Cuiabá
Asistencia: 40 499
Árbitro: Peter O'Leary (Nova Zelandia)
Odemwingie  29'Informe
 


Nixeria 2 - 3Arxentina25 de xuño de 2014, 13:00 – Estádio Beira-Rio, Porto Alegre
Asistencia: 43 285
Árbitro: Nicola Rizzoli (Italia)
Musa  4'  47'Informe
Messi  3'  45+1'
Rojo  50'
 
Bosnia e Hercegovina 3 - 1Irán25 de xuño de 2014, 13:00 – Arena Fonte Nova, Salvador
Asistencia: 48 011
Árbitro: Carlos Velasco Carballo (España)
Džeko  23'
Pjanić  59'
Vršajević  83'
Informe
Ghoochannejhad  82'
 

Grupo G


EquipoPtsPXPGPEPPGFGCDif
 Alemaña7321072+5
 Estados Unidos43111440
 Portugal4311147-3
 Ghana1301246-2


Alemaña 4 - 0Portugal16 de xuño de 2014, 13:00 – Arena Fonte Nova, Salvador
Asistencia: 51 081
Árbitro: Milorad Mažić (Serbia)
Müller  12'  45+1'  78'
Hummels  32'
Informe
 
Ghana 1 - 2Estados Unidos16 de xuño de 2014, 19:00 – Arena das Dunas, Natal
Asistencia: 39. 760
Árbitro: Jonas Eriksson (Suecia)
Ayew  82'Informe
Dempsey  1'
Brooks  86'
 


Alemaña 2 - 2Ghana21 de xuño de 2014, 16:00 – Estádio Castelão, Fortaleza
Asistencia: 59 621
Árbitro: Sandro Ricci (Brasil)
Götze  51'
Klose  71'
Informe
A. Ayew  54'
Gyan  63'
 
Estados Unidos 2 - 2Portugal22 de xuño de 2014, 19:00 – Arena da Amazônia, Manaus
Asistencia: 40 123
Árbitro: Néstor Pitana (Arxentina)
Jones  64'
Dempsey  81'
Informe
Nani  5'
Varela  90+5'
 


Estados Unidos 0 - 1Alemaña26 de xuño de 2014, 13:00 – Arena Pernambuco, Recife
Asistencia: 41 876
Árbitro: Ravshan Irmatov (Uzbekistán)
Informe
Müller  55'
 
Portugal 2 - 1Ghana26 de xuño de 2014, 13:00 – Estádio Nacional, Brasilia
Asistencia: 67 540
Árbitro: Nawaf Shukralla (Bahrain)
Boye  31' (p.m.)
Ronaldo  80'
Informe
Gyan  57'
 

Grupo H


EquipoPtsPXPGPEPPGFGCDif
 Bélxica9330041+3
 Alxeria4311165+1
 Rusia2302123-1
 Corea do Sur1301236-3


Bélxica 2 - 1Alxeria17 de xuño de 2014, 13:00 – Estádio Mineirão, Belo Horizonte
Asistencia: 56 800
Árbitro: Marco Rodríguez (México)
Fellaini  70'
Mertens  80'
Informe
Feghouli  24' (pen.)
 
Rusia 1 - 1Corea do Sur17 de xuño de 2014, 19:00 – Arena Pantanal, Cuiabá
Asistencia: 37 603
Árbitro: Néstor Pitana (Arxentina)
Kerzhakov  74'Informe
Lee Keun-ho  68'
 


Bélxica 1 - 0Rusia22 de xuño de 2014, 13:00 – Estádio do Maracanã, Río de Xaneiro
Asistencia: 73 819
Árbitro: Felix Brych (Alemaña)
Origi  88'Informe
 
Corea do Sur 2 - 4Alxeria22 de xuño de 2014, 16:00 – Estádio Beira-Rio, Porto Alegre
Asistencia: 42 732
Árbitro: Wilmar Roldán (Colombia)
Son Heung-min  50'
Koo Ja-cheol  72'
Informe
Slimani  26'
Halliche  28'
Djabou  38'
Brahimi  62'
 


Corea do Sur 0 - 1Bélxica26 de xuño de 2014, 17:00 – Arena de São Paulo, São Paulo
Asistencia: 61 397
Árbitro: Ben Williams (Australia)
Informe
Vertonghen  78'
 
Alxeria 1 - 1Rusia26 de xuño de 2014, 17:00 – Arena da Baixada, Curitiba
Asistencia: 39 311
Árbitro: Cüneyt Çakır (Turquía)
Slimani  60'Informe
Kokorin  6'
 

Segunda fase


Oitavos de finalCuartos de finalSemifinaisFinal
              
Belo Horizonte, 28 de xuño      
   Brasil (pen.) 1 (3) 
Fortaleza, 4 de xullo
   Chile 1 (2)  
   Brasil 2
Río de Xaneiro, 28 de xuño
    Colombia 1 
   Colombia 2
Belo Horizonte, 8 de xullo
   Uruguai 0 
   Brasil 1
Brasilia, 30 de xuño
    Alemaña 7 
   Francia 2
Río de Xaneiro, 4 de xullo
   Nixeria 0 
   Francia 0
Porto Alegre, 30 de xuño
    Alemaña 1 
   Alemaña (pro.) 2
Río de Xaneiro, 13 de xullo
   Alxeria 1 
   Alemaña (pro.) 1
Fortaleza, 29 de xuño
    Arxentina 0
   Países Baixos 2
Salvador, 5 de xullo
   México 1 
   Países Baixos (pen.) 0 (4) 
Recife, 29 de xuño
    Costa Rica 0 (3)  
   Costa Rica (pen.) 1 (5) 
São Paulo, 9 de xullo
   Grecia 1 (3)  
   Países Baixos 0 (2) 
São Paulo, 1 de xullo
    Arxentina (pen.) 0 (4)  Terceiro posto
   Arxentina (pro.) 1
Brasilia, 5 de xulloBrasilia, 12 de xullo
   Suíza 0 
   Arxentina 1   Brasil 0
Salvador, 1 de xullo
    Bélxica 0    Países Baixos 3
   Bélxica (pro.) 2
   Estados Unidos 1 


Oitavos de final

Brasil 1 - 1
(Penaltis 3 - 2)
Chile28 de xuño de 2014, 13:00 – Estádio Mineirão, Belo Horizonte
Asistencia: 57 174
Árbitro: Howard Webb (Estados Unidos)
David Luiz  18'

David Luiz
Willian
Marcelo
Hulk
Neymar
Informe
Sánchez  32'

Pinilla
Sánchez
Aránguiz
Díaz
Jara
 
Colombia 2 - 0Uruguai28 de xuño de 2014, 17:00 – Estádio do Maracanã, Río de Xaneiro
Asistencia: 73 804
Árbitro: Björn Kuipers (Países Baixos)
Rodríguez  28'  50'Informe
 


Países Baixos 2 - 1México29 de xuño de 2014, 13:00 – Estádio Castelão, Fortaleza
Asistencia: 58 817
Árbitro: Pedro Proença (Portugal)
Sneijder  88'
Huntelaar  90+4' (pen.)
Informe
Dos Santos  48'
 
Costa Rica 1 - 1
(Penaltis 5 - 3)
Grecia29 de xuño de 2014, 17:00 – Arena Pernambuco, Recife
Asistencia: 41 242
Árbitro: Ben Williams (Australia)
Ruiz  52'

Borges
Ruiz
González
Campbell
Umaña
Informe
Papastathopoulos  90+1'

Mitroglou
Christodoulopoulos
Holebas
Gekas
 


Francia 2 - 0Nixeria30 de xuño de 2014, 13:00 – Estádio Nacional, Brasilia
Asistencia: 67 882
Árbitro: Mark Geiger (Estados Unidos)
Pogba  79'
Yobo  90+2' (p.m.)
Informe
 
Alemaña 2 - 1
(Prórroga 0 - 0)
Alxeria30 de xuño de 2014, 17:00 – Estádio Beira-Rio, Porto Alegre
Asistencia: 43 063
Árbitro: Sandro Ricci (Brasil)
Schürrle  92'
Özil  120+2'
Informe
Djabou  120+4'
 


Arxentina 1 - 0
(Prórroga 0 - 0)
Suíza1 de xullo de 2014, 13:00 – Arena de São Paulo, São Paulo
Asistencia: 63 255
Árbitro: Jonas Eriksson (Suecia)
Di María  118'Informe
 
Bélxica 2 - 1
(Prórroga 0 - 0)
Estados Unidos1 de xullo de 2014, 17:00 – Arena Fonte Nova, Salvador
Asistencia: 51 227
Árbitro: Djamel Haimoudi (Alxeria)
De Bruyne  93'
Lukaku  105'
Informe
Green  107'
 

Cuartos de final

Francia 0 - 1Alemaña4 de xullo de 2014, 13:00 – Estádio do Maracanã, Río de Xaneiro
Asistencia: 74 240
Árbitro: Néstor Pitana (Arxentina)
Informe
Hummels  13'
 
Brasil 2 - 1Colombia4 de xullo de 2014, 17:00 – Estádio Castelão, Fortaleza
Asistencia: 60 342
Árbitro: Carlos Velasco Carballo (España)
Thiago Silva  7'
David Luiz  69'
Informe
Rodríguez  80' (pen.)
 


Arxentina 1 - 0Bélxica5 de xullo de 2014, 13:00 – Estádio Nacional, Brasilia
Asistencia: 68 551
Árbitro: Nicola Rizzoli (Italia)
Higuaín  8'Informe
 
Países Baixos 0 - 0
(Penaltis 4 - 3)
Costa Rica5 de xullo de 2014, 17:00 – Arena Fonte Nova, Salvador
Asistencia: 51 179
Árbitro: Ravshan Irmatov (Uzbekistán)
Van Persie
Robben
Sneijder
Kuyt
Informe
Borges
Ruiz
González
Bolaños
Umaña
 

Semifinais

Brasil 1 - 7Alemaña8 de xullo de 2014, 17:00 – Estádio Mineirão, Belo Horizonte
Asistencia: 58 141
Árbitro: Marco Rodríguez (México)
Oscar  90'Informe
Müller  11'
Klose  23'
Toni Kroos  24'  26'
Khedira  29'
Schürrle  69'  79'
 
Países Baixos 0 - 0
(Penaltis 2 - 4)
Arxentina9 de xullo de 2014, 17:00 – Arena de São Paulo, São Paulo
Asistencia: 63 267
Árbitro: Cüneyt Çakır (Turquía)
Vlaar
Robben
Sneijder
Kuyt
Informe
Messi
Garay
Agüero
Rodríguez
 

Terceiro posto

Brasil 0 - 3Países Baixos12 de xullo de 2014, 17:00 – Estádio Nacional, Brasilia
Asistencia: 68 034
Árbitro: Djamel Haimoudi (Alxeria)
Informe
Van Persie  3' (pen.)
Blind  17'
Wijnaldum  90+1'
 

Final

Alemaña 1 - 0
(Prórroga 0 - 0)
Arxentina13 de xullo de 2014, 16:00 – Estádio do Maracanã, Río de Xaneiro
Asistencia: 74 738
Árbitro: Nicola Rizzoli (Italia)
Götze  113'Informe
 

Premios e recoñecementos

Bota de Ouro

Para a designación do gañador da bota de ouro, tomáronse en conta en primeira instancia os goles (GF), seguido polas asistencias de goles realizadas (AST) e finalmente a menor cantidade de minutos xogados (MIN).[30]

James Rodríguez.
XogadorSelecciónGFASTMIN
James Rodríguez  Colombia62399'
Thomas Müller  Alemaña53682'
Neymar  Brasil41457'
Lionel Messi  Arxentina41693'
Robin van Persie  Países Baixos40548'
Karim Benzema  Francia32450'
André Schürrle  Alemaña31244'
Arjen Robben  Países Baixos32690'
Enner Valencia  Ecuador30270'
Xherdan Shaqiri  Suíza30387'

Outros premios

Controversias

Graffiti en São Paulo en protesta pola organización do Mundial. Fíxose famoso en Internet e nos medios como mostra do descontento.
Prisión de manifestantes no día 25 contra a Copa do Mundo de 2014 da FIFA, en São Paulo.[31]

Os preparativos para o mundial estiveron empanados por atrasos nas obras[32][33][34][35][36] e protestas de varios sectores da sociedade brasileira, cuestionando o goberno e a FIFA por investir moito en grandes eventos deportivos (como o mundial e os Xogos Olímpicos de 2016) e esixindo melloras en varios sectores sociais, como saúde e educación.[37][38][39] A FIFA deféndese argumentando que:

A FIFA dedica 2 000 millóns de dólares a cubrir os custos operativos do Mundial. Este diñeiro non provén das arcas públicas, senón dos dereitos de televisión e de comercialización. O legado resultante dos investimentos do país anfitrión (estradas, aeroportos e sistemas de telecomunicacións, entre outros) seguirá vixente tralo certame. Segundo a Fundación Instituto de Investigacións Económicas brasileira, o Mundial xerará uns ingresos de 27 700 millóns de dólares para Brasil.

(...)

O presuposto brasileiro de educación non foi afectado polo crédito do Banco de Desenvolvemento para a construción dos estadios. Co fin de deixar a Brasil un legado que perdure, a FIFA creou o Fondo do Legado da Copa Mundial, no marco do cal se destinaron 20 millóns de dólares para a posta en marcha dos primeiros proxectos. O obxectivo é construír infraestruturas futbolísticas, fomentar o fútbol base e o feminino e levar a cabo iniciativas para educar os nenos en materia de saúde a través deste deporte. Desde que Brasil se adxudicou a organización da cita mundialista en 2007, o goberno do país anfitrión investiu máis de 340 000 millóns de dólares en educación e saúde.[40]

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: